Vila-real: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 58:
A denominación tradicional desta cidade é ''Vila-real'' en [[valenciano]] e ''Villarreal'' en [[Lingua castelá|castelán]]. Dende a súa fundación ([[1274]]) a verba máis utilizada na documentación era a forma latina "Villae Regalis" ou a valenciana, como se aprecia no lenzo da Sala Nova do [[Palau de la Generalitat Valenciana]] ([[1592]]), onde o topónimo que acompaña o representante local diante o Reino di "Vilareal", alternando dende a castelanización iniciada no [[século XVI]] coa forma "Villarreal" como se pode comprobar na abundante documentación conservada no Arquivo Histérico da cidade e noutras. A partir da segunda metade do [[século XVIII]] emprégase de xeito oficial a forma castelá, mentres que a forma valenciana mantense intacta popularmente, pronunciada “Vilarrel”, segundo afirma Sanchis Guarner.
 
No [[1938]], despois da [[Guerra civil española|Guerra Civil]] a Corporación Municipal acordou a forma pseudoerudita de ''Villarreal de los Infantes''<ref>{{Cita web |url=http://www.ine.es/intercensal/index |título=INEbase. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 |data-acceso=18 de xaneiro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090311233825/http://www.ine.es/intercensal/index |dataarquivo=11 de marzo de 2009 |urlmorta=siyes }}</ref>, para distinguila doutros topónimos homónimos como [[Urretxu|Villarreal de Urrechua]] ou [[Villarreal de Huerva]]. Despois da oficialización bilingüe do topónimo no 1983 durante o goberno da UCD, boa parte da poboación recuperou a forma Vila-real, tanto na forma oral coma, sobre todo, na escrita. En febreiro de [[2006]], o Concello opta de xeito unánime pola forma oficial exclusivamente en [[valenciano]] (''Vila-real'', BOE do 30 de xaneiro de 2007).
 
== Xeografía ==