Xacemento petrolífero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 6:
O petróleo cru que se encontra en depósitos de petróleo fórmase na [[litosfera]] a partir de restos de organismos do pasado ([[fósil]]es), depositados en grandes cantidades en fondos [[Anoxia|anóxicos]] de mares ou zonas lacustres do [[Paleoxeografía|pasado xeolóxico]] que quedaron cubertos por capas de [[sedimento]]s de grande espesor. Millóns de anos de transformacións químicas debidas á calor e á presión durante a [[diaxénese]], cambiaron os restos de [[microorganismo]]s ([[Zooplancto|animais]] e [[Alga|vexetais]]) en petróleo e gas natural.
 
Roy Murmi, un conselleiro de Schlumberger,<ref>'''Schlumberger Limited''' é a máis grande sociedade multinacional de servizos petroleiros. Foi fundada en Francia, en 1926, co nome de ''Société de Prospection Électrique'' por dous alsacianos, os irmáns Conrad e Marcel Schlumberger, grazas ás súas ideas innovadoras para detectar diferentes tipos de rochas por condutividade eléctrica.</ref> describiu o proceso da seguinte maneira: «plancto e algas, proteínas e a vida que flota no mar, cando morren, caen ao fondo, e estes organismos son a orixe do petróleo e o gas. Cando se enterran co sedimento acumulado e chegan a unha temperatura adecuada, algo por riba de 50 a 70 °C, comezan a "cociñarse". Esta transformación, este cambio, convérteos en hidrocarburos líquidos que se moven ou migran, chegando a formaren os depósitos de gas e petróleo».<ref>{{cita web | título=The Making of Oil: Birth of a Reservoir | páxina-web=SEED.slb.com | urlarquivo=https://web.archive.org/web/20051120073151/http://www.seed.slb.com/en/scictr/watch/makingoi/birth/index.htm | url=http://www.seed.slb.com/en/scictr/watch/makingoi/birth/index.htm | urlmorta=siyes | dataarquivo=20 de novembro de 2005 | lingua=en | data-acceso=27 de maio de 2019 }}</ref>
 
A formación dos xacementos de petróleo ou de gas requiren catro etapas na súa evolución [[Diaxénese|diaxenética]] dentro da [[conca sedimentaria]]: enterro profundo baixo sedimentos, quecemento e presión, migración dos hidrocarburos desde a fonte (''rocha nai'') até unha zona porosa (''rocha almacén'') e seren retidos por rochas impermeábeis (''trampa petrolífera'').