National Football League: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 16:
A tempada regular consiste nun calendario de dezasete semanas durante as cales cada equipo ten unha de descanso (denominada ''bye week''), consistindo en seis partidos contra rivais da mesma División, así como varios encontros interdivisionais e interconferenciais. A tempada comeza a noite do xoves da primeira semana completa de setembro (o xoves posterior ao "Labor Day") e prosegue a comezos de xaneiro. Ao finalizar a tempada regular, seis equipos de cada Conferencia disputan os ''[[playoffs]]'', un sistema de eliminación directa a un partido entre os doce equipos que culmina co partido polo campionato, coñecido como [[Super Bowl]]. Este encontro xógase nunha cidade predeterminada, normalmente nalgunha con equipo na NFL. A semana seguinte dispútase o [[Pro Bowl]], en [[Honolulu]], [[Hawaii]], na que se enfrontan ambas as Conferencias integradas polos seus mellores xogadores dese ano.
 
A pesar de considerarse o [[béisbol]] como o ''Pasatempo Nacional dos Estados Unidos'', o [[fútbol americano]] é o [[deporte]] máis popular no devandito país.<ref>{{Cita web |url=http://www.harrisinteractive.com/harris_poll/index.asp?PID=866 |título=The Harris Poll - Professional Football Still America's Favorite Sport |data-acceso=13 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100206214154/http://harrisinteractive.com/harris_poll/index.asp?PID=866 |dataarquivo=06 de febreiro de 2010 |urlmorta=siyes }}</ref> A NFL ostenta a maior asistencia de público por partido de todas as ligas profesionais do mundo, atraendo a 67.000 espectadores en cada partido nas tempadas [[2006]] e [[2007]].<ref>[http://www.nfl.com/news/story/9908132 NFL sets paid attendance record]</ref> Grazas á súa tradición, ao principio de colaboración entre os seus membros e á exitosa administración das súas propiedades, a NFL consolidouse como a franquía deportiva por excelencia nos Estados Unidos, cuxo mercado inclúe igualmente a entidades como a Major League Baseball ([[MLB]]), a National Basketball Association ([[NBA]]) e a National Hockey League ([[NHL]]), amplamente recoñecidas.
 
== Historia ==
Liña 33:
=== A NFL na actualidade ===
[[Ficheiro:Titans Texans.jpg|miniatura|300px|Partido da NFL de 2005 entre os [[Tennessee Titans]] e os [[Houston Texans]] no [[Reliant Stadium]], casa dos Texans.]]
A NFL continuou crecendo, expandíndose varias veces até a súa actual estrutura de 32 franquías, mentres que a Super Bowl converteuse en algo máis que un simple campionato de fútbol americano. Tratándose dun dos eventos máis televisados anualmente nos Estados Unidos<ref>{{Cita web |url=http://www.coldhardfootballfacts.com/documents/nfl_all_about_SB_1-07.pdf |título=NFL:America's Choice |data-acceso=14 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070808163024/http://www.coldhardfootballfacts.com/Documents/NFL_all_about_SB_1-07.pdf |dataarquivo=08 de agosto de 2007 |urlmorta=siyes }}</ref>, converteuse nunha das principais fontes de ingresos publicitarios para as cadeas de televisión que a retransmiten e serve de catapulta aos publicistas para iniciar grandiosas campañas de publicidade de novos produtos. A NFL creceu até tal punto de ser a máis popular en canto a espectadores de todas as ligas estadounidenses.
 
Unha das razóns que diferenciou á NFL respecto doutras grandes ligas norteamericanas é a aparente paridade entre os seus 32 equipos. A pesar de ser testemuña de equipos dominantes de cando en vez, a liga foi citada como unha das poucas nas que calquera equipo ten posibilidades reais de gañar o campionato cada ano.<ref>{{Cita web |url=http://www.harvardindependent.com/viewarticle.aspx?ArticleID=7657 |título=The Joys of parity |data-acceso=14 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070806081030/http://www.harvardindependent.com/ViewArticle.aspx?ArticleID=7657 |dataarquivo=06 de agosto de 2007 |urlmorta=siyes }}</ref> O acordo laboral acordado entre a liga e a Unión de Xogadores (NFLPA), que instaura un sistema de tope salarial, así como a repartición de dividendos entre tódolos equipos, impediu aos clubs máis ricos de asinar aos mellores xogadores, conseguindo así que equipos de pequenas cidades como os [[Green Bay Packers]] ou [[New Orleans Saints]] teñan a oportunidade de competir pola Super Bowl. Un dos artífices dese acordo foi o antigo xerente da NFL [[Paul Tagliabue]], quen presidiu a liga entre [[1989]]-[[2006]]. Cos novos acordos realizados en [[1993]], renovados en [[1998]] e [[2006]], a liga conseguiu manter os niveis salariais máis baixos de todas as grandes ligas estadounidenses e contribuíu a que a NFL sexa a única delas que non sufriu unha folga de xogadores paralizadora de actividades dende [[1993]].
 
Dende a chegada de [[Roger Goodell]] á presidencia da NFL na tempada [[2006]], estableceuse como unha prioridade regular a conduta dos xogadores. Varios xogadores de gran talento experimentaron problemas legais, dende Adam "Pacman" Jones a Michael Vick. Nestes casos en particular e noutros en xeral, o presidente Goodell castigou severamente as condutas con sancións duradeiras a quen infrinxan gravemente a política de conduta da NFL. Actualmente a liga ten oficinas en dúas cidades. A oficina principal atópase en [[Nova York]] e debido á popularidade da NFL nos estados do Sur e o Sueste, hai unha segunda oficina en [[Nashville]].
Liña 45:
O sistema de elección é o seguinte: o equipo con peor balance de vitorias/derrotas da última tempada disputada é quen elixe primeiro, sendo o segundo en elixir o que segundo peor balance presente e así sucesivamente. Con independencia do resultado final da tempada regular, as dúas últimas eleccións resérvanse para os dous equipos que disputaron a Super Bowl, sendo o seu gañador o último en escoller. O Draft consiste en sete roldas. As dúas primeiras lévanse a cabo en sábado, mentres que as cinco restantes organízanse o domingo. Os equipos teñen un tempo limitado para escoller aos xogadores.<ref>[http://football.about.com/library/weekly/bl_drafttimelimits.htm NFL Draft Basics:Time Limits by Round]</ref> Se non escollen no tempo predeterminado, pasan a súa quenda aos equipos seguintes. Isto ocorreulle por exemplo aos [[Minnesota Vikings]] en 2003.<ref>[http://espn.go.com/nfl/overview/vikings2003.html Off-season Overview: Minnesota Vikings]</ref>
 
Os equipos teñen a posibilidade de intercambiar as súas eleccións con outros equipos xa sexa por outras eleccións ou por xogadores, diñeiro ou unha combinación de todas as anteriores. Así como os traspasos de xogadores por xogadores son infrecuentes durante o resto do ano (en comparación con outras ligas deportivas), os intercambios son máis frecuentes o fin de semana do Draft. En [[1989]], os [[Dallas Cowboys]] traspasaron ao running back [[Herschel Walker]] aos [[Minnesota Vikings]] por cinco xogadores e seis eleccións de Draft para un período de 3 anos. Os Cowboys usarían tales eleccións para intercambialas de novo por novos xogadores e máis eleccións. Consecuencia directa dese traspaso, draftearon a moitas das estrelas que máis tarde axudarían a Dallas a conseguir tres Super Bowls na década dos [[1990|90]], entre os que se atopaban [[Emmitt Smith]], [[Russell Maryland]] e [[Darren Woodson]].<ref>{{Cita web |url=http://vikings.scout.com/2/11653.html |título=The Herschel Walker Trade |data-acceso=14 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070221212537/http://vikings.scout.com/2/11653.html |dataarquivo=21 de febreiro de 2007 |urlmorta=siyes }}</ref>
 
A primeira elección do Draft adoita centrarse no mellor xogador universitario do momento. Porén, en moitas ocasións os equipos draftean máis en función das necesidades do seu persoal que baseándose no potencial do xogador. Aínda así, considérase unha gran honra saír elixido na primeira rolda, e unha honra aínda máis grande, resultar ser o número uno do Draft. A última elección, na sétima rolda, é coñecida como ''Mr. Irrelevant'' (Sr. Irrelevante) e ten como conmemoración unha cea en [[Newport Beach]] ([[California]]).