Diferenzas entre revisións de «Marcelino Oreja Aguirre»

Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
(Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1)
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2)
 
Nas [[Eleccións xerais de España de 1979|eleccións xerais de 1979]] foi elixido [[deputado]] ao [[Congreso dos Deputados de España|Congreso]] pola [[provincia de Guipúscoa]] como cabeza de lista da candidatura da UCD. O [[25 de novembro]] de [[1980]], foi nomeado delegado do Goberno no País Vasco, deixando o seu escano ao número dous por Guipúscoa, o seu sobriño [[Jaime Mayor Oreja.]] Ocupou o cargo até mediados de 1982. Tras a desintegración do seu partido nas [[Eleccións xerais de España de 1982|eleccións de 1982]], nas que obtivera a acta de deputado de novo, por [[Áraba]] na lista conxunta que presentaron no País Vasco [[Alianza Popular]], o [[Partido Demócrata Popular]], o [[Partido Demócrata Liberal]] e [[Unión de Centro Democrático]]. Foi Secretario Xeral do [[Consello de Europa]] en [[1984]]. En [[Eleccións ao Parlamento Europeo de 1989 (España)|1989]] foi elixido [[Parlamento Europeo|parlamentario europeo]] nas listas do [[Partido Popular]] e colaborou na redacción do primeiro borrador dun modelo de [[Constitución]] para a [[Unión Europea]] en [[1993]].
 
Posteriormente presentouse de novo ás [[Eleccións xerais de España de 1993|eleccións en España en 1993]] pola [[Áraba|provincia de Álava]] nas filas do Partido Popular, sendo elixido deputado. Máis tarde foi designado [[Comisión Europea|Comisario Europeo]] de Transportes e Enerxía en [[1994]] e participou na elaboración do [[Tratado de Maastricht]]. Terminado o seu mandato en 1999, no que se ocupou de Relacións co Parlamento Europeo, relacións cos Estados Membros (en materia de Comunicación, Transparencia e Información), Cultura e Sector Audiovisual, Oficina de Publicacións, Asuntos Institucionais e Preparación da Conferencia Intergobernamental de 1996 (conxuntamente co Presidente [[Jacques Santer]]) abandonou a actividade política para dedicarse á empresa privada. É membro da [[Real Academia de Ciencias Morais e Políticas]] e da [[Academia Europea de Ciencias e Artes]]. Tamén é Presidente do Instituto de Estudios Europeos da [[Universidade CEU San Pablo]].<ref>{{cita web|url=http://www.cecod.org/es-es/qui%C3%A9nessomos/institutouniversitariodeestudioseuropeos.aspx|título=Instituto Universitario de Estudios Europeos|dataacceso=20 de abril de 2016|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160411235129/http://cecod.org/es-es/qui%C3%A9nessomos/institutouniversitariodeestudioseuropeos.aspx|dataarquivo=11 de abril de 2016|urlmorta=siyes}}</ref>
 
O [[9 de abril]] de [[2010]] foi nomeado marqués de Oreja<ref>Prutkov, Kozma, ''Annuaire de la Noblesse Moderne des Maisons Principales de l'Europe'', Montréal, 2010 (ISSN 1925-5594) [http://epe.lac-bac.gc.ca/100/201/300/annuaire_noblesse/2010.pdf (fr)]</ref> polo Rei [[Xoán Carlos I]] en recoñecemento á súa traxectoria.<ref>[http://www.boe.es/boe/dias/2010/04/09/pdfs/BOE-A-2010-5683.pdf BOE Núm. 86 Viernes 9 de abril de 2010 Sec.]</ref>
147.186

edicións