Taenia saginata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 29:
== Ciclo biolóxico ==
[[Ficheiro:Taenia saginata LifeCycle gl.jpg|miniatura|dereita|300px|Ciclo de vida de ''T. saginata''.]]
Os ovos, que conteñen a [[oncosfera]], teñen características moi parecidas aos de ''T. solium'', dos cales son practicamente imposibles de diferenciar ao microscopio óptico. Encóntranse nas proglotes que saen coas [[feces]], xeralmente en cadeas de 4 a 5 segmentos. Pode ocorrer a inxestión completa dos mesmos por [[porco|cochos]] ou [[can]]s [[coprofaxia|coprófagos]] ou ter lugar a súa destrución por putrefacción da envoltura, coa conseguinte liberación dos ovos ao medio ambiente, onde contaminan a [[auga]] e os [[alimento]]s que inxiren os [[hóspede]]s intermediarios, neste caso o gando [[vacún]]. No tracto dixestivo as oncosferas son liberadas por acción dixestiva; unha vez libres atravesan a parede do [[intestino]] e por vía sanguínea ou linfática dispérsanse practicamente por todo o organismo, onde se transforman en [[cisticerco]]s despois duns tres meses. Invaden en especial o [[tecido muscular estriado]], particularmente os músculos [[maseter]], [[corazón]], [[lingua (anatomía)|lingua]], [[costas]], [[Músculo diafragma|diafragma]] e intercostais. En menor grao ocupan o [[esófago]], a [[graxa]] do [[fígado]], [[pulmón]]s, os [[ganglio linfático|ganglios linfáticos]] e o tecido celular subcutáneo, dando orixe á [[cisticercose]] bovina. A esta forma enquistada chamóuselle tradicionalmente ''Cysticercus bovis'' ou ''inermis''. Cando estes cisticercos viables (metacestodos, ou formas larvarias ou intermedias) son inxeridos polo ser humano coa [[carne]], ou outros tecidos crus ou pouco cocidos, o protoescólex que conteñen sae da súa envoltura, evaxínase e fíxase á [[mucosa intestinal|parede intestinal]], dando orixe ao parasito adulto, e despois de tres meses obsérvase a eliminación de proglotes grávidas ou período prepatente.<ref>{{Cita web |url=http://www.path.cam.ac.uk/~schisto/Tapes/Taenia.html |título=University of Cambridge: Department of Pathology |data-acceso=28 de xullo de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070810145214/http://www.path.cam.ac.uk/~schisto/Tapes/Taenia.html |dataarquivo=10 de agosto de 2007 |urlmorta=siyes }}</ref>
 
Ademais do gando bovino, sinálanse como hóspedes intermedios a [[ovino]]s, [[caprino]]s, [[llamas]] e outros [[ruminante]]s, aínda que é dubidoso.