Lingua piemontesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Bandiera_della_regione_Piemonte.svg" por "Flag_of_Piedmont.svg" segundo o ordenou CommonsDelinker. Moti
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 49:
Como noutras partes de Italia, o italiano é a lingua predominante na comunicación diaria. O emprego da lingua piemontesa non foi nunca favorecido primeiro polo [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]] e tampouco posteriormente, oficialmente para evitar a discriminación contra os numerosos inmigrados do Sur de Italia, sobre todo en [[Turín]]. Con todo, en [[2004]], o piemontés foi recoñecido como lingua rexional do [[Piemonte]] polo parlamento rexional, mais sen ningún recoñecemento polo goberno central italiano. En teoría, é posible ensinar o piemontés aos nenos no colexio, pero na práctica isto é pouco frecuente.
 
Na última década asistiuse á publicación de material didáctico para os colexios, así como tamén de revistas para o gran público. Tamén se organizaron cursos para os adultos que xa están fóra do sistema escolar para recuperar o tempo perdido. Non obstante estes progresos, a situación actual do piemontés é bastante grave posto que, segundo unha enquisa recente,<ref>{{Cita web |url=http://www.gruppi.consiglioregionale.piemonte.it/mistoriformisti/piemontese.htm |título=Coñecemento do piemontés na cidade e provincia de Turín por ''Euromarket'' |data-acceso=07 de novembro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20060207224605/http://www.gruppi.consiglioregionale.piemonte.it/mistoriformisti/piemontese.htm |dataarquivo=07 de febreiro de 2006 |urlmorta=siyes }}</ref> nos últimos 150 anos a porcentaxe de persoas que coñecen a lingua [[escrita]] diminuíu até un 2% dos falantes nativos. Por outra banda, a mesma enquisa sinalou que o piemontés segue sendo falado por máis da metade da poboación. Este resultado foi confirmado por fontes prestixiosas, que indican o número de falantes oscila entre 2 millóns (Assimil<ref>[http://www.assimil.it Il Piemontese in Tasca, curso elemental e guía de conversación en lingua piemontesa, publicado por Assimil Italia en 2006]</ref>) e 3 millóns (Ethnologue<ref>[http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=pms O piemontés en Ethnologue]</ref>), sobre unha poboación de 4,2 millóns de habitantes. Os esforzos para obter o recoñecemento do piemontés como unha das linguas oficiais dos Xogos Olímpicos de inverno 2006 de Turín non tiveron éxito.
 
== Notas ==