Memoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 25:
A memoria a curto prazo permite recuperar información durante un período que vai dende uns cantos segundos até un minuto sen ningún tipo de adestramento. A súa capacidade é igualmente limitada: Mentres [[George Armitage Miller|George A. Miller]] (1956), traballaba nos [[Bell Labs|Laboratorios Bell]], conduciu unha serie de experimentos amosando que a capacidade de almaceamento da memoria a curto prazo era de 7±2 elementos. Estimacións actuais apuntan que a capacidade da memoria a curto prazo e menor, normalmente de entre 4–5 elementos,<ref>{{Cita publicación periódica | autor = Cowan, N. | ano = 2001 | título = The magical number 4 in short-term memory: A reconsideration of mental storage capacity | url = | revista = Behavioral and Brain Sciences | volume = 24 | issue = | páxinas = 97–185 }}</ref> porén, a capacidade desta memoria pode mellorarse por medio dun proceso chamado [[Trozeado (psicoloxía)|trozeado]].{{Cómpre referencia}} Por exemplo, tentando lembrar un [[número de teléfono]] de nove díxitos, unha persoa pode trozear os díxitos en tres grupos: primeiro, o prefixo da área (por exemplo 986), logo un grupo de tres díxitos (123) e por último outro grupo de tres díxitos (456). Este método de lembrar números de teléfono é moito máis efectivo que tentar lembrar un grupo enteiro de 9 díxitos; isto débese a que o ser humano e quen de dividir a información en grupos de números con significado. [[Herbert Simon]] amosou que o tamaño ideal para dividir letras ou números, con significado ou non, era tres.{{Cómpre referencia}} Isto reflíctese nalgúns países na tendencia a lembrar números de telefono en varios anacos de tres números.
 
A memoria a curto prazo, crese que se basea principalmente nun código acústico para almacenar a información, e en menor medida nun código visual. Conrad (1964)<ref name="Conrad (1964)">{{Cita publicación periódica | autor = Conrad, R. | ano = 1964 | título = Acoustic Confusions in Immediate Memory | url = http://step.psy.cmu.edu/articles/Conrad64.doc | revista = British Journal of Psychology | volume = 55 | issue = | páxinas = 75–84 | data = | data-acceso = 01 de novembro de 2010 | urlarquivo = https://web.archive.org/web/20070628193757/http://step.psy.cmu.edu/articles/Conrad64.doc | dataarquivo = 28 de xuño de 2007 | urlmorta = siyes }}</ref> descubriu que os suxeitos de proba tiñan máis dificultade para lembrar as coleccións de palabras acusticamente semellantes (por exemplo, can, pan, man, sán, chán).
 
Porén, notificouse que algúns individuos son quen de lembrar grandes cantidades de información, de forma rápida, e ser capaz de lembrar a información en cuestión de segundos.{{Cómpre referencia}}