Misery Signals: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 33:
 
=== Proxectos paralelos ===
Schubach emprendeu un proxecto de [[heavy metal]] en paralelo que recibiu o nome de Solace. Neste proxecto el foi o único membro da banda encargado de gravar a guitarra, o baixo e as voces nun estudio caseiro. A batería engadíaselle posteriormente de xeito dixital. Para financiar este proxecto, Schubach empregou o sistema de crowd funding e participou como vocalista nunha canción do grupo de metal-hardcore británico The Divided.<ref>{{Cita web |url=http://www.hevypetal.com/news/139/the-divided-announce-guest-vocalist |título=Copia arquivada |data-acceso=06 de abril de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120119153422/http://hevypetal.com/news/139/the-divided-announce-guest-vocalist |dataarquivo=19 de xaneiro de 2012 |urlmorta=siyes }}</ref>
 
O grupo de hardcore-punk Burning Empires constituíuse con membros de Misery Signals, Fall Out Boy e 7 Angels 7 Plagues, co vocalista Ryan Morgan, o baixista Kyle Johnson, os guitarristas Stu Ross and Matthew Mixon e o batería Andy Hurley. O grupo tamén lanzou unha marca de roupa e un selo discográfico baixo o nome de Fuck City.
Liña 44:
Despois dun considerable período de inactividade, Misery Signals publicou en novembro do 2010 un comunicado oficial sobre o estado do grupo. Este comunicado de prensa abordou a saída da banda de Ross e de Jonhson e anunciaba que a banda non se separara. Ryan Morgan comentou que "nos vindeiros meses volverémonos xuntar e volveremos". Sobre a continuidade do estilo do grupo e do seu nome, Morgan afirmou que "Stu e Kyle fixeron grandes contribucións, pero a traxectoria da banda segue sendo a mesma na súa ausencia. Se chegase un momento no que o noso son tomase un camiño totalmente diferente, entón xa non sería Misery Signals, e non finxiríamos o contrario".<ref>http://noisecreep.com/misery-signals-lose-members/</ref>
 
A primeira publicación de Misery Signals despois deste importante cambio na formación do grupo foi unha versión da canción de [[Pink Floyd]] ''Us and Them'' do seu álbum de 1973 ''The Dark Side of the Moon''. Esta versión incluíuse na banda sonora do videoxogo ''Homefront'', que se publicou de xeito gratuíto para a súa descarga dixital o 22 de marzo do 2011.<ref>{{Cita web |url=http://gunshyassassin.com/news/dillinger-escape-plan-as-i-lay-dying-provide-covers-for-free-soundtrack/ |título=Copia arquivada |data-acceso=11 de agosto de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120311003533/http://gunshyassassin.com/news/dillinger-escape-plan-as-i-lay-dying-provide-covers-for-free-soundtrack/ |dataarquivo=11 de marzo de 2012 |urlmorta=siyes }}</ref>
 
En abril do 2011, Karl Schubach publicou uns chíos na rede social [[Twitter]] mencionando o traballo da banda e dixo "estámonos centrando en poñer ao día os novos membros". A nova formación aparecería xa na xira Crush Em All no 2011. A comezos do 2012 o grupo declarou que estaban traballando en novo material para o seu próximo disco. O vocalista principal Karl Schubach afirmou nunha entrevista: "penso que todas as bandas queren progresar con cada novo disco que publican. Porén, ás veces o progreso consiste en saber o que funcionou ben nos disos anteriores e incorporar eses elementos. Ata agora as novas cancións son unha mestura decidida do noso disco máis recente e mellor estruturado, ''Controller'', co caos e espontaneidade do anterior, ''Of Malice and the Magnum Heart''". Os membros do grupo reuníronse no estudio para a gravación do novo disco e comezaron unha campaña de financiamento para a gravación, publicidade e impresión do novo disco, que actualmente leva o selo de Basick Records.