Rodinia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 3:
 
== Formación ==
Rodinia formouse e desfíxose durante o [[Neoproterozoico]]. Probablemente existiu como un único continente desde hai 1.100 millóns de anos ata que comezou a fragmentarse en oito pequenos continentes hai ao redor de 800 millóns de anos.<ref name="science">{{Cita publicación periódica|título=The Rodinia jigsaw puzzle|revista=Science|número=5624|doi=10.1126/science.1083469|PMID=12775828}}</ref> Crese que foi responsable en gran parte do [[Terra bóla de neve|clima frío]] do Neoproterozoico. Rodinia comezou a formarse fai ao redor de 1.300 millóns de anos a partir de tres ou catro continentes preexistentes, un acontecemento coñecido como a [[oroxenia Grenville]].<ref name="peripatus">{{Cita web|url=http://www.peripatus.gen.nz/Paleontology/Rodinia.html|título=Rodinia|data-acceso=21 de marzo de 2018|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20060104011111/http://www.peripatus.gen.nz/paleontology/Rodinia.html|dataarquivo=04 de xaneiro de 2006|urlmorta=siyes}}</ref> A ausencia de fósiles con cuncha ou esqueleto e os de datos paleomagnéticos fiables fan incerto o movemento dos continentes no Precámbrico. Unha posible reconstrución do anterior supercontinente é Columbia
 
A existencia de Rodinia baséase en datos paleomagnéticos utilizando datos das [[Seychelles|Illas Seychelles]], a India e os Montes Grenville, que se formaron durante a oroxenia Grenville e que actualmente se distribúen en varios continentes. Aínda que os detalles están en discusión polos paleogeógrafos, os cratones continentais que formaban parte de Rodinia parecen haberse agrupado ao redor de [[Laurentia]] (proto-Norteamérica), que constitúe o núcleo de Rodinia.
 
== Paleogeografía ==
Rodinia centrábase probablemente ao sur do ecuador.<ref>{{Cita web|url=http://www.palaeos.com/Earth/Geography/Rodinia.htm|editorial=Palaeos|título=Rodinia|data-acceso=21 de marzo de 2018|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090218101232/http://palaeos.com/Earth/Geography/Rodinia.htm|dataarquivo=18 de febreiro de 2009|urlmorta=siyes}}</ref> Posto que a Terra nese momento experimentaba a [[Terra bóla de neve|glaciación]] do [[Período crioxénico]] e as temperaturas eran polo menos tan frías como actualmente, gran parte de Rodinia puido estar cuberta por glaciares ou formando parte do casquete de xeo do [[Polo Sur|Polo]] sur. O interior do continente, distante dos efectos moderadores do océano, é probable que fose estacionalmente moi frío (clima continental). Rodinia estaba rodeado polo superocéano que os geólogos denominan Mirovia<ref name="Geologica" /> (de Mir, a palabra rusa que significa «paz»).
 
== Separación ==