Liña Betanzos - Ferrol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 6:
== Historia ==
=== Antecedentes e construción ===
Coa chegada do ferrocarril á [[A Coruña|Coruña]] desde [[Lugo]] en [[1875]] abriuse a posibilidade de xerar un ramal ata [[Ferrol]]. Este acceso tería un alto valor estratéxico polas instalacións militares e os estaleiros situados no [[Porto de Ferrol|porto da cidade]]. En [[1877]] realizouse unha primeira poxa para outorgar a concesión da liña que non atopou adxudicatario.<ref name=Torner>{{Cita Web|autor=Juan Peris Torner|título=De Betanzos a Ferrol|url=http://www.spanishrailway.com/2012/02/13/betanzos-a-ferrol/|dataacceso=3 de agosto de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20180722125447/http://www.spanishrailway.com/2012/02/13/betanzos-a-ferrol/|dataarquivo=22 de xullo de 2018|urlmorta=siyes}}</ref> Non correu mellor unha sorte unha segunda poxa celebrada en [[1880]] ao quedar tamén deserta.<ref name=Torner /> As empresas ferroviarias privadas non atopaban alicientes ante unha liña que a pesar do seu curto percorrido esixía notables obras de enxeñeira para a época como túneles e pontes sobre a [[ría de Ferrol|ría]]. Ante tal situación, e dado que ao cabo eles eran os máis interesados no trazado foi o propio goberno con fondo públicos o que decidiu correr coa obra, non sen tentar novas poxas que tamén resultaron erradas.
 
A construción da liña correu a cargo da Primeira división de Ferrocarrís a cuxo mando estaba o enxeñeiro de camiños Felipe Gutiérrez e prolongouse durante máis dunha década, mostrando as enormes dificultades que tiña o Estado para acabar coa obra. O custo final superou os dez millóns de pesetas.<ref name="El País" />​ Finalmente, o 5 de maio de [[1913]], operativa pero inacabada foi aberta ao tráfico en vésperas da botura do [[Acoirazado España|acoirazado ''Afonso XIII'']] debido á presión popular.<ref name=Torner />