Diferenzas entre revisións de «Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga»

Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
(Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1)
(Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2)
{{Outros homónimos|Elisa e Marcela (homónimos)}}
[[Ficheiro:Marcela y Elisa.jpg|miniatura|200px|Marcela e Elisa trala voda]]
'''Marcela Gracia Ibeas''' e '''Elisa Sánchez Loriga''' foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo de España do que hai constancia. Casaron o [[8 de xuño]] de [[1901]] na [[A Coruña|Coruña]], as sete da mañá<ref>{{Cita web|url=http://milhomes.es/es_acciones_cultura_mh_elisa_y_marcela_4.html|páxina-web=Colectivo milhomes|título=Marcela y Elisa - La boda|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100404163903/http://milhomes.es/es_acciones_cultura_mh_elisa_y_marcela_4.html|data-acceso=7 de xullo de 2018|lingua=es|dataarquivo=04 de abril de 2010|urlmorta=siyes}}</ref> na [[Igrexa de San Xurxo da Coruña|igrexa parroquial de San Xurxo]], e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina<ref name="ElMundo">{{Cita web|url=http://www.elmundo.es/cronica/2002/350/1025512666.html|páxina-web=|título=Son dos mujeres y se casaron en 1901|data-acceso=7 de xullo de 2018|lingua=es|last=García Solano|first=Manuel|xornal=El Mundo|date=30-06-2002}}</ref><ref name=Primer>{{Cita web|title = El primer matrimonio gay en España| publisher = 20 minutos| date = 08-06-2006| url = https://www.20minutos.es/noticia/128859/0/bodas/gay/mujeres/| accessdate = 09-06-2018}}</ref><ref name=ElPais>{{Cita web| last = Rivas | first = Manuel| title = Sae da sombra a poesía amatoria de Blanco Amor | xornal= El País| date = 09-03-2007| url = http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Sae/da/sombra/poesia/amatoria/Blanco/Amor/elpepuespgal/20070309elpgal_30/Tes| accessdate = 17-06-2007}}</ref>.
 
A nova da súa voda difundiuse axiña por toda España e por varios países europeos. Aínda non se sabe o que aconteceu con elas trala súa fuxida á [[Arxentina]].
En 1902 publicouse o libro ''La sed de amar'', do escritor [[Estremadura|estremeño]] [[Felipe Trigo]], que tivo unha gran repercusión na época.<ref>"El erotismo en las novelas de Felipe Trigo" de Alma Taylor Watkins (dispoñible en internet, páx. 102 do pdf).</ref> Esta obra incorpora a historia de Marcela e Elisa dándolles os nomes de Rosa e Claudia. O perfil das mulleres e a historia da súa relación transcribe con case total equivalencia a historia real. O propio autor fai constar a pé de páxina nalgunhas versións publicadas que a historia é real e que ocorreu na Coruña en 1901.<ref>"Decimonónica - Revista de producción cultural hispana" da [[Universidade do Norte de Illinois]]. Nesta revista aparece o artigo de Louise Ciallella: "Making Emotion Visible - Felipe Trigo and ''La sed amar''", que informa da publicación do libro e de como recolle as figuras de Marcela e Elisa.</ref>
 
En 2003, o redactor xefe da [[cadena SER]] Isaías Lafuente publicou o libro ''Agrupémonos Todas'' (2003), no que fixo un percorrido polo máis destacado do [[feminismo]] no século XX. Nesa obra sinala a historia de Marcela e Elisa como un dos feitos máis significativos relacionados con este movemento acontecidos en Galicia xunto coa figura de [[Emilia Pardo Bazán]].<ref>{{Cita web|url=http://www.felgt.org/temas/varios/i/14114/106/fallado-el-premio-marcela-y-elisa|páxina-web=FELGTB|título=Fallado el Premio Marcela y Elisa|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070927015451/http://www.felgt.org/temas/varios/i/14114/106/fallado-el-premio-marcela-y-elisa|data-acceso=7 de xullo de 2018|lingua=es|dataarquivo=27 de setembro de 2007|urlmorta=siyes}}</ref>
[[Ficheiro:Rótulo - Rúa Marcela e Elisa.jpg|miniatura|Rótulo da rúa Marcela e Elisa na Coruña]]
O 18 de decembro de 2008 presentouse no paraninfo da [[Universidade da Coruña]] o libro de [[Narciso de Gabriel]] ''Elisa e Marcela - Alén dos homes'', traballo de máis de 300 páxinas que recolle o periplo da parella entre que fuxiron da Coruña en xuño de 1901 ata o ano 1904.
A finais de 2011, a [[Universidade da Coruña]] presentou na sala "La Normal", unha exposición sobre o momento histórico vivido por estas mulleres así como a súa propia historia. Nun dos paneis contábase que a prensa mexicana anunciara en 1909 o suicidio de Elisa.<ref name="Público">{{cita novas| apelidos= Martiño|nome= Henrique| url = http://www.publico.es/sociedad/marcela-elisa-lesbianas-suicidio-muerte.html | título = El trágico destino de Marcela y Elisa, las únicas lesbianas casadas por la Iglesia: ¿suicidio o cáncer terminal? | xornal= Público |data= 5 de novembro de 2016 |dataacceso= 26 de xullo de 2018 | lingua= es}}</ref>
 
En [[2017]] a compañía de teatro [[A Panadaría]] coproduciu co [[Centro Dramático Galego]] e os concellos de [[Rianxo]], [[Vimianzo]] e [[A Coruña]] a obra ''[[Elisa e Marcela (obra)|Elisa e Marcela]]'' que narra a historia delas.<ref>{{cita web|apelidos=Dopico|nome=Montse|título=A Panadaría: “Naces e asígnanche un lugar, un posto obrigatorio no binomio sexo/xénero”|url=http://praza.gal/cultura/15342/a-panadaria-lnaces-e-asignanche-un-lugar-un-posto-obrigatorio-no-binomio-sexoxeneror/|xornal=Praza|data=3 de novembro de 2017}}</ref><ref>{{cita web|título=Elisa e Marcela|url=http://apanadaria.es/#espectaculos|editor=A Panadaría|dataacceso=6 de novembro de 2017|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20171107024526/http://apanadaria.es/#espectaculos|dataarquivo=07 de novembro de 2017|urlmorta=siyes}}</ref>
 
En 2018, o concello da Coruña inaugurou en [[San Roque de Fóra, Visma, A Coruña|San Roque de Fóra]] unha rúa co nome Marcela e Elisa.<ref>{{cita novas|url=https://galego.laopinioncoruna.es/coruna/2018/06/08/coruna-cuenta-calle-dedicada-matrimonio/1299207.html |título=A Coruña conta xa cunha rúa dedicada ao matrimonio de Marcela e Elisa|lugar=A Coruña|xornal=La Opinión|dataacceso=8 de xuño de 2018|data=8 de xuño de 2018}}</ref>
182.533

edicións