Poliomielite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Resto do mundo: Organización Mundial da Saúde
Recuperando 80 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 17:
}}
<!-- Definición e síntomas -->
A '''poliomielite''', tamén coñecida como '''enfermidade de Heine-Medin''', '''parálise infantil''' e máis comunmente pola súa forma abreviada '''polio''', é unha [[doenza infecciosa]] causada polo [[poliovirus]],<ref name = PinkBook2009/> que nun 0,5% dos casos presenta [[debilidade muscular]] que da como resultado unha [[parálise fláccida]],<ref name = PinkBook2009/> proceso que pode tardar dende unhas poucas horas ata varios días.<ref name = PinkBook2009/><ref name=WHO2014/> Esta debilidade adoita afectar ás [[perna]]s, mais en casos menos frecuentes pode afectar ós músculos da [[cabeza]], [[pescozo]] e [[diafragma torácico|diafragma]].<ref name = PinkBook2009/> Unha gran parte dos afectados pola doenza consegue recuperarse por completo.<ref name = PinkBook2009/> De entre os que sofren debilidade muscular, entre un 2 e un 5% dos nenos e entre un 15 e un 30% dos adultos falecen.<ref name=PinkBook2009>{{cita libro | autores = Hamborsky J, Kroger A, Wolfe C | capítulo = Poliomyelitis | título = Epidemiology and Prevention of Vaccine-Preventable Diseases (The Pink Book) | edición = 13ª | páxinas = 297-310 | url-capítulo = https://www.cdc.gov/vaccines/pubs/pinkbook/downloads/polio.pdf | editor = Public Health Foundation | lugar = Washington DC | ano = 2015 | url = https://www.cdc.gov/vaccines/pubs/pinkbook/index.html | deadurl = noyes | urlarquivo = https://web.archive.org/web/20161230001534/https://www.cdc.gov/vaccines/pubs/pinkbook/index.html | dataarquivo = 30 de decembro de 2016 | df = dmy-all | data-acceso = 23 de xaneiro de 2018 }}.</ref> Un 25% dos pacientes presentan síntomas menores como [[febre]] e gorxa irritada, mentres que ata un 5% presentan [[Cefalalxia|cefaleas]], rixidez no pescozo e dores nos [[brazo]]s e pernas.<ref name = PinkBook2009/><ref name=WHO2014/> Estes doentes con síntomas menores adoitan recuperarse nun período de entre unha e dúas semanas.<ref name = PinkBook2009/> Ata un 70% das infeccións son [[Síntoma|asintomáticas]].<ref name = PinkBook2009/> Anos despois da recuperación pode aparecer a [[síndrome pospolio]] nalgúns pacientes, presentando un lento desenvolvemento de debilidade muscular semellante á que o doente sufrira durante a infección inicial.<ref name=NIH2014Post>{{Cita web|title=Post-Polio Syndrome Fact Sheet|url=http://www.ninds.nih.gov/disorders/post_polio/detail_post_polio.htm|publisher=NIH|accessdate=4 de novembro de 2014|date=16 de abril de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110729090555/http://www.ninds.nih.gov/disorders/post_polio/detail_post_polio.htm|dataarquivo=29 de xullo de 2011|urlmorta=siyes}}</ref>
 
<!-- Causa e diagnóstico -->
Liña 23:
 
<!-- Prevención, tratamento e epidemioloxía -->
A doenza pode previrse coa [[vacina da polio]], malia que se precisan múltiples doses desta vacina para que resulte efectiva.<ref name=WHO2014/> A axencia estadounidense [[Centros para o Control e Prevención de Enfermidades|CDC]] recomenda a administración de doses adicionais para aqueles que viaxan desde ou ata países con incidencias da doenza e para os residentes destes países.<ref>{{Cita web|title=Guidance to US Clinicians Regarding New WHO Polio Vaccination Requirements for Travel by Residents of and Long-term Visitors to Countries with Active Polio Transmission|url=http://emergency.cdc.gov/han/han00362.asp|website=CDC|accessdate=4 de xuño de 2014|date=2 de xuño de 2014|archiveurl=https://web.archive.org/web/20140604000158/http://emergency.cdc.gov/han/han00362.asp|archivedate=04 de xuño de 2014|df=dmy-all|urlmorta=siyes}}</ref> Unha vez infectado non existe un tratamento específico para os doentes máis aló dun tratamento de apoio.<ref name=WHO2014/> No ano 2016 rexistráronse 37 casos de polio silvestre e 5 casos de polio derivada de vacinación,<ref name=WHO2014>{{Cita web|title=Poliomyelitis Fact sheet N°114|url=http://www.who.int/mediacentre/factsheets/fs114/en/|website=[[Organización Mundial da Saúde|OMS]]|accessdate=3 de novembr de 2014|date=2014|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20170418105535/http://www.who.int/mediacentre/factsheets/fs114/en/|archivedate=18 de abril de 2017|df=dmy-all}}</ref><ref name="PolioThisWeek">{{Cita web|url=http://polioeradication.org/polio-today/polio-now/this-week/|title=Polio This Week|last=|first=|date=|website=|publisher=Global Polio Eradication Initiative|archiveurl=|archivedate=|deadurl=|access-date=2018-01-09|df=dmy-all}}</ref> unha redución dende os 350&nbsp;000 casos de polio silvestre rexistrados no ano 1988.<ref name=WHO2014/> En 2014 só se tiña constancia do espallamento da doenza por contaxio entre persoas en [[Afganistán]], [[Nixeria]] e [[Paquistán]].<ref name=WHO2014/> En 2015 Nixeria conseguira deter o gromo de poliovirus, mais tivo unha reocorrencia no ano 2016.<ref>{{Cita web|title = WHO Removes Nigeria from Polio-Endemic List|url = http://www.who.int/mediacentre/news/releases/2015/nigeria-polio/en/|website = OMS|accessdate = 28 de setembro de 2015|deadurl = noyes|archiveurl = https://web.archive.org/web/20150927225439/http://www.who.int/mediacentre/news/releases/2015/nigeria-polio/en/|archivedate = 27 de setembro de 2015|df = dmy-all}}</ref><ref name=Nigeria2016>{{Cita web|title=Government of Nigeria reports 2 wild polio cases, first since July 2014|url=http://www.who.int/mediacentre/news/releases/2016/nigeria-polio/en/|website=OMS|accessdate=15 de agosto de 2016|date=11 de agosto de 2016|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20160815045938/http://www.who.int/mediacentre/news/releases/2016/nigeria-polio/en/|archivedate=15 de agosto de 2016|df=dmy-all}}</ref>
 
<!-- Historia, sociedade e cultura -->
A poliomielite coñécese dende hai miles de anos, con diversas representacións desta doenza na arte antiga.<ref name = PinkBook2009/> Recoñeceuse por primeira vez como unha condición separada de outras en 1789, por medio do médico inglés [[Michael Underwood (médico)|Michael Underwood]],<ref name = PinkBook2009/> e o virus causante da doenza identificouno por primeira vez o [[inmunólogo]] austríaco [[Karl Landsteiner]] en 1908.<ref>{{Cita libro|editor-last1=Daniel|editor-first1=Thomas M.|editor-last2=Robbins|editor-first2=Frederick C.|title=Polio|date=1999|publisher=University of Rochester Press|location=Rochester|isbn=9781580460668|page=11|edition=1ª|url=https://books.google.com/books?id=BTQKnkpN6qQC&pg=PA11|df=dmy-all}}</ref> A finais do século XIX sucedéronse varias grandes [[epidemia]]s en [[Europa]] e nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]],<ref name = PinkBook2009/> e no século XX converteuse nunha das [[doenza infantil|doenzas infantís]] máis preocupantes nestes territorios.<ref>{{Cita libro|editor-last1=Wheeler|editor-first1=Derek S.|editor-last2=Wong|editor-first2=Hector R.|editor-first3=Thomas P.|editor-last3=Shanley|title=Science and practice of pediatric critical care medicine|date=2009|publisher=Springer|location=Londres|isbn=9781848009219|pages=10–11|url=https://books.google.com/books?id=3p7jezlQ0zgC&pg=PA11|df=dmy-all}}</ref> A primeira vacina da polio desenvolveuna [[Jonas Salk]] nos anos 1950.<ref name=Aylward_2006>{{Cita publicación periódica |author=Aylward R |title=Eradicating polio: today's challenges and tomorrow's legacy |journal=Annals of Tropical Medicine and Parasitology |volume=100 |issue=5–6 |pages=401–13 |year=2006 |pmid=16899145 | doi = 10.1179/136485906X97354}}</ref> A comunidade médica agarda que os traballos de [[vacina]]ción e de detección temperá consigan a erradicación global da poliomielite no ano 2018.<ref>{{Cita web|title=Global leaders support new six-year plan to deliver a polio-free world by 2018|url=http://www.who.int/mediacentre/news/releases/2013/polio_six_year_plan_20130425/en/|website=OMS|accessdate=4 de novembro de 2014|date=25 de abril de 2013|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20141018020329/http://www.who.int/mediacentre/news/releases/2013/polio_six_year_plan_20130425/en/|archivedate=18 de outubro de 2014|df=dmy-all}}</ref>
 
== Características e curso clínico ==
Liña 58:
O termo "poliomielite" utilízase para identificar a doenza causada por calquera dos tres [[serotipo]]s do poliovirus. Hai dous padróns descritos para a infección por polio: unha doenza menor que non implica ó [[sistema nervioso central]], en ocasións denominada poliomielite abortiva, e unha doenza maior que si implica ó sistema nervioso central, que pode ser paralizante ou non paralizante.<ref>{{Cita publicación periódica |vauthors=Falconer M, Bollenbach E |title=Late functional loss in nonparalytic polio |journal=American Journal of Physical Medicine & Rehabilitation |volume=79 |issue=1 |pages=19–23 |year=2000 |pmid=10678598 |doi=10.1097/00002060-200001000-00006}}</ref> Na maioría das persoas cun [[inmunocompetente|sistema inmune normal]], unha infección por poliovirus é [[infección subclínica|asintomática]]. En casos illados pode producir síntomas menores, que poden incluír a infección do [[tracto respiratorio]] superior ([[farinxite|gorxa irritada]] e febre), problemas [[tracto gastrointestinal|gastrointestinais]] ([[náusea]]s, [[vómito]]s, dor abdominal, [[estrinximento]] ou raramente [[diarrea]]) e síntomas de tipo [[gripe|gripal]].<ref name="PinkBook2009" />
 
O virus afecta ó sistema nervioso central nun 1% das infeccións. A maioría de pacientes nestes casos desenvolven [[meninxite aséptica]] non paralizante, con síntomas como dor de cabeza, pescozo, costas, no abdome e nas extremidades, vómitos, [[letargo]], e irritabilidade.<ref name=Chamberlin_2005 /><ref name=Late>{{Cita libro | author=Leboeuf C | title=The late effects of Polio: Information For Health Care Providers. | url=http://www.health.qld.gov.au/polio/gp/GP_Manual.pdf | publisher=Commonwealth Department of Community Services and Health | year=1992 | isbn=1-875412-05-0 | accessdate=23 de agosto de 2008 | archiveurl=https://web.archive.org/web/20080625212726/http://www.health.qld.gov.au/polio/gp/GP_Manual.pdf | archivedate=25 de xuño de 2008 | urlmorta=siyes }}</ref> Ó redor de entre un e cinco de cada 1000 casos progresa ata un estado de doenza paralizante, no que os músculos vólvense débiles, brandos e descontrolados ata acabar por quedar paralizados. Esta condición coñécese como [[parálise fláccida|parálise fláccida aguda]].<ref name=Henry1 /> Dependendo da localización da parálise, a poliomielite paralizante clasifícase como espiñal, [[Bulbo raquídeo|bulbar]] ou bulboespiñal. A [[encefalite]] pode darse en casos illados pouco frecuentes, e habitualmente só en nenos. Nestes casos preséntanse síntomas de confusión, cambios no estado mental, dores de cabeza e febre, e con menor frecuencia, [[ataques]] e [[espasticidade]].<ref name= Encephalitis>{{Cita libro |author1=Wood, Lawrence D. H. |author2=Hall, Jesse B. |author3=Schmidt, Gregory D. |title=Principles of Critical Care |edition=3ª |publisher=McGraw-Hill Professional |year=2005 |page=870 |isbn=0-07-141640-4 }}</ref>
 
== Causa ==
Liña 67:
Os individuos expostos ó virus, ben por infección ou por [[inmunización]] coa vacina da polio, desenvolven unha [[Inmunidade (medicina)|inmunidade]]. Nas persoas inmunes hai presentes [[anticorpo]]s [[Inmunoglobulina A|IgA]] contra o poliovirus nas [[tonsila]]s e no tracto gastrointestinal, capaces de bloquear a replicación do virus. Os anticorpos [[Inmunoglobulina G|IgG]] e [[Inmunoglobulina M|IgM]] contra o PV poden previr que este se espalle cara ás [[neurona]]s motoras do [[sistema nervioso central]].<ref name=Kew_2005/> A infección ou vacinación cun serotipo de poliovirus non fornece inmunidade contra os outros serotipos, e a inmunidade completa require unha exposición a cada un dos serotipos.<ref name=Kew_2005/>
 
Unha condición pouco común cunha presentación semellante, a poliomielite nonpoliovírica, pode darse como resultado de infeccións con ''[[enterovirus]]'' distintos ó poliovirus.<ref>{{Cita publicación periódica |vauthors=Gorson KC, Ropper AH |title=Nonpoliovirus poliomyelitis simulating Guillain–Barré syndrome |journal=Archives of Neurology |volume=58 |issue=9 |pages=1460–4 |date=2001 |pmid=11559319 |doi=10.1001/archneur.58.9.1460 |url=http://archneur.jamanetwork.com/article.aspx?articleid=780244 |deadurl=noyes |archiveurl=https://web.archive.org/web/20130419074833/http://archneur.jamanetwork.com/article.aspx?articleid=780244 |archivedate=19 de abril de 2013 |df=dmy-all |apelidos= |data-acceso=23 de xaneiro de 2018 }}</ref>
 
=== Transmisión ===
A poliomielite é altamente contaxiosa por [[vía fecal-oral]] e [[vía oral-oral]].<ref name=Kew_2005>{{Cita publicación periódica |vauthors=Kew O, Sutter R, de Gourville E, Dowdle W, Pallansch M |title=Vaccine-derived polioviruses and the endgame strategy for global polio eradication |journal=Annual Review of Microbiology |volume=59 |issue= |pages=587–635 |year=2005 |pmid=16153180 |doi=10.1146/annurev.micro.58.030603.123625}}</ref> Nas zonas endémicas os poliovirus silvestres poden infectar a virtualmente toda a poboación humana.<ref name=McGraw>{{Cita libro |editor = Parker SP | title = McGraw-Hill Concise Encyclopedia of Science & Technology |publisher=McGraw-Hill |location=Nova York |year=1998 | isbn=0-07-052659-1| page= 67}}</ref> É estacional nos [[clima temperado|climas temperados]], con picos de transmisión no [[verán]] e no [[outono]],<ref name=Kew_2005 /> mentres que nas zonas de [[clima tropical]] estas diferenzas estacionais son moito menos pronunciadas.<ref name=McGraw /> As partículas de virus excrétanse nas [[feces]] durante varias semanas trala infección inicial.<ref name=Racaniello /> O método de transmisión principal é a vía fecal-oral, pola inxestión de comida ou auga contaminada. Tamén se transmite de forma ocasional pola vía oral-oral,<ref name= Ohri>{{Cita publicación periódica |last= Ohri |first=Linda K. |author2=Jonathan G. Marquess |year=1999 |title= Polio: Will We Soon Vanquish an Old Enemy? |journal= Drug Benefit Trends |volume= 11 |issue= 6 |pages=41–54 |id= |url=http://www.medscape.com/viewarticle/416890 |accessdate= 23 de agosto de 2008 |archiveurl = https://web.archive.org/web/20040204232019/http://www.medscape.com/viewarticle/416890 |archivedate=404 de febreiro de 2004 |deadurl=yes |via=Medscape |rexistro=si |apelidos= }}</ref> especialmente en zonas cun bo [[saneamento]] e [[hixiene]].<ref name=Kew_2005 /> A polio é máis infecciosa entre os 7 e os 10 días antes e despois da aparición dos síntomas, pero a súa transmisión é posible mentres que o virus permaneza na [[saliva]] ou nas feces.<ref name= Ohri/>
 
Entre os factores que incrementan o risco de infección por polio ou afectan a severidade da doenza atópanse a [[inmunodeficiencia]],<ref>{{Cita publicación periódica |doi=10.1056/NEJM197708042970503 |vauthors=Davis L, Bodian D, Price D, Butler I, Vickers J |title=Chronic progressive poliomyelitis secondary to vaccination of an immunodeficient child |journal=New England Journal of Medicine |volume=297 |issue=5 |pages=241–5 |year=1977 |pmid = 195206}}</ref> a [[malnutrición]],<ref>{{Cita publicación periódica |author=Chandra R |title=Reduced secretory antibody response to live attenuated measles and poliovirus vaccines in malnourished children |pmc=1673535 |journal=British Medical Journal |volume=2 |issue=5971 |pages=583–5 |pmid=1131622 |date=14 de xuño de 1975 |doi=10.1136/bmj.2.5971.583}}</ref> a actividade física inmediatamente posterior ó comezo da parálise,<ref>{{Cita publicación periódica |author=Horstmann D |title=Acute poliomyelitis relation of physical activity at the time of onset to the course of the disease |journal=Journal of the American Medical Association |volume=142 |issue=4 |pages=236–41 |year=1950 |pmid=15400610 |doi=10.1001/jama.1950.02910220016004}}</ref> as lesións do músculo esquelético debidas a [[inxección intramuscular|inxeccións]] de vacinas ou axentes terapéuticos,<ref>{{Cita publicación periódica |vauthors=Gromeier M, Wimmer E |title=Mechanism of Injury-Provoked Poliomyelitis |pmc=110068 | journal=Journal of Virology |volume=72 |issue=6 |pages=5056–60 |year=1998 |pmid=9573275 }}</ref> e o [[embarazo]].<ref name=Evans_1960>{{Cita publicación periódica |author=Evans C |title=Factors influencing the occurrence of illness during naturally acquired poliomyelitis virus infections |url=http://mmbr.asm.org/cgi/reprint/24/4/341.pdf |journal=Bacteriology Reviews |volume=24 |issue=4 |pages=341–52 |year=1960 |pmid=13697553 |pmc=441061 |deadurl=noyes |archiveurl=https://web.archive.org/web/20070621131041/http://mmbr.asm.org/cgi/reprint/24/4/341.pdf |archivedate=21 de xuño de 2007 |df=dmy-all |apelidos= |data-acceso=23 de xaneiro de 2018 }}</ref> Malia que o virus pode atravesar a [[placenta|barreira materno-fetal]] durante o embarazo, o [[feto]] non semella resultar afectado nin pola infección maternal nin pola vacinación contra a polio.<ref name=UK>{{Cita libro |veditors=((Joint Committee on Vaccination and Immunisation)), Salisbury A, Ramsay M, Noakes K |title=Chapter 26:Poliomyelitis. ''in:'' Immunisation Against Infectious Disease, 2006 |url=http://www.immunisation.nhs.uk/files/GB_26_polio.pdf |publisher=Office of Public Sector Information |location=Edinburgo |year=2006 |pages=313–29 |isbn=0-11-322528-8 |archiveurl=https://web.archive.org/web/20090326085852/http://www.immunisation.nhs.uk/files/GB_26_polio.pdf |archivedate=26 de marzo de 2009 |df=dmy-all |dataacceso=23 de xaneiro de 2018 |urlmorta=siyes }}</ref> Os anticorpos maternos tamén atravesan a [[placenta]], fornecendo [[inmunidade pasiva]] que protexe ós bebés da infección da polio durante os seus primeiros meses de vida.<ref>{{Cita publicación periódica |vauthors=Sauerbrei A, Groh A, Bischoff A, Prager J, Wutzler P |title=Antibodies against vaccine-preventable diseases in pregnant women and their offspring in the eastern part of Germany |journal=Medical Microbiology and Immunology |volume=190 |issue=4 |pages=167–72 |year=2002 |pmid=12005329 |doi=10.1007/s00430-001-0100-3}}</ref>
 
== Fisiopatoloxía ==
[[Ficheiro:Polio spine.png|miniatura|left|Bloqueo da [[arteria]] lumbar anterior da [[medula espiñal]] provocado pola polio (PV3).]]
 
O poliovirus introdúcese no corpo a través da boca, infectando ás primeiras células coas que entra en contacto, as da [[farinxe]] e da [[mucosa intestinal]]. Consegue introducirse uníndose a un receptor [[inmunoglobulina|de tipo inmunoglobulina]], coñecido como receptor do poliovirus ou [[CD155]], na membrana da célula.<ref name=He>{{Cita publicación periódica |vauthors=He Y, Mueller S, Chipman P, etal |title=Complexes of Poliovirus Serotypes with Their Common Cellular Receptor, CD155 |url=http://jvi.asm.org/cgi/content/full/77/8/4827?view=long&pmid=12663789 |journal=Journal of Virology |volume=77 |issue=8 |pages=4827–35 |year=2003 |pmid=12663789 |doi=10.1128/JVI.77.8.4827-4835.2003 |pmc=152153 |deadurl=noyes |archiveurl=https://web.archive.org/web/20070905211036/http://jvi.asm.org/cgi/content/full/77/8/4827?view=long&pmid=12663789 |archivedate=505 de setembro de 2007 |df=dmy-all |apelidos= |data-acceso=23 de xaneiro de 2018 }}</ref> Tras isto o virus aprópiase da maquinaria interna da [[hóspede|célula hóspede]] e comeza a súa [[replicación viral|replicación]]. O poliovirus divídese dentro das células gastrointestinais durante ó redor dunha semana, dende onde se espalla ata as [[tonsilas]] (especificamente ás [[células dendríticas foliculares]] que residen dentro dos [[centros xerminais]] tonsilares), o [[tecido linfoide]] incluíndo as [[células M]] das [[placas de Peyer]], e os [[ganglios linfáticos]] [[ganglios linfáticos cervicais|cervicais]] e [[ganglios linfáticos mesentéricos inferiores|mesentéricos]], onde se multiplica de forma abondosa. Subsecuentemente o virus absórbese no [[fluxo sanguíneo]].<ref name=Baron>{{Cita libro| vauthors = Yin-Murphy M, Almond JW| chapter = Picornaviruses: The Enteroviruses: Polioviruses| title = Baron's Medical Microbiology| editor = Baron S| display-editors = etal| edition = 4ª| publisher = Univ of Texas Medical Branch| year = 1996| url = https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=mmed.section.2862| isbn = 0-9631172-1-1| deadurl = noyes| archiveurl = https://web.archive.org/web/20081207154734/http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=mmed.section.2862| archivedate = 707 de decembro de 2008| df = dmy-all| data-acceso = 23 de xaneiro de 2018}}</ref>
 
A presenza do virus no fluxo sanguíneo (a [[viremia]]) permítelle distribuírse amplamente por todo o corpo. O poliovirus pode sobrevivir e multiplicarse dentro do [[sistema circulatorio]] e [[sistema linfático|linfático]] durante longos períodos de tempo, en ocasións chegando ás 17 semanas.<ref>{{Cita web | author = Todar K | title = Polio | work = Ken Todar's Microbial World | publisher = University of Wisconsin - Madison | year = 2006 | url = http://textbookofbacteriology.net/themicrobialworld/Polio.html | accessdate = 23 de abril de 2007 | archiveurl = https://web.archive.org/web/20100427041918/http://textbookofbacteriology.net/themicrobialworld/Polio.html | archivedate = 27 de abril de 2010 | df = dmy-all | urlmorta = siyes }}</ref> Nunha pequena porcentaxe dos casos pode espallarse e replicarse noutros lugares, como no [[tecido adiposo marrón]], nos tecidos [[Sistema reticuloendotelial|reticuloendoteliais]] e nos [[músculos]].<ref>{{Cita publicación periódica |author=Sabin A |title=Pathogenesis of poliomyelitis; reappraisal in the light of new data |journal=[[Science (revista)|Science]] |volume=123 |issue=3209 |pages=1151–7 |year=1956 |pmid=13337331 |doi=10.1126/science.123.3209.1151}}</ref> Esta replicación constante provoca unha viremia grave, e da lugar ó desenvolvemento de síntomas menores de tipo gripal. En raras ocasións isto pode progresar e o virus pode chegar a invadir o sistema nervioso central, provocando unha [[resposta inflamatoria]] local. Na maioría destes casos isto provoca unha inflamación autolimitante da [[meninxe]], o que se coñece como meninxite aséptica non paralizante.<ref name=Chamberlin_2005 /> A súa penetración no sistema nervioso central non lle beneficia en nada ó virus, e considérase que é posiblemente unha desviación accidental das infeccións gastrointestinais normais.<ref name= Mueller>{{Cita publicación periódica |vauthors=Mueller S, Wimmer E, Cello J |title=Poliovirus and poliomyelitis: a tale of guts, brains, and an accidental event |journal=Virus Research |volume=111 |issue=2 |pages=175–93 |year=2005 |pmid = 15885840 | doi = 10.1016/j.virusres.2005.04.008}}</ref> Non se coñecen ben os mecanismos polo que o poliovirus se espalla ata ó sistema nervioso central, mais os estudos indican que é principalmente un evento principalmente probabilistico, independente da idade, xénero ou posición [[socioeconomía|socioeconómica]] dos individuos.<ref name=Mueller />
 
=== Poliomielite paralizante ===
Liña 89:
Os síntomas máis temperás da polio paralizante inclúen unha alta febre, dor de cabeza, rixidez nas costas e no pescozo, debilidade asimétrica de varios músculos, sensibilidade ó tacto, [[disfaxia]], [[mialxia]], perda de [[reflexos]] superficiais e profundos, [[parestesia]], irritabilidade, [[estrinximento]] ou dificultades para ouriñar. A parálise adoita desenvolverse entre un e dez días despois da aparición dos primeiros síntomas, progresando durante dous ou tres días e completándose xeralmente cando se disipa a febre.<ref name= Silverstein>{{Cita libro |vauthors=Silverstein A, Silverstein V, Nunn LS |title=Polio | series = Diseases and People | publisher=Enslow Publishers |location=Berkeley Heights, NJ |year=2001| isbn=0-7660-1592-0 |page= 12 }}</ref>
 
A probabilidade de desenvolver polio paralizante increméntase coa idade, ó igual que o alcance da parálise. Nos nenos a meninxite non paralizante é a consecuencia máis probable cando existe implicación no sistema nervioso central, e a parálise dáse nun de cada 1000 casos, mentres que nos adultos a parálise dáse nun de cada 75 casos.<ref name="Gawne_1995">{{Cita publicación periódica|year=1995|title=Post-polio syndrome: pathophysiology and clinical management|url=http://www.poliosurvivorsnetwork.org.uk/archive/lincolnshire/library/gawne/ppspandcm.html|journal=Critical Review in Physical Medicine and Rehabilitation|volume=7|pages=147–88|vauthors=Gawne AC, Halstead LS|archiveurl=https://web.archive.org/web/20160630225919/http://www.poliosurvivorsnetwork.org.uk/archive/lincolnshire/library/gawne/ppspandcm.html|archivedate=30 de xuño de 2016|df=dmy-all|data-acceso=10 de novembro de 2007|apelidos=|data=|revista=|urlmorta=siyes}}</ref> En nenos menores de cinco anos de idade a parálise dunha perna é a máis común, mentres que nos adultos é máis probable a parálise do [[tórax]] e [[abdome]] acompañada dunha [[tetraplexía]].<ref name=Young>{{Cita publicación periódica |author=Young GR |title=Occupational therapy and the postpolio syndrome |url=http://www.ott.zynet.co.uk/polio/lincolnshire/library/gryoung/otapps.html |journal=The American Journal of Occupational Therapy |volume=43 |issue=2 |pages=97–103 |year=1989 |pmid=2522741 |doi=10.5014/ajot.43.2.97 |archiveurl=https://web.archive.org/web/20070811122404/http://www.ott.zynet.co.uk/polio/lincolnshire/library/gryoung/otapps.html |archivedate=11 de agosto de 2007 |df=dmy-all |apelidos= |data= |revista= |data-acceso=23 de xaneiro de 2018 |urlmorta=siyes }}</ref> As taxas de parálises tamén varían dependendo do serotipo do poliovirus infectante. As taxas máis altas (dun cada 200) asócianse co poliovirus tipo 1, mentres que as máis baixas (dun cada 2000) asócianse co poliovirus tipo 2.<ref name=Nathanson>{{Cita publicación periódica |vauthors=Nathanson N, Martin J |title=The epidemiology of poliomyelitis: enigmas surrounding its appearance, epidemicity, and disappearance |journal=American Journal of Epidemiology |volume=110 |issue=6 |pages=672–92 |year=1979 |pmid=400274}}</ref>
 
==== Poliomielite espiñal ====
[[Ficheiro:Polio spinal diagram-en.svg|miniatura|left|Localización das [[neuronas motoras]] na [[columna gris anterior]] da [[medula espiñal]].]]
 
A polio espiñal, a forma máis común de poliomielite paralizante, dáse como resultado da invasión viral das neuronas motoras da [[columna gris anterior]] ou da sección ventral de [[materia gris]] da medula espiñal, responsables do movemento dos músculos, incluíndo os do [[torso]], [[extremidades]] e [[músculos intercostais]].<ref name= Henry1>{{Cita libro |vauthors=Frauenthal HW, Manning JV | title = Manual of infantile paralysis, with modern methods of treatment.| publisher = Philadelphia Davis | year = 1914| pages= 79–101 |url= https://books.google.com/?id=piyLQnuT-1YC&printsec=titlepage | oclc= 2078290}}</ref> A invasión do virus provoca unha inflamación das células nerviosas, que da lugar a danos e destrución dos [[ganglio]]s das neuronas motoras. Cando estas neuronas morren provocan unha [[dexeneración Walleriana]] que da lugar a unha debilidade dos músculos antes [[innervación|innervados]] por estas células nerviosas.<ref>{{Cita web|url = http://phil.cdc.gov/phil/details.asp?pid=2760|title = A photomicrograph of the thoracic spinal cord depicting degenerative changes due to Polio Type III.|date = 18 de marzo de 2005|accessdate = 24 de xaneiro de 2014|website = Public Health Image Library (PHIL)|publisher = Centers for Disease Control and Prevention|last = Karp|first = Dr.|deadurl = noyes|archiveurl = https://web.archive.org/web/20140202193927/http://phil.cdc.gov/phil/details.asp?pid=2760|archivedate = 202 de febreiro de 2014|df = dmy-all}}</ref> Coa destrución destas células nerviosas os músculos deixan de recibir sinais do cerebro e da medula espiñal, e sen esta estimulación nerviosa os músculos [[atrofia|atrófianse]], tornándose débiles, brandos e descontrolados ata quedar paralizados por completo.<ref name=Henry1 /> A parálise progresa rapidamente (de dous a catro días), e adoita ir acompañada de febre e dor muscular. Os reflexos [[reflexo miotático|miotáticos]] tamén quedan afectados, aínda que a [[sentido (bioloxía)|sensibilidade]] nas extremidades paralizadas non se ve afectada.<ref>{{Cita web|url = https://www.cdc.gov/vaccines/pubs/surv-manual/chpt12-polio.html|title = Chapter 12: Poliomyelitis|date = 13 de abril de 2013|accessdate = 24 de xaneiro de 2014|website = Manual for the Surveillance of Vaccine-Preventable Diseases|edición = 5ª|ano = 2012)|publisher = Centers for Disease Control and Prevention|last = Wallace|first2 = M. Stephen|last2 = Oberste|first = Gregory S|deadurl = noyes|archiveurl = https://web.archive.org/web/20140128113623/http://www.cdc.gov/vaccines/pubs/surv-manual/chpt12-polio.html|archivedate = 28 de xaneiro de 2014|df = dmy-all}}</ref>
 
O alcance da parálise espiñal depende da rexión afectada da medula, podendo ser [[pescozo|cervical]], [[tórax|torácica]] ou [[lumbar]].<ref name=Guide>{{Cita libro |title=Professional Guide to Diseases (Professional Guide Series) |publisher=Lippincott Williams & Wilkins |location=Hagerstown, MD |year= 2005|pages=243–5 |isbn=1-58255-370-X }}</ref> O virus pode afectar ós músculos de ámbolos dous lados do corpo, pero a parálise é [[asimetría|asimétrica]] con maior frecuencia.<ref name=Baron /> Calquera extremidade ou combinación de extremidades pode resultar afectada, e a parálise adoita ser máis grave en localizacións [[localización anatómica#proximal|proximais]] (onde as extremidades se unen ó corpo) que nas [[localización anatómica#distal|distais]] (nos [[dedo]]s e [[deda]]s).<ref name=Baron />
Liña 107:
 
== Diagnose ==
A poliomielite paralizante resulta clinicamente sospeitosa nos individuos que experimentan unha aparición aguda de parálise fláccida nunha ou máis extremidades, cunha diminución ou ausencia de reflexos mitácticos nestas extremidades afectadas que non se pode atribuír a outra causa aparente, e sen perda sensitiva ou [[cognitiva]].<ref>{{Cita publicación periódica |title=Case definitions for infectious conditions under public health surveillance. Centers for Disease Control and Prevention |url=ftp://ftp.cdc.gov/pub/Publications/mmwr/rr/rr4610.pdf |format=PDF |journal=Morbidity and Mortality Weekly Report |volume=46 |issue=RR–10 |pages=26–7 |year=1997 |pmid=9148133 |archiveurl=https://web.archive.org/web/20090810151022/http://ftp.cdc.gov/pub/Publications/mmwr/rr/rr4610.pdf |archivedate=10 de agosto de 2009 |df=dmy-all |apelidos= |data= |revista= |data-acceso=23 de xaneiro de 2018 |urlmorta=siyes }}</ref>
 
O diagnóstico en laboratorio realízase habitualmente en base á obtención de poliovirus a partir de mostras da [[farinxe]]. A presenza de [[anticorpos]] para o poliovirus facilita o diagnóstico, aparecendo xeralmente no sangue de pacientes infectados nas primeiras etapas do curso da infección.<ref name="PinkBook2009" /> A análise do [[fluído cerebroespiñal]] do paciente, obtido mediante unha [[punción lumbar]], pode revelar un incremento no número de [[glóbulos brancos]] (principalmente [[linfocitos]]) e un nivel de proteínas medianamente elevado. A detección do virus no fluído cerebroespiñal diagnostica a polio paralizante, pero dáse de forma moi pouco frecuente.<ref name = PinkBook2009/>
Liña 121:
[[Ficheiro:Poliodrops.jpg|miniatura|right|Unha nena recibindo a vacina oral para a polio en [[Bangladesh]].]]
 
Utilízanse dous tipos de [[vacina]]s en todo o mundo para combater a polio. Ámbolos dous tipos inducen inmunidade á polio, bloqueando de forma eficiente a transmisión de persoa a persoa do poliovirus silvestre, protexendo tanto os receptores individuais da vacina coma á comunidade máis ampla grazas ó efecto da [[inmunidade de rabaño]].<ref name=Fine>{{Cita publicación periódica |vauthors=Fine P, Carneiro I |title=Transmissibility and persistence of oral polio vaccine viruses: implications for the global poliomyelitis eradication initiative |url=http://aje.oxfordjournals.org/cgi/reprint/150/10/1001 |journal=American Journal of Epidemiology |volume=150 |issue=10 |pages=1001–21 |date=15 de novembro de 1999 |pmid=10568615 |doi=10.1093/oxfordjournals.aje.a009924 |deadurl=noyes |archiveurl=https://web.archive.org/web/20071012201750/http://aje.oxfordjournals.org/cgi/reprint/150/10/1001 |archivedate=12 de outubro de 2007 |df=dmy-all |apelidos= |data-acceso=24 de xaneiro de 2018 }}</ref>
 
A primeira vacina da polio candidata, baseada nun serotipo dun virus vivo pero [[vacina atenuada|atenuado]], desenvolveuna o [[virólogo]] polaco [[Hilary Koprowski]]. O seu prototipo de vacina probouse cun neno de oito anos de idade o 27 de febreiro de 1950.<ref>{{Cita web |url=http://www.historyofvaccines.org/content/timelines/polio |title=Interview with Hilary Koprowski, sourced at History of Vaccines website |first=Hilary |last=Koprowski |date=15 de outubro de 2010 |accessdate=15 de outubro de 2010 |publisher=College of Physicians of Philadelphia |deadurl=noyes |archiveurl=http://arquivo.pt/wayback/20160515175017/http://www.historyofvaccines.org/content/timelines/polio |archivedate=15 de maio de 2016 |df=dmy-all }}</ref> Koprowski continuou o seu traballo nesta vacina durante os anos de 1950, realizando ensaios clínicos a gran escala no [[Congo belga]] e vacinando a sete millóns de nenos en [[Polonia]] para os serotipos PV1 e PV3 entre o ano 1958 e o 1960.<ref name=Sanofi>{{Cita web |url=http://www.polio.info/polio-eradication/front/templates/index.jsp?siteCode=POLIO&codeRubrique=34&lang=EN |title=Competition to develop an oral vaccin |accessdate=1 de novembro de 2011 |archiveurl=https://web.archive.org/web/20071007095443/http://www.polio.info/polio-eradication/front/templates/index.jsp?siteCode=POLIO&codeRubrique=34&lang=EN |archivedate=07 de outubro de 2007 |editorial=Sanofi Pasteur |urlmorta=siyes }}</ref>
 
A segunda vacina da polio con virus non activo desenvolveuna en 1952 [[Jonas Salk]] da [[Universidade de Pittsburgh]], realizando o anuncio público o 12 de abril de 1955.<ref name=Spice>{{Cita novas |author=Spice B |title=Tireless polio research effort bears fruit and indignation |url=http://www.post-gazette.com/pg/05094/482468.stm |work=The Salk vaccine: 50 years later/ second of two parts |publisher=Pittsburgh Post-Gazette |date=4 de abril de 2005 |accessdate=23 de agosto de 2008 |deadurl=noyes |archiveurl=https://web.archive.org/web/20080905022100/http://www.post-gazette.com/pg/05094/482468.stm |archivedate=505 de setembro de 2008 |df=dmy-all }}</ref> A coñecida como vacina de Salk, baséase en poliovirus que medra nun [[cultivo de tecidos]] de [[ril]] de [[Mono (animal)|mono]], desactivado quimicamente con [[formaldehido]].<ref name=Kew_2005 /> Tras dúas doses desta vacina (por medio de [[inxección]]), máis do 90% dos individuos desenvolven anticorpos protectores para os tres tipos de poliovirus, e o 99% tórnanse inmunes ó poliovirus tras tres doses desta vacina.<ref name = PinkBook2009 />
 
Posteriormente [[Albert Sabin]] desenvolveu unha vacina oral para a polio, producida polo paso repetido do virus a través de células non humanas a temperaturas [[Fisioloxía|subfisiolóxicas]].<ref name=Sabin_1973>{{Cita publicación periódica |vauthors=Sabin AB, Boulger LR | title = History of Sabin attenuated poliovirus oral live vaccine strains | journal = Journal of Biological Standardization | year = 1973 | volume = 1 | pages = 115–8 |doi=10.1016/0092-1157(73)90048-6 | issue = 2}}</ref> O poliovirus atenuado na vacina de Sabin replícase de forma moi eficiente no [[intestino]], a principal localización da infección e replicación do poliovirus silvestre, pero a cepa desta vacina non é capaz de replicarse de forma eficiente nos tecidos do [[sistema nervioso]].<ref>{{Cita publicación periódica |vauthors=Sabin A, Ramos-Alvarez M, Alvarez-Amezquita J, etal |title=Live, orally given poliovirus vaccine. Effects of rapid mass immunization on population under conditions of massive enteric infection with other viruses |journal=Journal of the American Medical Association |volume=173 |issue= 14|pages=1521–6 |year=1960 |pmid =14440553 |doi=10.1001/jama.1960.03020320001001}}</ref> Unha única dose da vacina oral de Sabin produce inmunidade para os tres serotipos de poliovirus en arredor do 50% dos que a reciben, mentres que tres doses desta vacina producen anticorpos protectores para os tres serotipos en máis do 95% dos que a reciben.<ref name="PinkBook2009" /> Os ensaios clínicos con persoas para a vacina de Sabin comezaron no ano 1957,<ref name=ScienceOdyssey>{{Cita web | title = A Science Odyssey: People and Discoveries | publisher = PBS | year = 1998 | url = https://www.pbs.org/wgbh/aso/databank/entries/dm52sa.html | accessdate = 23 de agosto de 2008 | deadurl = noyes | archiveurl = https://web.archive.org/web/20080726075448/http://www.pbs.org/wgbh/aso/databank/entries/dm52sa.html | archivedate = 26 de xullo de 2008 | df = dmy-all }}</ref> e en 1958 foi seleccionada, en competición coas vacinas de Koprowski e outros investigadores, polos Institutos Nacionais da Saúde dos [[Estados Unidos]].<ref name=Sanofi/> Autorizada para o seu comercio no ano 1962,<ref name=ScienceOdyssey/> converteuse rapidamente na principal vacina para a polio utilizada en todo o mundo.<ref name=Sanofi/>
 
Grazas a que a vacina oral para a polio é barata, doada de administrar e produce unha excelente inmunidade no intestino (axudando a previr a infección por virus silvestre onde este é [[endémico]]), converteuse na vacina seleccionada para controlar a poliomielite nun gran número de países.<ref name=Peds>{{Cita publicación periódica |title=Poliomyelitis prevention: recommendations for use of inactivated poliovirus vaccine and live oral poliovirus vaccine. American Academy of Pediatrics Committee on Infectious Diseases |url=http://pediatrics.aappublications.org/cgi/content/full/99/2/300 |journal=Pediatrics |volume=99 |issue=2 |pages=300–5 |year=1997 |pmid=9024465 |doi=10.1542/peds.99.2.300 |deadurl=noyes |archiveurl=https://web.archive.org/web/20070930165356/http://pediatrics.aappublications.org/cgi/content/full/99/2/300 |archivedate=30 de setembro de 2007 |df=dmy-all |apelidos= |data-acceso=24 de xaneiro de 2018 }}</ref> En ocasións moi pouco frecuentes (ó redor dun caso por cada 750&nbsp;000), o virus atenuado na vacina oral da polio reverte a unha forma que pode provocar parálise.<ref name=Racaniello/> A maioría dos [[país desenvolvido|países industrializados]] pasaron a usar unha vacina con poliovirus inactivo que non pode reverter a este estado, ben como única vacina para a poliomielite ou en combinación coa vacina oral.<ref>{{Cita web |url=http://www.who.int/ith/vaccines/2007_routine_use/en/index11.html |title=WHO: Vaccines for routine use |accessdate=23 de agosto de 2008 |page=12 12|work= International travel and health |archiveurl = https://web.archive.org/web/20080606170542/http://www.who.int/ith/vaccines/2007_routine_use/en/index11.html |editorial=OMS |archivedate = 606 de xuño de 2008 |deadurl=yes }}</ref>
 
== Tratamento ==
Liña 140:
== Prognose==
[[Ficheiro:Polio sequelle.jpg|miniatura|Unha nena cunha deformidade na súa perna dereita provocada pola polio.]]
Os pacientes con infeccións abortivas de poliomielite recupéranse por completo. Naqueles que só desenvolven meninxite aséptica, os síntomas poden persistir entre dous e dez días, seguidos dunha recuperación completa.<ref name=Neumann/> Nos casos de polio espiñal, se as células nerviosas afectadas quedan completamente destruídas, a parálise é permanente. As células non destruídas que perden funcións temporalmente poden recuperarse entre catro e seis semanas trala aparición da doenza.<ref name=Neumann>{{Cita publicación periódica |author=Neumann D |title=Polio: its impact on the people of the United States and the emerging profession of physical therapy |url=http://www.post-polio.org/edu/hpros/Aug04HistPersNeumann.pdf |journal=The Journal of Orthopaedic and Sports Physical Therapy |volume=34 |issue=8 |pages=479–92 |year=2004 |pmid=15373011 |doi=10.2519/jospt.2004.0301 |deadurl=no |archiveurl=https://web.archive.org/web/20080910165631/http://www.post-polio.org/edu/hpros/Aug04HistPersNeumann.pdf |archivedate=10 de setembro de 2008 |df=dmy-all |apelidos= |data= |revista= |data-acceso=24 de xaneiro de 2018 |urlmorta=siyes }}</ref> A metade dos pacientes con polio espiñal recupéranse por completo, un cuarto recupérase cunha discapacidade leve e o cuarto restante queda cunha discapacidade grave.<ref>{{Cita libro |author=Cuccurullo SJ |title=Physical Medicine and Rehabilitation Board Review |publisher=Demos Medical Publishing |year=2004 |isbn=1-888799-45-5 |df=dmy-all }}</ref> O grao de parálise aguda e parálise residual é probablemente proporcional ó grao de [[viremia]], e inversamente proporcional ó grao de [[Inmunidade (medicina)|inmunidade]].<ref name= Mueller/> A poliomielite espiñal resulta mortal en só moi raras ocasións.<ref name=Silverstein />
 
Sen soporte respiratorio as consecuencias da poliomielite con implicación respiratoria inclúen a [[asfixia]] e a [[pneumonía por aspiración]] de secrecións.<ref name= Goldberg>{{Cita publicación periódica |author=Goldberg A |title=Noninvasive mechanical ventilation at home: building upon the tradition |doi=10.1378/chest.121.2.321 |journal=Chest |volume=121 |issue=2 |pages=321–4 |year=2002 |pmid=11834636}}</ref> No seu conxunto, entre o 5 e o 10% dos pacientes con polio paralizante falecen por mor da parálise dos músculos respiratorios. A [[taxa de letalidade]] varía segundo a idade: entre o 2 e o 5% dos nenos e ata entre o 15 e o 30% dos adultos falecen.<ref name="PinkBook2009" />{{sfn|Shaffer|Seytre|2005|p=12}} A polio bulbar adoita provocar a morte se non se fornece soporte respiratorio,<ref name= Hoyt /> mentres que con soporte respiratorio a súa taxa de letalidade varía entre o 25 e o 75%, dependendo da idade do paciente.<ref name="PinkBook2009" /><ref>{{Cita publicación periódica |vauthors=Miller AH, Buck LS |title=Tracheotomy in bulbar poliomyelitis |pmc=1520308 |journal=California Medicine |volume=72 |issue=1 |pages=34–6 |year=1950 |pmid=15398892 }}</ref> Cando está dispoñible a ventilación intermitente de presión positiva, os falecementos poden reducirse ata o 15%.<ref name=Wackers>{{Cita publicación periódica| author = Wackers, G.| title = Constructivist Medicine| version = PhD-thesis| publisher = Maastricht: Universitaire Pers Maastricht| year = 1994| url = http://www.fdcw.unimaas.nl/personal/WebSitesMWT/Wackers/proefschrift.html#h4| accessdate = 4 de xaneiro de 2008| archiveurl = https://web.archive.org/web/20071223223131/http://www.fdcw.unimaas.nl/personal/WebSitesMWT/Wackers/proefschrift.html#h4| archivedate = 23 de decembro de 2007| df = dmy-all| apelidos = | data = | revista = | urlmorta = siyes}}</ref>
 
=== Recuperación ===
Liña 152:
 
=== Complicacións ===
As complicacións residuais da poliomielite paralizante adoitan ocorrer tralo proceso inicial de recuperación.<ref name= Late /> A [[paresia]] e parálise muscular pode provocar en ocasións deformidades [[esqueleto|esqueléticas]], endurecemento das [[Articulación (anatomía)|articulacións]] e discapacidades de movemento. Cando os músculos da extremidade afectada se volven fláccidos, poden chegar a interferir na función doutros músculos. Unha manifestación típica deste problema é o [[equinismo]].{{sfn|Shaffer|Seytre|2005|p=19}} Esta deformidade desenvólvese cando os músculos que tiran das [[deda]]s cara a abaixo funcionan, pero os que tiran delas cara a arriba non, e o [[Pé (anatomía)|pé]] tende naturalmente a caer cara ó chan. Se este problema non se trata, os [[tendón de Aquiles|tendóns de Aquiles]] retráense e o pé non pode adquirir unha posición normal. As vítimas da polio que desenvolven equinismo non poden camiñar con normalidade xa que son incapaces de apoiar o talón no chan.<ref name= Aftereffects>{{Cita web | author = Sanofi Pasteur | title = Poliomyelitis virus (picornavirus, enterovirus), after-effects of the polio, paralysis, deformations | work = Polio Eradication | url = http://www.polio.info/polio-eradication/front/index.jsp?siteCode=POLIO&lang=EN&codeRubrique=14 | accessdate = 23 de agosto de 2008 | archiveurl = https://web.archive.org/web/20071007100336/http://www.polio.info/polio-eradication/front/index.jsp?siteCode=POLIO&lang=EN&codeRubrique=14 | archivedate = 07 de outubro de 2007 | urlmorta = siyes }}</ref>{{sfn|Shaffer|Seytre|2005|p=19}}
 
Nalgúns casos o propio crecemento dunha perna afectada pode verse diminuído pola polio, mentres que continua normalmente na outra perna. Isto da como resultado que unha perna acabe sendo máis curta que a outra e provoca unha [[coxeira]] cara un lado, chegando a provocar subsecuentemente deformidades na [[columna vertebral]] como a [[escoliose]].<ref name= Aftereffects /> Isto tamén incrementa o risco de sufrir unha [[osteoporose]] e aumenta a probabilidade de que se produzan [[fractura ósea|fracturas óseas]]. Pode realizarse unha intervención médica para previr ou diminuír a disparidade na lonxitude das extremidades, realizando unha [[epifisiodese]] nos [[cóndilo]]s [[fémur|femoral]] distal e [[tibia]]l/[[Peroné|fibular]] proximal, atrofiando o crecemento da extremidade de forma artificial e acadando unha maior igualdade na lonxitude das extremidades cando se pecha a [[cartilaxe epifisaria|cartilaxe de crecemento]]. De forma alternativa pode utilizarse calzado personalizado para corrixir a diferenza nas lonxitudes das pernas. Outras técnicas cirúrxicas para balancear as diferenzas musculares poden ser tamén beneficiosas. O uso estendido de [[órtese]]s ou [[cadeira de rodas|cadeiras de rodas]] poden provocar [[síndrome de compresión nerviosa|compresión nerviosa]], así como unha perda de funcionalidade nas [[vea]]s das pernas pola acumulación do sangue nas extremidades inferiores paralizadas.<ref name= Hoyt>{{Cita libro |author1=Hoyt, William Graves |author2=Miller, Neil |author3=Walsh, Frank |title=Walsh and Hoyt's clinical neuro-ophthalmology |publisher=Lippincott Williams & Wilkins |location=Hagerstown, MD |year=2005 |pages=3264–65 |isbn=0-7817-4814-3 }}</ref><ref name=MayoComps>{{Cita web| author = Mayo Clinic Staff| date = 19 de maio de 2005| url = http://www.mayoclinic.com/health/polio/DS00572/DSECTION=complications| title = Polio: Complications| publisher = Mayo Foundation for Medical Education and Research (MFMER)| accessdate = 26 de febreiro de 2007| deadurl = noyes| archiveurl = https://web.archive.org/web/20080623225045/http://www.mayoclinic.com/health/polio/DS00572/DSECTION%3Dcomplications| archivedate = 23 de xuño de 2008| df = dmy-all}}</ref> As complicacións derivadas dunha inmobilidade prolongada que implique ós [[pulmón]]s, [[ril]]es e [[corazón]] inclúen o [[edema pulmonar]], a [[pneumonía por aspiración]], [[infección urinaria|infeccións urinarias]], [[cálculos renais]], [[íleo|íleo paralítico]], [[miocardite]] e [[cor pulmonale]].<ref name= Hoyt/><ref name=MayoComps />
 
=== Síndrome pospolio ===
{{AP|Síndrome pospolio}}
Entre o 25 e o 50% dos individuos que se recuperan da polio paralizante na infancia poden desenvolver síntomas adicionais décadas despois de recuperarse da infección aguda, notablemente unha nova debilidade muscular e unha fatiga extrema.<ref name="NINDS Post-Polio Syndrome Fact Sheet">{{Cita web |url=http://www.ninds.nih.gov/disorders/post_polio/detail_post_polio.htm |title=Post-Polio Syndrome Fact Sheet: National Institute of Neurological Disorders and Stroke (NINDS) |work= |accessdate=2 de agosto de 2011 |archiveurl=https://web.archive.org/web/20110729090555/http://www.ninds.nih.gov/disorders/post_polio/detail_post_polio.htm |archivedate=29 de xullo de 2011 |df=dmy-all |urlmorta=siyes }}</ref><ref name="Wilson">{{Cita libro |apelidos=Wilson|nome=Daniel J. |title=Living with polio: the epidemic and its survivors |publisher=University of Chicago Press |location=Chicago |year=2005 |page=232 |isbn=0-226-90103-3 |url= https://books.google.com/?id=Ejvjfo_K-IQC&printsec=frontcover&dq=polio&cd=3#v=onepage&q}}</ref> Esta condición coñécese como [[síndrome pospolio]].<ref name=Cashman>{{Cita publicación periódica |vauthors=Trojan D, Cashman N |title=Post-poliomyelitis syndrome |journal=Muscle Nerve |volume=31 |issue=1 |pages=6–19 |year=2005 |pmid=15599928 |doi=10.1002/mus.20259}}</ref> Crese que os síntomas da síndrome pospolio implican un fallo das [[unidade motora|unidades motoras]] creadas durante a fase de recuperación da doenza paralizante.<ref name=Ramlow_1992>{{Cita publicación periódica |vauthors=Ramlow J, Alexander M, LaPorte R, Kaufmann C, Kuller L |title=Epidemiology of the post-polio syndrome |journal=American Journal of Epidemiology |volume=136 |issue=7 |pages=769–86 |year=1992 |pmid=1442743 |doi=10.1093/aje/136.7.769}}</ref><ref name=Annals>{{Cita publicación periódica |vauthors=Lin K, Lim Y |title=Post-poliomyelitis syndrome: case report and review of the literature |url=http://www.annals.edu.sg/pdf/34VolNo7200508/V34N7p447.pdf |journal=Annals of the Academy of Medicine, Singapore |volume=34 |issue=7 |pages=447–9 |year=2005 |pmid=16123820 |deadurl=noyes |archiveurl=https://web.archive.org/web/20070307110123/http://www.annals.edu.sg/pdf/34VolNo7200508/V34N7p447.pdf |archivedate=707 de marzo de 2007 |df=dmy-all |apelidos= |data-acceso=24 de xaneiro de 2018 }}</ref> Os factores que contribúen a un incremento no risco de sufrir síndrome pospolio son o envellecemento con perda de unidades neuronais, a presenza de discapacidades residuais permanentes trala recuperación da doenza aguda, e tanto o uso excesivo coma o desuso das neuronas. A síndrome pospolio é unha doenza lenta e progresiva, e non existe un tratamento específico para ela.<ref name=Cashman />{{sfn|Shaffer|Seytre|2005|p=23}}<ref name="Wilson"/> Non é un proceso infeccioso, e os doentes desta síndrome non contaxian a outros co poliovirus.<ref name="PinkBook2009" />
 
==Epidemioloxía==
Liña 203:
| '''Total''' ||22||91|| ||
|}
Trala aplicación estendida da vacina do poliovirus a mediados dos anos 1950, a incidencia de poliomielite reduciuse de forma dramática na maioría dos países industrializados. En 1988 iniciouse un esforzo global para erradicar a polio, liderado pola [[Organización Mundial da Saúde]], [[UNICEF]] e [[The Rotary Foundation]].<ref>{{Cita web|last1=Vaught|first1=Maureen|title=Polio Vaccine Celebrates 60th Anniversary|url=https://www.rotary.org/en/polio-vaccine-celebrates-60th-anniversary|website=Rotary International|accessdate=11 de novembro de 2015|date=10 de abril de 2015|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20151117023228/https://www.rotary.org/en/polio-vaccine-celebrates-60th-anniversary|archivedate=17 de novembro de 2015|df=dmy-all}}</ref> Os traballos de vacinación reduciron o número de casos diagnosticados anualmente nun 99,9%, dende uns 350&nbsp;000 casos estimados en 1988 ata os 483 casos en 2001, manténdose posteriormente entre os 1000 e os 2000 casos por ano durante os seguintes anos.<ref name=eradication>{{Cita publicación periódica |title=Update on vaccine-derived polioviruses |journal=MMWR. Morbidity and Mortality Weekly Report |volume=55 |issue=40 |pages=1093–7 |year=2006 |pmid=17035927 |author1= Centers for Disease Control and Prevention (CDC)}}</ref><ref name=morbidity>{{Cita publicación periódica |title=Progress toward interruption of wild poliovirus transmission—worldwide, January 2007–April 2008 |journal=MMWR. Morbidity and Mortality Weekly Report |volume=57 |issue=18 |pages=489–94 |date=2008 |pmid=18463607 |doi= |url=https://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/mm5718a4.htm |author=Centers for Disease Control and Prevention (CDC) |deadurl=noyes |archiveurl=https://web.archive.org/web/20170619054233/https://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/mm5718a4.htm |archivedate=19 de xuño de 2017 |df=dmy-all |apelidos= |data-acceso=24 de xaneiro de 2018 }}</ref> En abril de 2012 a asemblea da OMS declarou que a consecución da erradicación da polio era unha emerxencia programática para a saúde pública global.<ref>{{Cita libro |author=World Health Assembly |year=2012 |title=Poliomyelitis: intensification of the global eradication initiative. Agenda item A65/20 |url=http://apps.who.int/gb/ebwha/pdf_files/wha65/A65_20-en.pdf |location=Xenebra |publisher=World Health Organization |isbn= |accessdate=7 de decembro de 2013 |deadurl=noyes |archiveurl=https://web.archive.org/web/20131109143313/http://apps.who.int/gb/ebwha/pdf_files/WHA65/A65_20-en.pdf |archivedate=909 de novembro de 2013 |df=dmy-all }}</ref> En 2015 o número de casos rexistrados en todo o mundo reduciuse ata os 98 e no 2016 ata os 37 casos de polio silvestre e outros 5 derivados de vacinación.<ref name="WhoIntCaseCount">{{Cita web |url=https://extranet.who.int/polis/public/CaseCount.aspx |title=Archived copy |accessdate=10 de xaneiro de 2015 |deadurl=noyes |archiveurl=https://web.archive.org/web/20150402165939/https://extranet.who.int/polis/public/CaseCount.aspx |archivedate=202 de abril de 2015 |df=dmy-all }}</ref><ref name="WHO2015casecount">{{Cita web|url = http://apps.who.int/immunization_monitoring/en/diseases/poliomyelitis/case_count.cfm|title = Polio Case Count|date = 18 de xullo de 2016|accessdate = 18 de xullo de 2016|publisher = [[OMS]]|deadurl = noyes|archiveurl = https://web.archive.org/web/20140816115613/http://apps.who.int/immunization_monitoring/en/diseases/poliomyelitis/case_count.cfm|archivedate = 16 de agosto de 2014|df = dmy-all}}</ref><ref>{{Cita web|title=Progress Toward Eradication of Polio — Worldwide, January 2011–March 2013|url=https://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/mm6217a4.htm|website=Centers for Disease Control and Prevention|accessdate=11 de novembro de 2015|date=3 de maio de 2013|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20151117022756/http://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/mm6217a4.htm|archivedate=17 de novembro de 2015|df=dmy-all}}</ref>
A polio é unha das dúas únicas doenzas baixo un programa global de erradicación xunto á [[doenza do verme de Guinea]].<ref>{{Cita web|last1=Akst|first1=Jef|title=Driven to Extinction|url=http://www.the-scientist.com/?articles.view/articleNo/43382/title/Driven-to-Extinction/|website=The Scientist|accessdate=11 de novembro de 2015|date=1 de xullo de 2015|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20151118224852/http://www.the-scientist.com/?articles.view%2FarticleNo%2F43382%2Ftitle%2FDriven-to-Extinction%2F|archivedate=18 de novembro de 2015|df=dmy-all}}</ref>
Unha das principais preocupacións é a presenza de poliovirus derivados de vacinación en circulación. A vacina oral da polio non é perfecta, e malia que as características xenéticas balancéanse para maximizar a súa eficacia e minimizar a virulencia, é posible que o poliovirus destas vacinas sufra unha [[mutación]]. Como resultado os receptores da vacina oral poden adquirir infeccións agudas ou crónicas, ou poden transmitir o virus mutado a outras persoas. O número de casos derivados de vacinación excede ó número de casos de polio silvestre, polo que algúns científicos recomendaron a interrupción do uso da vacina oral da polio cando as condicións globais sexan seguras.<ref name="circulating">{{Cita web |author1=Olen M. Kew |author2=Peter F. Wright |author3=Vadim I. Agol |author4=Francis Delpeyroux |author5=Hiroyuki Shimizu |author6=Neal Nathanson |author7=Mark A. Pallansch |title=Circulating vaccine-derived polioviruses: current state of knowledge |publisher=Bulletin of the World Health Organization |date=24 de outubro de 2003 |url=http://www.scielosp.org/scielo.php?pid=S0042-96862004000100006&script=sci_arttext&tlng=es |accessdate=28 de outubro de 2015 |deadurl=no |archiveurl=https://web.archive.org/web/20160304191154/http://www.scielosp.org/scielo.php?pid=S0042-96862004000100006&script=sci_arttext&tlng=es |archivedate=04 de marzo de 2016 |df=dmy-all |urlmorta=siyes }}</ref>
 
===Afganistán e Paquistán===
A última rexión con casos de polio silvestre rexistrados é a zona de [[Afganistán]] e [[Paquistán]]. Tralo cambio de políticas dos [[talibán]]s da rexión en relación ás campañas de vacinación, o número de casos rexistrados en Afganistán comezou a reducirse a partir do ano 2012 tras varios anos en aumento,<ref>{{Cita novas | url=http://www.bbc.co.uk/news/world-asia-26121732 | work=BBC News | title=Afghanistan polio: First case in Kabul since 2001 | date=11 de febreiro de 2014 | deadurl=noyes | archiveurl=https://web.archive.org/web/20150409175500/http://www.bbc.co.uk/news/world-asia-26121732 | archivedate=909 de abril de 2015 | df=dmy-all | data-acceso=24 de xaneiro de 2018 }}</ref> rexistrándose 19 casos en 2015,<ref name=GlobalPolio2015>{{Cita web|title=Wild poliovirus type 1 and Circulating vaccine-derived poliovirus cases|url=http://www.polioeradication.org/dataandmonitoring/poliothisweek.aspx|website=Global Polio Eradication Initiative|accessdate=26 de decembro de 2015|date=23 de decembro de 2015|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20151224045950/http://www.polioeradication.org/Dataandmonitoring/Poliothisweek.aspx|archivedate=24 de decembro de 2015|df=dmy-all}}</ref><ref name="reuters.com"/> 13 no ano 2016,<ref name="cases2016">{{Cita novas|title=Polio in Afghanistan: 'Americans bomb our children daily, why would they care?'|url=https://www.theguardian.com/global-development/2017/apr/10/polio-afghanistan-taliban-health-chief-americans-bomb-children|author=Sune Engel Rasmussen|date=10 de abril de 2017|publisher=The Guardian|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20170412093358/https://www.theguardian.com/global-development/2017/apr/10/polio-afghanistan-taliban-health-chief-americans-bomb-children|archivedate=12 de abril de 2017|df=dmy-all|data-acceso=24 de xaneiro de 2018}}</ref> e 14 en 2017.<ref name="WHO2017Cases"/>
 
En [[Paquistán]] rexistráronse 53 casos en 2015,<ref name = GlobalPolio2015/><ref name="reuters.com"/> reducíndose ata os 20 en 2016.<ref name="cases2016"/> A vacinación no país viuse entorpecida por problemas de organización e conflitos. Os [[Tehrik-i-Taliban|talibáns paquistanís]] declararon que a vacinación era unha conspiración occidental para esterilizar ós nenos locais,<ref name=BBC2016/> e 66 sanitarios foron asasinados en 2013 e 2014.<ref>{{Cita web|url=http://www.thenational.ae/world/south-asia/pakistans-fight-against-polio-clashes-with-battle-against-taliban#page2|title=Pakistan's fight against polio clashes with battle against Taliban|data=20 de xaneiro de 2015|xornal=The National|author=Taimur Khan|publisher=|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20150928122419/http://www.thenational.ae/world/south-asia/pakistans-fight-against-polio-clashes-with-battle-against-taliban#page2|archivedate=28 de setembro de 2015|df=dmy-all|data-acceso=24 de xaneiro de 2018}}</ref><ref name="thenational.ae">{{Cita web|url=http://www.thenational.ae/uae/health/uae-polio-campaign-vaccinates-millions-of-pakistani-children|title=UAE polio campaign vaccinates millions of Pakistani children|data=18 de abril de 2015|xornal=The National|publisher=|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20150910053250/http://www.thenational.ae/uae/health/uae-polio-campaign-vaccinates-millions-of-pakistani-children|archivedate=10 de setembro de 2015|df=dmy-all|data-acceso=24 de xaneiro de 2018}}</ref> A redución dos casos de polio reduciuse nun 70% en 2015, grazas entre outros factores ó apoio económico fornecido polos [[Emiratos Árabes Unidos]],<ref name="thenational.ae"/><ref>{{Cita web|url=http://www.thenational.ae/uae/health/17-million-children-to-be-vaccinated-against-polio-in-pakistan|title=17 million children to be vaccinated against polio in Pakistan|data=24 de xaneiro de 2015|xornal=The National |publisher=|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20150910054826/http://www.thenational.ae/uae/health/17-million-children-to-be-vaccinated-against-polio-in-pakistan|archivedate=10 de setembro de 2015|df=dmy-all|data-acceso=24 de xaneiro de 2018}}</ref> ós cambios na situación militar é a mellora da seguridade para os traballadores das campañas de vacinación.<ref name=BBC2016>{{Cita web|url=http://www.bbc.co.uk/news/world-asia-36300034|title=Pakistan could beat polio in months, says WHO|date=16 de maio de 2016|website=BBC News|access-date=16 de maio de 2016|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20160516114003/http://www.bbc.co.uk/news/world-asia-36300034|archivedate=16 de maio de 2016|df=dmy-all}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.bbc.com/news/world-asia-32996624|title=Polio in Pakistan: Drop of 70% recorded this year|work=BBC News|data=3 de xuño de 2015|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20150604035928/http://www.bbc.com/news/world-asia-32996624|archivedate=404 de xuño de 2015|df=dmy-all|data-acceso=24 de xaneiro de 2018}}</ref>
 
===África===
En 2003 no norte de [[Nixeria]], país que naquel entón estaba considerado provisionalmente libre de polio, emitiuse unha [[fatwā]] declarando que a vacina da polio estaba deseñada para deixar ós nenos estériles.<ref>{{Cita web|url = http://www.unicef.org/cbsc/index_49534.html|title = Polio Eradication Efforts in Nigeria and India|accessdate = 25 de decembro de 2013|editorial = [[UNICEF]]|deadurl = noyes|archiveurl = https://web.archive.org/web/20131225195534/http://www.unicef.org/cbsc/index_49534.html|archivedate = 25 de decembro de 2013|df = dmy-all}}</ref> Subsecuentemente a polio reapareceu no país e espallouse a varios outros países próximos. En 2013 nove sanitarios que realizaban traballos de vacinación foron asasinados en [[Kano]], mais este foi o único ataque deste tipo.<ref>{{Cita web|url=http://www.bbc.co.uk/news/world-africa-21381773|title=Nigeria polio vaccinators shot dead in Kano|work=BBC News|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20141228034024/http://www.bbc.co.uk/news/world-africa-21381773|archivedate=28 de decembro de 2014|df=dmy-all|data-acceso=24 de xaneiro de 2018}}</ref><ref>{{Cita novas | url=http://www.bbc.co.uk/news/world-africa-33650543 | work=BBC News | title=Nigeria marks one year without recorded polio case | date=24 de xullo de 2015 | deadurl=noyes | archiveurl=https://web.archive.org/web/20150724162448/http://www.bbc.co.uk/news/world-africa-33650543 | archivedate=24 de xullo de 2015 | df=dmy-all | data-acceso=24 de xaneiro de 2018 }}</ref> Líderes tradicionais e relixiosos locais comezaron a traballar xunto a grupos de sobreviventes da polio para revivir a campaña de vacinación,<ref name="reuters.com">{{Cita novas | url=https://www.reuters.com/article/2015/07/23/us-health-polio-nigeria-idUSKCN0PX2RF20150723 | work=Reuters | title=Nigeria marks polio-free year, raising global eradication hopes | date=23 de xullo de 2015 | deadurl=noyes | archiveurl=https://web.archive.org/web/20151119091530/http://www.reuters.com/article/2015/07/23/us-health-polio-nigeria-idUSKCN0PX2RF20150723 | archivedate=19 de novembro de 2015 | df=dmy-all | data-acceso=24 de xaneiro de 2018 }}</ref> e non se volveu a rexistrar un caso de polio no país dende o 24 de xullo de 2014. A OMS eliminou a Nixeria da lista de países con polio endémica en setembro de 2015,<ref>{{Cita novas | url=http://www.who.int/mediacentre/news/releases/2015/nigeria-polio/en/ | work=OMS | title=WHO Removes Nigeria from Polio-Endemic List | date=26 de setembro de 2015 | accessdate=8 de xaneiro de 2016 | deadurl=noyes | archiveurl=https://web.archive.org/web/20160119165136/http://www.who.int/mediacentre/news/releases/2015/nigeria-polio/en/ | archivedate=19 de xaneiro de 2016 | df=dmy-all }}</ref> malia que no ano 2016 se rexistraron dous novos casos da doenza no país.<ref name=Nigeria2016/>
 
En 2013 o [[Centers for Disease Control and Prevention|CDC]] recibiu informes de 183 casos de polio en [[Somalia]], 14 en [[Kenya]] e 8 na rexión somalí de [[Etiopía]],<ref name=cdcp>{{Cita web|title=Polio in Somalia, Kenya, Ethiopia|url=http://wwwnc.cdc.gov/travel/notices/alert/polio-somalia-kenya|data=22 de xaneiro de 2014|publisher=Centers for Disease Control and Prevention|accessdate=23 de xaneiro de 2014|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20140202195113/http://wwwnc.cdc.gov/travel/notices/alert/polio-somalia-kenya|archivedate=202 de febreiro de 2014|df=dmy-all}}</ref> mais en 2015 non se rexistrou ningún caso de polio silvestre no continente africano.<ref name = GlobalPolio2015/> En agosto de 2014 detectouse un caso de poliovirus tipo 2 derivado de vacinación en [[Siguiri]], na rexión de [[Kankan]] de [[Guinea]],<ref name="gpe2015">{{Cita novas|url=http://www.polioeradication.org/mediaroom/newsstories/Circulating-vaccine-derived-poliovirus-in-Mali-/tabid/526/news/1280/Default.aspx|title=Circulating vaccine-derived poliovirus in Mali|work=The Global Polio Eradication Initiative|accessdate=9 de setembro de 2015|date=9 de setembro de2015|archiveurl=https://web.archive.org/web/20150914022123/http://www.polioeradication.org/mediaroom/newsstories/Circulating-vaccine-derived-poliovirus-in-Mali-/tabid/526/news/1280/Default.aspx|archivedate=14 de setembro de 2015|df=dmy-all|urlmorta=siyes}}</ref> e en setembro de 2015 a OMS confirmou un novo caso deste mesmo tipo en [[Malí]].<ref name=gpe2015 /> En 2017 informouse de varios novos gromos separados de poliovirus tipo 2 derivado de vacinas nas provincias do sur e do centro oriental da [[República Democrática do Congo]].<ref>{{Cita web|last=Herriman|first=Robert|title=Polio update: Two circulating vaccine-derived poliovirus type 2 outbreaks reported in Democratic Republic of the Congo|publisher=Outbreak News Today|url=http://outbreaknewstoday.com/polio-update-two-cvdpv2-outbreaks-reported-democratic-republic-congo-39590/|date=25 de maio de 2017|accessdate=25 de maio de 2017|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20170525194827/http://outbreaknewstoday.com/polio-update-two-cvdpv2-outbreaks-reported-democratic-republic-congo-39590/|archivedate=25 de maio de 2017|df=dmy-all}}</ref>
 
===Siria===
 
En [[Siria]] as dificultades para levar a cabo os programas de inmunización durante a [[guerra civil siria|guerra civil]] deron lugar a un retorno da polio, probablemente en 2012,<ref>{{Cita web|url=http://www.bbc.com/news/magazine-26734465|title=Polio in Syria: An outbreak that threatens the Middle East|work=BBC News|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20150703194812/http://www.bbc.com/news/magazine-26734465|archivedate=303 de xullo de 2015|df=dmy-all|data-acceso=24 de xaneiro de 2018}}</ref> feito recoñecido pola OMS en 2013.<ref>{{Cita novas | url=http://www.dnaindia.com/health/report-syria-polio-cases-spread-to-damascus-and-aleppo-who-1925221 | work=DNA | title=Syria polio cases spread to Damascus and Aleppo - WHO | date=26 de novembro de 2013 | accessdate=26 de novembro de 2013 | deadurl=noyes | archiveurl=https://web.archive.org/web/20131128140419/http://www.dnaindia.com/health/report-syria-polio-cases-spread-to-damascus-and-aleppo-who-1925221 | archivedate=28 de novembro de 2013 | df=dmy-all }}</ref><ref>{{Cita novas|url = http://edition.cnn.com/2013/10/29/health/syria-polio/index.html|title = WHO: Polio cases confirmed in Syria|date = 29 de outubro de 2013|last = Watkins|first = Tom|newspaper = CNN|accessdate = 24 de xaneiro de 2014|deadurl = noyes|archiveurl = https://web.archive.org/web/20140203121111/http://edition.cnn.com/2013/10/29/health/syria-polio/index.html|archivedate = 303 de febreiro de 2014|df = dmy-all}}</ref> Confirmáronse 15 casos en nenos do país entre outubro e novembro de 2013 en [[Deir Ezzor]], e posteriormente identificáronse dous casos máis en zonas rurais de [[Damasco]] e [[Alepo]], sendo o primeiro gromo de polio no país dende o ano 1999. En 2014 as axencias internacionais de saúde informaron dun total duns 90 casos de polio no país, indicando unha alta probabilidade de contaxio en zonas controladas polos rebeldes por falta de saneamento e acceso a auga segura.<ref name=Suppressed>{{Cita publicación periódica|last=Sparrow|first=Annie|title=Syria’s Polio Epidemic: The Suppressed Truth|journal=New York Review|date=20 de febreiro de 2014|url=http://www.nybooks.com/articles/archives/2014/feb/20/syrias-polio-epidemic-suppressed-truth/?insrc=hpma|accessdate=23 de xaneiro de 2014|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20140125214019/http://www.nybooks.com/articles/archives/2014/feb/20/syrias-polio-epidemic-suppressed-truth/?insrc=hpma|archivedate=25 de xaneiro de 2014|df=dmy-all|apelidos=}}</ref> En maio de 2014 a OMS declarou este novo gromo renovado de polio como unha emerxencia de saúde global.<ref name="newscientist.com">{{Cita web|url=https://www.newscientist.com/article/dn25518-global-emergency-declared-as-polio-cases-surge.html|title=Global emergency declared as polio cases surge|author=Debora MacKenzie|work=New Scientist|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20150426133736/http://www.newscientist.com/article/dn25518-global-emergency-declared-as-polio-cases-surge.html|archivedate=26 de abril de 2015|df=dmy-all|data-acceso=24 de xaneiro de 2018}}</ref><ref name="BBC">{{Cita novas | url=http://www.bbc.co.uk/news/world-27284389# | title=World facing polio health emergency | work=BBC | date=5 de maio de 2014 | accessdate=5 de maio de 2014 | deadurl=noyes | archiveurl=https://web.archive.org/web/20140506001219/http://www.bbc.co.uk/news/world-27284389 | archivedate=606 de maio de 2014 | df=dmy-all }}</ref>
 
A campaña de vacinación en Siria operou en condicións de guerra e varios sanitarios que traballaban nesta campaña faleceron,<ref>{{Cita web|url=http://news.nationalgeographic.com/2015/03/150305-polio-syria-iraq-islamic-state-refugees-vaccination-virus-jihad/|title=Fighting Polio Amid the Chaos of Syria’s Civil War|author=Photographs Hosam Katan, Reuters|publisher=|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20160105100254/http://news.nationalgeographic.com/2015/03/150305-polio-syria-iraq-islamic-state-refugees-vaccination-virus-jihad/|archivedate=5 de xaneiro de 05/01/2016|df=dmy-all|data-acceso=24/01/2018}}</ref> mais a cobertura de vacinación conseguiu volver ós niveis de preguerra.<ref>{{Cita novas | url=https://www.reuters.com/article/2015/01/28/mideast-crisis-syria-polio-idUSL6N0V70ZW20150128 | work=Reuters | first=Sylvia | last=Westall | title=Polio immunisation rate in Syria close to pre-war level -WHO | date=28 de xaneiro de 2015 | deadurl=noyes | archiveurl=https://web.archive.org/web/20150924212925/http://www.reuters.com/article/2015/01/28/mideast-crisis-syria-polio-idUSL6N0V70ZW20150128 | archivedate=24 de setembro de 2015 | df=dmy-all | data-acceso=24 de xaneiro de 2018 }}</ref> Non se rexistraron novos casos no país dende xaneiro de 2014, e a vixilancia na procura de novos casos estendeuse ó país veciño de [[Iraq]].<ref>{{Cita web|url=http://medicalxpress.com/news/2015-01-polio-cases-syria-year.html|title=No new polio cases in Syria reported for a year: WHO|páxina-web=MedicalXpress|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20150804211016/http://medicalxpress.com/news/2015-01-polio-cases-syria-year.html|archivedate=404 de agosto de 2015|df=dmy-all|data-acceso=24 de xaneiro de 2018}}</ref><ref>{{Cita novas | url=http://www.huffingtonpost.com/2015/01/29/polio-vaccines-syria_n_6562368.html | work=Huffington Post | title=WHO: Syria Had Only 1 Recorded Polio Case Last Year | date=29 de xaneiro de 2015 | deadurl=noyes | archiveurl=https://web.archive.org/web/20150924212152/http://www.huffingtonpost.com/2015/01/29/polio-vaccines-syria_n_6562368.html | archivedate=24 de setembro de 2015 | df=dmy-all | data-acceso=24 de xaneiro de 2018 }}</ref>
 
===Resto do mundo===
O [[América|continente americano]] foi declarado libre da polio no ano 1994,<ref name=MMWR_1994>{{Cita publicación periódica | title = International Notes Certification of Poliomyelitis Eradication—the Americas, 1994 | journal = MMWR. Morbidity and Mortality Weekly Report | publisher = Centers for Disease Control and Prevention | volume = 43 | issue = 39 | pages = 720–2 | year = 1994 | url = https://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/00032760.htm | pmid = 7522302 | author1 = Centers for Disease Control and Prevention (CDC) | deadurl = noyes | archiveurl = https://web.archive.org/web/20170521163051/https://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/00032760.htm | archivedate = 21 de maio de 2017 | df = dmy-all | apelidos = | data-acceso = 24 de xaneiro de 2018 }}</ref> e no ano 2000 a polio declarouse oficialmente eliminada en 37 países do [[océano Pacífico|Pacífico occidental]], incluíndo [[China]] e [[Australia]].<ref name=Pacific>{{Cita publicación periódica | autor = | título = General News. Major Milestone reached in Global Polio Eradication: Western Pacific Region is certified Polio-Free | xornal = Health Education Research | ano = 2001 | volume = 16 | issue = 1 | páxina = 109 | url = http://her.oxfordjournals.org/cgi/reprint/16/1/109.pdf | format = PDF | doi = 10.1093/her/16.1.109 | deadurl = noyes | url-arquivo = https://web.archive.org/web/20070621131041/http://her.oxfordjournals.org/cgi/reprint/16/1/109.pdf | data-arquivo = 21 de xuño de 2007 | df = dmy-all | data-acceso = 24 de xaneiro de 2018 }}</ref><ref name="D'Souza_2002">{{Cita publicación periódica |vauthors=D'Souza R, Kennett M, Watson C |title=Australia declared polio free |journal=Communicable Diseases Intelligence |volume=26 |issue=2 |pages=253–60 |year=2002 |pmid=12206379}}</ref> Porén, na China confirmouse un novo gromo en setembro de 2011 na provincia de [[Xinjiang]], fronteiriza con Paquistán.<ref>{{Cita novas | url=http://www.cnn.com/2011/09/21/health/china-polio-outbreak/index.html | work=CNN | title=New polio outbreak hits China - CNN.com | date=21 de setembro de 2011 | deadurl=noyes | archiveurl=https://web.archive.org/web/20120101174601/http://www.cnn.com/2011/09/21/health/china-polio-outbreak/index.html | archivedate=101 de xaneiro de 2012 | df=dmy-all | data-acceso=24 de xaneiro de 2018 }}</ref> Pola súa banda [[Europa]] foi declarada libre da polio no ano 2002,<ref name=WHO_Europe_2002>{{cite press release | title = Europe achieves historic milestone as Region is declared polio-free | publisher = European Region of the World Health Organization | date = 21 de xuño de 2002 | url = http://www.who.int/mediacentre/news/releases/releaseeuro02/en/index.html | accessdate = 23 de agosto de 2008 | deadurl = no | archiveurl = https://web.archive.org/web/20080916065107/http://www.who.int/mediacentre/news/releases/releaseeuro02/en/index.html | archivedate = 16 de setembro de 2008 | df = dmy-all }}</ref> aínda que o 1 de setembro de 2015 a [[Organización Mundial da Saúde|OMS]] confirmou 2 casos de poliovirus tipo 1 derivados de vacinación en [[Ucraína]].<ref name=WHO_Europe_2015>{{Cita web | title = Circulating vaccine-derived poliovirus – Ukraine | publisher = World Health Organization | url = http://www.who.int/csr/don/01-september-2015-polio/en/ | accessdate = 9 de setembro de 2015 | date = 1 de setembro de 2015 | deadurl = noyes | archiveurl = https://web.archive.org/web/20150908054032/http://www.who.int/csr/don/01-september-2015-polio/en/ | archivedate = 808 de setembro de 2015 | df = dmy-all }}</ref>
 
O último caso rexistrado de polio na rexión do [[sueste asiático]] foi na [[India]] en xaneiro de 2011.<ref>{{Cita web| url =http://www.searo.who.int/entity/immunization/topics/polio/eradication/sea-polio-free/en/| título =Polio-free certification: WHO South-East Asia| editor =OMS| data =27 de marzo de 2014| data-acceso =27 de marzo de 2014| url-arquivo =https://web.archive.org/web/20140327032034/http://www.searo.who.int/entity/immunization/topics/polio/eradication/sea-polio-free/en/| data-arquivo =27 de marzo de 2014| df =dmy-all| urlmorta =siyes}}</ref> Dende entón non se rexistraron casos de infeccións por polio silvestre na India, e en febreiro de 2012 a [[Organización Mundial da Saúde|OMS]] retirou ó país da súa lista de países con polio endémica.<ref>{{Cita novas|last=Ray|first=Kalyan|title=India wins battle against dreaded polio|newspaper=Deccan Herald|date=26 de febreiro de 2012}}</ref><ref>{{Cita novas|title=India polio-free for a year: ‘First time in history we’re able to put up such a map’|url=http://www.telegraphindia.com/1120226/jsp/frontpage/story_15181357.jsp|accessdate=26 de febreiro de 2012|newspaper=The Telegraph|date=26 de febreiro de 2012|location=Calcutta, India|deadurl=noyes|archiveurl=https://web.archive.org/web/20120227220101/http://www.telegraphindia.com/1120226/jsp/frontpage/story_15181357.jsp|archivedate=27 de febreiro de 2012|df=dmy-all}}</ref> O 27 de marzo de 2014 a OMS confirmou a erradicación da poliomielite na rexión do sueste asiático, incluíndo once países: [[Bangladesh]], [[Bután]], [[Corea do Norte]], [[India]], [[Indonesia]], [[Maldivas]], [[Myanmar]], [[Nepal]], [[Sri Lanka]], [[Tailandia]] e [[Timor Leste]].<ref name="eradication1">{{Cita web| url =http://www.searo.who.int/mediacentre/releases/2014/pr1569/en/| title =WHO South-East Asia Region certified polio-free| publisher =WHO| date =27 marzo de 2014| accessdate =27 marzo de 2014| deadurl =noyes| archiveurl =https://web.archive.org/web/20140327235218/http://www.searo.who.int/mediacentre/releases/2014/pr1569/en/| archivedate =27 de marzo de 2014| df =dmy-all}}</ref>
 
== Historia ==
Liña 238:
Os efectos da polio son coñecidos desde a [[prehistoria]]. Existen pinturas e esculturas do [[Antigo Exipto]] que representan a persoas sas con membros atrofiados e nenos de curta idade camiñando con bastóns.<ref name=Paul_1971>{{Cita libro| author = Paul JR| title=A History of Poliomyelitis| publisher=Yale University Press| location= New Haven| year=1971| pages=16–18| isbn= 0-300-01324-8| series= Yale studies in the history of science and medicine}}</ref> A primeira descrición clínica da enfermidade proporcionouna o médico inglés [[Michael Underwood]] en [[1789]], referíndose á polio como "unha debilidade das extremidades inferiores".<ref name=Underwood_1789>{{Cita libro | last = Underwood | first = Michael | chapter = Debility of the lower extremities|title=A treatise on the diseases of children, with general directions for the management of infants from the birth (1789) | volume = 2 | publisher = J. Mathews | location=Londres | year = 1789 | pages = 88–91 | chapter-url=https://archive.org/stream/b21516728_0002#page/n103/mode/2up}}</ref> O traballo dos médicos [[Jakob Heine]] en 1840 e [[Karl Oskar Medin]] en 1890 fixo que pasase a coñecerse como "enfermidade de Heine-Medin".<ref name=Pearce_2005>{{Cita publicación periódica |author=Pearce J |title=Poliomyelitis (Heine-Medin disease) |journal=Journal of Neurology, Neurosurgery, and Psychiatry |volume=76 |issue=1 |page=128 |year=2005 |doi=10.1136/jnnp.2003.028548 | pmid=15608013 |pmc=1739337}}</ref> Posteriormente recibiu o nome de "parálise infantil", debido á súa incidencia nos nenos.<ref name=Pearce_2005 />{{sfn|Oshinsky|2005|pp=10-11}}
 
Antes do século XX as infeccións da polio víanse raramente en nenos de menos de seis meses de idade, detectándose a maioría de casos en nenos de entre seis meses e catro anos de idade.<ref name="Robertson_1993"/> As malas condicións [[saneamento|sanitarias]] da época supoñían unha exposición constante ao virus, o que acentuou a [[Inmunidade (medicina)|inmunidade]] natural dentro da poboación. Nos países desenvolvidos durante a fin do século XIX e comezos do século XX realizáronse melloras no saneamento básico, incluíndo unha melloría na eliminación de residuos e nos [[cloaca|sumidoiros]] e un mellor acceso á [[auga potable]]. Estes cambios incrementaron drasticamente a proporción de nenos e adultos en risco de contraer a infección de polio paralizante, por mor da redución da exposición infantil e da inmunidade natural.<ref name="Robertson_1993">{{Cita web | author = Robertson S | title = Module 6: Poliomyelitis | work = The Immunological Basis for Immunization Series | publisher = OMS | lugar = Xenebra | url = http://whqlibdoc.who.int/hq/1993/WHO_EPI_GEN_93.16_mod6.pdf?ua=1 | year = 1993 | accessdate = 23 de agosto de 2008 | deadurl = noyes | archiveurl = https://web.archive.org/web/20140202115733/http://whqlibdoc.who.int/hq/1993/WHO_EPI_GEN_93.16_mod6.pdf?ua=1 | archivedate = 202 de febreiro de 2014 | df = dmy-all }}</ref>
 
Pequenas [[epidemia]]s localizadas de polio paralizante comezaron a aparecer en [[Europa]] e nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] ó redor do ano 1900.<ref name = Trevelyan>{{Cita publicación periódica |vauthors=Trevelyan B, Smallman-Raynor M, Cliff A |title=The Spatial Dynamics of Poliomyelitis in the United States: From Epidemic Emergence to Vaccine-Induced Retreat, 1910–1971 |pmc=1473032 |journal=Annals of the Association of American Geographers |volume=95 |issue=2 |pages=269–93 |year=2005 |pmid=16741562 |doi=10.1111/j.1467-8306.2005.00460.x}}</ref> Os gromos acadaron proporcións de [[pandemia]] en Europa, Norteamérica, Australia e [[Nova Zelandia]] durante a primeira metade do [[século XX]]. En 1950 a idade pico de incidencia da poliomielite paralizante nos Estados Unidos cambiara dende bebés ós nenos de cinco anos de idade, cun maior risco de parálise, e ó redor dun terzo dos casos rexistrábanse en persoas de máis de 15 anos de idade.<ref name=Melnick_1990>{{Cita libro | author = Melnick JL | title = Poliomyelitis. In: Tropical and Geographical Medicine | edition = 2ª | publisher = McGraw-Hill | year =1990 | pages = 558–76 | isbn = 0-07-068328-X }}</ref> Por mor disto a taxa de parálises e mortes provocadas por infeccións de polio tamén se incrementaron nesta época.<ref name = Trevelyan/> Nos Estados Unidos a epidemia de polio de 1952 converteuse no peor gromo da enfermidade da historia do país. Dos case 58&nbsp;000 casos rexistrados nese ano, 3&nbsp;145 persoas faleceron e outras 21&nbsp;269 sufriron parálises permanentes leves ou severas.<ref name="Zamula">{{Cita publicación periódica |author = Zamula E |title = A New Challenge for Former Polio Patients |url = https://www.questia.com/library/1G1-10942759/a-new-challenge-for-former-polio-patients |journal = FDA Consumer |volume = 25 |issue = 5 |pages = 21–5 |year = 1991 |deadurl = noyes |archiveurl = https://web.archive.org/web/20140220034400/http://www.questia.com/library/1G1-10942759/a-new-challenge-for-former-polio-patients |archivedate = 20 de febreiro de 2014 |df = dmy-all |apelidos = |data-acceso = 25 de xaneiro de 2018 }}</ref> A [[medicina de coidados intensivos]] ten a súa orixe na loita contra a polio nesta época.<ref>{{cita tese|url=https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=explorer&chrome=true&srcid=0B7CdB217pf6yN2QxOGI5NTUtZWIzYS00N2NhLWFhODQtOGZjMjdhZTlkZGE5&hl=de |title=The Danish anaesthesiologist Björn Ibsen a pioneer of long-term ventilation on the upper airways|editorial=Universidade Johann Wolfgang Goethe|lugar=Frankfurt|nome=Louise |apelidos=Reisner Sénélar|data=25 de novembro de 2009}}</ref> A maioría de hospitais nos anos 1950 tiñan un acceso limitado a [[pulmón de aceiro|pulmóns de aceiro]] para pacientes incapaces de respirar por si mesmos sen asistencia mecánica.{{sfn|Oshinsky|2005|p=61}} Os centros respiratorios deseñados para asistir ós pacientes máis graves de polio, establecidos por primeira vez en 1952 no hospital Blegdam de [[Copenhague]] polo [[anestesiólogo]] danés [[Bjørn Aage Ibsen|Bjørn Ibsen]], foron os precursores das subsecuentes [[unidade de coidados intensivos|unidades de coidados intensivos]] (UCI).<ref>{{Cita publicación periódica|author=Pincock S |title=Bjørn Aage Ibsen|journal=The Lancet|editor=Elsevier|year=2007|volume=370|issue=9598|page=1538|doi=10.1016/S0140-6736(07)61650-X|url=http://www.thelancet.com/journals/lancet/article/PIIS0140-6736(07)61650-X/fulltext?version=printerFriendly}}</ref>
 
As epidemias de polio non só alteraron as vidas dos que sobreviviron a elas, senón que tamén trouxeron consigo profundos cambios culturais, estimulando as campañas de recadación de fondos ''[[grassroots]]'' que revolucionaron a [[filantropía]] médica e deron lugar ó campo moderno da [[fisioterapia]]. Formando un dos maiores grupos de discapacitados físicos do mundo, os sobreviventes da polio contribuíron tamén no avance do [[movemento polos dereitos dos discapacitados]] por medio de campañas a favor dos dereitos sociais e civís dos [[discapacidade|discapacitados]]. A [[Organización Mundial da Saúde]] estimou a comezos do século XXI que había entre 10 e 20 millóns de sobreviventes da polio en todo o mundo.<ref name=NewsDesk>{{Cita web | title = After Effects of Polio Can Harm Survivors 40 Years Later | publisher = March of Dimes | url = http://www.marchofdimes.org/news/after-effects-of-polio-can-harm-survivors-40-years-later.aspx | date = 1 de xuño de 2001 | accessdate = 14 de novembro de 2014 | deadurl = noyes | archiveurl = https://web.archive.org/web/20141225210413/http://www.marchofdimes.org/news/after-effects-of-polio-can-harm-survivors-40-years-later.aspx | archivedate = 25 de decembro de 2014 | df = dmy-all }}</ref> No ano 1977 había unhas 254 000 persoas nos Estados Unidos con parálises permanentes debidas á polio.<ref>{{Cita publicación periódica |vauthors=Frick NM, Bruno RL | title = Post-polio sequelae: physiological and psychological overview | journal = Rehabilitation Literature | volume = 47 | issue = 5–6 | pages = 106–11 | year = 1986 | pmid = 3749588 }}</ref> Segundo varias asociacións médicas e grupos de apoio locais, a comezos do século XXI había uns 40&nbsp; sobreviventes da polio con graos variables de parálises en [[Alemaña]], 30&nbsp;000 no [[Xapón]], 24&nbsp;000 en [[Francia]], 12&nbsp;000 no [[Canadá]] e 12&nbsp;000 no [[Reino Unido]]<ref name= NewsDesk/> Moitos individuos notables que sobreviviron á polio acreditaron á inmobilidade prolongada e á parálise residual como unha forza impulsora nas súas vidas e carreiras profesionais.<ref>{{Cita libro |author=Richard L. Bruno |title=The Polio Paradox: Understanding and Treating "Post-Polio Syndrome" and Chronic Fatigue |publisher=Warner Books |location=Nova York |year=2002 |pages= 105–106|isbn=0-446-69069-4 }}</ref>
 
A doenza recibiu unha gran publicidade durante as epidemias dos anos 1950, cunha gran cobertura dos medios de calquera avance científico que puidese levar a unha cura, outorgándolle unha notoria fama ós científicos que traballaron nestes avances. En 1957 creouse o [[Salón da Fama da Polio]] en [[Warm Springs, Xeorxia|Warm Springs]] na honra dos que realizaron avances importantes no coñecemento e tratamento da poliomielite, e no ano 2008 engadíronse catro organizacións (Rotary International, a OMS, o CDC e UNICEF) a este salón da fama.{{sfn|Oshinsky|2005|p=112}}<ref>{{Cita novas | first=Winston | last=Skinner | title=Four added to Polio Hall of Fame at Warm Springs | date=15 de novembro de 2008 | publisher= | url=http://www.times-herald.com/Local/Four-added-to-Polio-Hall-of-Fame-at-Warm-Springs-589785 | work=The Times-Herald | pages= | accessdate=29 de maio de 2009 | archiveurl=https://web.archive.org/web/20100328073707/http://www.times-herald.com/Local/Four-added-to-Polio-Hall-of-Fame-at-Warm-Springs-589785 | archivedate=28 de marzo de 2010 | df=dmy-all | urlmorta=siyes }}</ref><ref>{{Cita novas | title=CDC Inducted into Polio Hall of Fame | date=23 de xaneiro de 2009 | publisher= | url=https://www.cdc.gov/news/2009/01/polio_hof/ | work=CDC In the News | pages= | accessdate= | archiveurl=https://web.archive.org/web/20150924132112/https://www.cdc.gov/news/2009/01/polio_hof/ | archivedate=24 de setembro de 2015 | urlmorta=siyes }}</ref> Rotary Internacional estableceu o 24 de outubro como o Día Mundial da Polio para conmemorar o nacemento de [[Jonas Salk]], quen liderara o primeiro equipo en desenvolver unha vacina contra a poliomielite, e que xunto á vacina oral desenvolvida por [[Albert Sabin]] supuxeron os alicerces do establecemento da iniciativa global para a erradicación da polio en 1988.<ref>{{Cita web |url=https://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/mm6141a6.htm |title=Announcement: World Polio Day — 24 October 2012 |date=19 de outubro de 2012 |website=CDC |publisher=Centers for Disease Control and Prevention |accessdate=7 de decembro de 2013 |deadurl=noyes |archiveurl=https://web.archive.org/web/20131212113105/http://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/mm6141a6.htm |archivedate=12 de decembro de 2013 |df=dmy-all }}</ref>
 
==Notas==