Viroide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 11:
Os '''viroides''' son [[patóxeno]] das [[planta]]s aparentemente similares a [[virus]] pero que se diferencian deles en que non teñen [[cápside]] proteica e en que o seu ácido nucleico é sempre ARN circular monocatenario, polo que se pode dicir que son un ARN circular infeccioso. Un viroide consiste simplemente nun curto ARN monocatenario circular duns poucos centos de [[nucleobase]]s e con alta complementariedade, polo que teñen menos de 10.000 átomos en total.<ref>{{cita libro | autor=Campbell & Reece | título=Biology | editor=Pearson Benjamin Cummings | ano=2008 | isbn=0-8053-6844-2}}</ref><ref>{{Cita web|last=Wolfram|first=Stephen|title=A New Kind of Science|url=http://www.wolframscience.com/nksonline/page-1179a-text?firstview=1|work=A New Kind of Science|publisher=Wolfram Science|accessdate=22 January 2012}}</ref>. En comparación, o xenoma máis pequeno coñecido de virus que pode causar infección ten un tamaño dunhas 2000 [[par de bases|pares de bases]]. O patóxeno humano da [[hepatite D]] é similar a un viroide pero ten proteínas asociadas ao seu xenoma e pertence a outra categoría, a dos chamados e [[virus satélite]]s.<ref name="pmid16519798">{{Cita publicación periódica |author=Rocheleau L, Pelchat M |title=The Subviral RNA Database: a toolbox for viroids, the hepatitis delta virus and satellite RNAs research |journal=BMC Microbiol. |volume=6|pages=24 |year=2006 |pmid=16519798 |doi=10.1186/1471-2180-6-24 |pmc=1413538}}</ref>
 
Os viroides foron descubertos e bautizados por [[Theodor Otto Diener]], un patólogo vexetal do Servizo de Investigación Agrícola de [[Maryland]], en 1971.<ref name="pmid5095900">{{Cita publicación periódica |author=Diener TO |title=Potato spindle tuber "virus". IV. A replicating, low molecular weight RNA |journal=Virology |volume=45 |issue=2 |pages=411–28 |year=1971 |pmid=5095900 |doi= 10.1016/0042-6822(71)90342-4|url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/0042-6822(71)90342-4}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.ars.usda.gov/is/timeline/viroid.htm |title=ARS Research Timeline - Tracking the Elusive Viroid |date=2006-03-02 |accessdate=2007-07-18}}</ref><ref>{{Cita web |url=http://www2.oakland.edu/biology/chaudhry/pics/Viroids%5B1%5D.pdf |título=Discovery of Viroids |data-acceso=26 de maio de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160303232548/http://www2.oakland.edu/biology/chaudhry/pics/Viroids%5B1%5D.pdf |dataarquivo=03 de marzo de 2016 |urlmorta=siyes }}</ref>
 
O ARN dos viroides non codifica ningunha [[proteína]],<ref>{{Cita publicación periódica |author=Tsagris EM, de Alba AE, Gozmanova M, Kalantidis K |title=Viroids |journal=Cell. Microbiol. |year=2008 |pmid=18764915 |doi=10.1111/j.1462-5822.2008.01231.x |volume=10 |pages=2168–79 |issue=11}}</ref> pero pode ter actividade de [[ribozima]].<ref>{{Cita web |url=http://www.microbiologybytes.com/virology/Viroids.html |título=Copia arquivada |data-acceso=06 de maio de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070224231923/http://www.microbiologybytes.com/virology/Viroids.html |dataarquivo=24 de febreiro de 2007 |urlmorta=siyes }}</ref> Cando infecta as plantas este ARN replícase nelas. O mecanismo de replicación implica a [[ARN polimerase II]] do [[hóspede]], un [[encima]] normalmente asociado coa síntese de [[ARN mensaxeiro]] a partir de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]], pero que nos viroides actúa catalizando a síntese en "[[círculo rodante]]" do novo ARN utilizando como molde o ARN do viroide inicial. Algúns viroides son [[ribozima]]s, polo que teñen propiedades catalíticas que lles permiten autocortar e ligar xenomas de tamaño unidade a partir de intermediarios de replicación máis longos,<ref>{{Cita publicación periódica |author=Daròs JA, Elena SF, Flores R |title=Viroids: an Ariadne's thread into the RNA labyrinth |journal=EMBO Rep. |volume=7 |issue=6 |pages=593–8 |year=2006 |pmid=16741503 |doi=10.1038/sj.embor.7400706 |pmc=1479586}}</ref> pero outros viroides fan o corte con encimas [[RNAase]]s da planta. Por tanto, para a súa replicación dependen de encimas do hóspede (pero non dependen doutra especie de virus como os virusoides e satélites).
 
Outros axentes parecidos son os [[virusoide]]s, que precisan infectar á célula xunto con outro virus, do cal dependen para a súa replicación. Polo contrario, o viroide non depende doutro virus.