Abidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Modificado: nl:Abydos (Egypte)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 9:
Aquí se atoparon as taboas dos reis coa lista dos primeiros 77 reis e os restos das tumbas reais das primeiras dinastías e dos templos de [[Osiris]], de [[Seti I]], de [[Ramsés II]].
 
== Historia ==
 
Os primeiros restos arqueolóxicos datan do 4.000 a.C. Posteriormente foi o lugar máis importante de enterramento das primeiras dinastías de reis exipcios. Tras o traslado da capital a [[Menfis]], os reis continuaron a construír tumbas ficticias. A fins da V dinastía xurdiu o culto a Osiris, e o rei local [[Jenti-Amentiu]] foi asimilado a el. O mito de Osiris asentouse fortemente na cidade, xa que segundo a tradición na cidade estaba a cabeza de Osiris, e os ritos do soterramento ficticio do rei transformáronse nos ''misterios de Osiris'', nos que se representaba a morte e a resurrección do deus. Isto conlevou que Abidos se convertese na cidade santa de Osiris, á que acudían milleiros de peregrinos.
Liña 15:
O último edificio construído foi o novo templo de [[Nectanebo I]], na 30 dinastía. Na época ptolomea a cidade decaeu e acabou deshabitada.
 
== Arquitectura ==
 
Un dos principais edificios é o Templo de Setis I que foi construído en memoria de Osiris, é o máis grande de todos os edificios contruídos en Abidos. O templo, construído sobre un terreo en pedente, ten unha pranta en forma de '''L'''. O edificio compúñase de dous mastros, dous patios, dúas salas hipóstilas e un conxunto de edificios auxiliares: almacéns ou pequenas capelas dedicadas a[[ Nefertum]] e [[Ptah-Sokar]]. Ainda que mantén unha distrubución clásica, destaca polo feito de conter sete santuarios que o converten en único dentro da arquitectura exipcia, os santuarios estaban dedicados a Seti I, [[Ptah]], [[Ra-Horajty]], [[Amón-Ra]], Osiris, Isis e Horus. Todo o conxunto está rodeado por un muro.