Afasia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 9:
A dificultade da linguaxe máis común dos afásicos é a incapacidade para falar correctamente por problemas de decodificación, [[memoria]] e de [[sintaxe]]. Debido a que os afásicos frústranse con facilidade, é destacabel o papel da relaxación, o xogo, a pantomima e das actividades interesantes para o suxeito, xunto co adestrameno auditivo intenso.
 
== Tipos ==
;Afasia de Broca ou afasia motora:por lesión na [[área de Broca]]. Vese afectada principalmente a emisión verbal, que fica moitas veces reducida a unha palabra ou algunhas expresións estereotipadas. A linguaxe espontánea é sempre pobre e asume un estilo "[[telégrafo|telegráfico]]": [[substantivo]]s ou formas nominais do [[verbo]] (o chamado [[agramatismo]]). A perturbación afecta á realización das sílabas fónicas, sen realmente afectar o sistema fonolóxico. Pertúrbase tamén a [[escrita]] ([[agrafía]]). Non se ven afectadas, porén, a recepción dos [[signo verbal|signos verbais]], a comprensión ou a lectura.