Cidade de Guatemala: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 87:
A cidade está dividida en '''25 zonas''', o cal fai moi sinxelo atopar direccións, plano urbanístico deseñado polo enxeñeiro [[Raúl Aguilar Batres]]. Guatemala ten unha estrutura cadrada que se expande en tódalas direccións, o cal é unha característica importante do urbanismo neoclásico de principios do século XX. A cidade posúe moitas avenidas e bulevares amplos e decorados; coma a "Avenida La Reforma", "Vista Hermosa", "Los Próceres" entre outros. O seu trazado vello e a súa situación (un val arrodeado de fondos barrancos) fai que as vías de acceso principais sexan poucas, o cal causa unha severa conxestión de tráfico, ao igual que o desenvolvemento doutras áreas antes tomadas coma marxinais coma a Ruta ao Atlántico entre Zona 17 e 18, zona que demostrou un especial poder comercial nestes últimos anos, comparado co da estrada ao [[O Salvador|Salvador]].
 
O centro da cidade de Guatemala está actualmente nun período de decadencia onde se concentrou poboación inmigrante provinteproveniente de Asia, África, outra partes de Centroamérica e o Caribe principalmente nos arredores do casco histórico da cidade, no entanto a concentración dos centros económicos e financeiros que albergan oficinas internacionais estendeuse cara ao sur da capital guatemalteca podéndose atopar o desenvolvemento da metrópole nas zonas 4, 5, 7, 9, 10, 11, 12, 13, 14 e 15. Nas devanditas zonas atópanse grandes edificios destinados a oficinas financeiras; as fábricas da cidade concéntranse na súa maioría na zona 12, sendo esta a máis contaminada da cidade, porén novos proxectos urbanísticos colocaron ás contaminantes fábricas nas proximidades das estradas cara ao [[Océano Pacífico|Pacífico]] e ao [[Océano Atlántico|Atlántico]], e o que será o gran proxecto do anel metropolitano.
 
Grandes áreas comerciais constrúense en distintos puntos da capital. Con todo, cabe destacar o complexo urbanístico do Parque Comercial Las Majadas, que agrupa a área comercial máis grande do país xa que nel se atopan 15 centros comerciais, entre eles o Centro Comercial Miraflores e o Hipermercado Hiper Paiz, que rexistra as maiores vendas por metro cadrado de Guatemala.