Diferenzas entre revisións de «Nestlé»

Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
(Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2)
 
== Nestlé en Galiza ==
[[Ficheiro:Fábrica en Ponteceso de Nestle Galiza.jpg|miniatura|esquerda|Acceso á fábrica de Nestle La Lechera en Ponteceso .]]
En España Nestlé instalouse en 1905 en La Penilla, [[Cantabria]] para a produción de leite infantil e despois [[leite condensado]] baixo a marca ''La Lechera''. A sede en España estableceuse en 1920 en [[Barcelona]]. En España ten unhas vendas de 2.085 millóns de euros dando traballo a 5.910 persoas de xeito directo<ref>{{Cita web |url=http://www.empresa.nestle.es/es/sobre-nestle/nestle-en-espana/home |título=Nestlé en España. |data-acceso=21 de xaneiro de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130118032037/http://www.empresa.nestle.es/es/sobre-nestle/nestle-en-espana/home |dataarquivo=18 de xaneiro de 2013 |urlmorta=siyes }}</ref>.
 
As orixes da fábrica de Nestlé en Pontecesures están en ILEPSA (''Industria Lechera Peninsular, Sociedad Anónima'') o 1 de febreiro de 1938. Iníciase a produción de leite condensado en probas o 16 de agosto de 1939, baixo a dirección de Arnaldo Semanedi. Elíxese Pontecesures como lugar para a fábrica por estar ben comunicado pola estrada Vigo-Santiago e polo seu porto polo que chega a folladelata para a fabricación dos botes e ao que chegaban os barcos cargados de leña empregada como combustible nas caldeiras da fábrica. Polo porto tamén saía parte da produción que era levada en barco ata o porto de [[Vilagarcía]] onde pasaba a buques máis grandes. Nestlé foi pioneira na recollida de leite en Galiza primeiro nas comarcas de [[Caldas de Reis]] e [[Moaña]], e máis tarde a [[Lalín]] e [[Allariz]]. Nesas zonas creáronse centrais de frío para a recollida de leite e o seu transporte a Pontecesures.
A finais de 1978, a fábrica pasou a producir baixo a marca La Lechera, ata entón fabricada en [[La Penilla de Cayón]] ([[Cantabria]]). En 1983 a fábrica de Pontecesures pasou a ser a única en España que producía coa marca Nestlé leite condensado, ata entón a produción repartíase en seis fábricas. En 1985, ILEPSA disolveuse e a fábrica pasou a integrarse en ''Sociedad Nestlé, Anónima Española de Productos Alimenticios'' actual Nestlé España S.A.
 
A fábrica de Pontecesures ten 35.000 m² de superficie, 13.800 m² construídos cunha capacidade de produción de 22.000 toneladas de leite condensado envasado baixo as marcas: La Lechera, Aly, El Castillo ou NUTRICIA. O 35% da súa produción expórtase a uns 12 países de Europa, África e Asia. A fábrica de Pontecesures ten certificacións ISO 9002 de calidade e ISO 14001 de xestión medioambiental. Na fábrica traballan 149 persoas<ref>{{Cita web |url=http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2012/05/30/fabrica-nestle-pontecesures-exporta-mitad-producciontalento-competitividad-endulzar-pouco-vida/0003_201205A30C3991.htm |título=La fábrica de Nestlé en Pontecesures ya exporta la mitad de su producción. La Voz de Galicia |data-acceso=21 de xaneiro de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130105041305/http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2012/05/30/fabrica-nestle-pontecesures-exporta-mitad-producciontalento-competitividad-endulzar-pouco-vida/0003_201205A30C3991.htm |dataarquivo=05 de xaneiro de 2013 |urlmorta=siyes }}</ref>.
 
Nestlé España foi multada xunto con outras dez empresas lácteas con 10,6 millóns de euros en 2015 pola Comisión Nacional de Mercados e Competencia por intercambiar información sobre prezos de compra de leite de vaca cru<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2015/03/03/competencia-multa-882-millones-varias-empresas-sector-lacteo/00031425406928035313950.htm Competencia multa con 88,2 millones a varias empresas del sector lácteo. lavozdegalicia.com]</ref>.
153.120

edicións