Xinkgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 27:
Algúns xinkgos vellos producen raíces aéreas, que se forman na cara inferior de pólas grandes e medran cara a abaixo. O crecemento destas raíces é moi lento e pode durar centos de anos. A función destas raíces aéreas non é ben coñecida.
 
As follas do xinkgo, que semellan formar acios na punta de poliñas curtas, son únicas entre as plantas con sementes. Teñen forma de abano con veas que irradian, bifurcándose ás veces, pero nunca formando unha rede.<ref name="More on Morphology">{{Cita web |url=http://www.ucmp.berkeley.edu/seedplants/ginkgoales/ginkgomm.html |título=Ginkgoales: More on Morphology. |data-acceso=21 de decembro de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20001017225748/http://www.ucmp.berkeley.edu/seedplants/ginkgoales/ginkgomm.html |dataarquivo=17 de outubro de 2000 |urlmorta=siyes }}</ref> Dúas veas saen da base da folla e vanse gallando en dúas repetidamente. As follas miden entre 5 e 10 cm, chegando ás veces ós 15 e son caducas.
[[Ficheiro:Ginkgo biloba SZ136.png|esquerda|miniatura|Follas de xinkgo.]]
=== Reprodución ===
Os xinkgos son árbores dioicas, de sexos separados: hai exemplares masculinos e femininos. As plantas masculinas producen pequenas piñas con [[esporófilo]]s, cada un deles con dous [[esporanxio|microsporanxios]] aliñados en espiral ó redor dun eixo central. As plantas femininas non producen conos: fórmanse dous óvulos no extremo de cada talo. Un dos óvulos ou os dous desenvólvense en sementes despois da polinización. A semente mide de centímetro e medio a dous cm de longo, e ten a parte exterior carnosa, semellante a unha froita e de cor castaña amarelada clara. Malia o seu aspecto atractivo contén ácido butanoico e ten un cheiro desagradable. Coma no caso doutras plantas coma os [[musgo]]s, as [[alga]]s e os [[fieito]]s a fertilización faise por medio de espermas móbiles, de entre 250 e 300 micrometros de lonxitude.<ref>{{Cita web |url=http://www.biologie.uni-hamburg.de/b-online/fo47/ginkgo/ogura.htm |título=History of Discovery of Spermatozoids In Ginkgo biloba and Cycas revoluta. |data-acceso=21 de decembro de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150926052738/http://www1.biologie.uni-hamburg.de/b-online/fo47/ginkgo/ogura.htm |dataarquivo=26 de setembro de 2015 |urlmorta=siyes }}</ref> Estas cápsulas espermáticas teñen unha estrutura de capas múltiples.
[[Ficheiro:Ginkgo biloba Inflorescences.jpg|miniatura|Conos masculinos.]]
 
Liña 36:
O antigo nome chinés da planta ''yínguo'' ('froito de prata') 银果. Os nomes máis usuais na actualidade son ''bái guǒ'' (白果) (froito branco) e ''yínxìng'' (銀杏) ([[albaricoque]] de prata).
[[Ficheiro:Gingko biloba3.jpg|miniatura|Xinkgo, sementes maduras e follas no outono.]]
O nome científico parece ter a súa orixe nunha lectura incorrecta dos caracteres xaponeses 銀杏, que teñen dúas lecturas posibles ''ichō'' e ''ginkyō''. [[Engelbert Kaempfer]], o primeiro occidental que viu a especie en [[1690]], tería anotado esta segunda pronunciación (inexacta) no seu ''Amoenitates Exoticae'' ([[1712]]); o ''y'' foi mal interpretado coma ''g'', e esta lectura foi a que finalmente quedou establecida.<ref>{{Cita web|url=https://qir.kyushu-u.ac.jp/dspace/handle/2324/2898|apelidos=Michel|nome=Wolfgang|data=06 de maio de 2011|páxina-web=Kyushu University, Fukuoka|título=On Engelbert Kaempfer’s "Ginkgo"|data-acceso=11 de decembro de 2018|lingua=en|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20111007022532/https://qir.kyushu-u.ac.jp/dspace/handle/2324/2898|dataarquivo=07 de outubro de 2011|urlmorta=siyes}}</ref>
 
== Galería de imaxes ==