Volcán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 46:
Os volcáns durmidos son aqueles que manteñen certos sinais de actividade, como poden ser a existencia de [[augas termais]], e entraron en actividade de maneira esporádica. Dentro deste tipo de actividade adoitan considerarse as [[Fumarola volcánica|fumarolas]] e os volcáns cuns longos períodos de inactividade entre erupción e erupción.
 
É difícil distinguir un volcán extinguido dun que está durmido. Os volcáns xeralmente son considerados extintos se non hai rexistros documentados da súa actividade. Con todo, hai volcáns que poden permanecer latentes durante un longo período. Por exemplo, o do [[Parque Nacional de Yellowstone]] ten un período de repouso e de actividade periódica de preto de 700 ka; e o volcán de [[lago Toba|Toba]], ao redor de 380 ka.<ref name=chesner1991>{{cita publicación|doi=10.1130/0091-7613(1991)019<0200:EHOESL>2.3.CO;2|url=http://www.geo.mtu.edu/~raman/papers/ChesnerGeology.pdf|3=|apelido=Chesner|nome=C.A.|apelido2=Westgate|nome2=J.A.|apelido3=Rose|nome3=W.I.|título=Eruptive History of Earth's Largest Quaternary caldera (Toba, Indonèsia) Clarified|volume=19|páxinas=200-203|publicación=Geology|ano=1991|dataacceso=20-01-2010|apelidos=|data=|revista=|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20170329012000/http://www.geo.mtu.edu/~raman/papers/ChesnerGeology.pdf|dataarquivo=29-03-2017|urlmorta=siyes}}</ref> O [[Vesuvio]] foi descrito polos escritores romanos como se a súa contorna estivese cuberta de xardíns e viñas antes da súa famosa erupción do ano [[79]], que destruíu as cidades de [[Herculano]] e [[Pompeia]].
 
Antes da catastrófica erupción do ano [[1991]], o volcán [[Pinatubo]] tiña unha actividade bastante discreta, e era descoñecida pola maioría da xente que vivía na zona. Máis recentemente, o moi inactivo volcán de [[Soufrière Hills]], na [[illa de Montserrat]], considerábase que estaba extinguido ata que retomou a actividade no ano [[1995]]. Outro exemplo recente é o [[Fourpeaked]], en [[Alasca]], que até a súa erupción en setembro de [[2006]], non entrara en erupción dende hai uns 10.000 anos e creuse durante moito tempo que estaba extinguido.