Margaret Court: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
 
Liña 2:
'''Margaret Jean Court''', tamén coñecida polo seu nome de casada, '''Margaret Smith Court''', nada en [[Perth]] o [[16 de xullo]] de [[1942]], é unha [[tenis]]ta [[australia]]na, considerada por algúns a mellor tenista de todos os tempos.
 
En 1970, converteuse na primeira muller da [[era aberta]] que gañou os catro títulos individuais dos torneos do [[Grand Slam]] no mesmo ano. Court venceu un número récord de 24 títulos individuais de Grand Slam, máis que calquera outro tenista. En total gañou un récord de 62 títulos de Grand Slam, incluíndo 19 de dobres e outros 19 de dobres mixtos, tamén máis que ningún outro xogador na historia. Con todo, algunhas persoas lembran o feito de que a maioría dos seus once títulos no [[Aberto de Australia]] foron obtidos nunha época en que poucos tenistas de nivel mundial facían a longa viaxe ata Australia, e polo tanto a competición era máis feble que nos torneos de [[Campionato de Wimbledon|Wimbledon]] ou do [[United States Open Tennis Championships|US Open]]. O [[Salón da Fama Internacional do Tenis]] declarou "nunca houbo unha tenista capaz de igualala".<ref name="ITHF">{{cita web|url=http://www.tennisfame.com/famer.aspx?pgID=867&hof_id=150|publicación=Salón da Fama Internacional do Tenis|título=Membros do Salón da Fama - Margaret Court Smith|data-acceso=14 de febreiro de 2007|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20061119112638/http://www.tennisfame.com/famer.aspx?pgID=867&hof_id=150|dataarquivo=19 de novembro de 2006|urlmorta=siyes}}</ref> Court gañou 7 de cada 8 títulos de Grand Slam que disputou nun período de dous anos (entre 1969 e 1970), feito igualado só por Steffi Graf. Court tamén gañou 3 de cada 4 Slams en 1962 e en 1965. Ningún outro tenista gañou 3 ou máis abertos nun ano por catro veces.
 
A segunda pista principal do complexo do Australian Open en Melbourne foi nomeada Margareth Smith na súa homenaxe.