Lignina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de un > dun
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 33:
[[Ficheiro:LigninPolymerisation.png|miniatura|200px|'''Fig. 4''': Polimerización do [[alcohol coniferílico]] para formar lignina. A reacción ten dúas rutas alternativas [[catalise|catalizadas]] por dous encimas oxidativos diferentes, [[peroxidase]]s ou [[oxidase]]s.]]
 
A lignina é unha macromolécula [[mestura racémica|racémica]] reticular cunha [[masa molecular]] superior a 10.000 [[Dalton (unidade)|daltons]]. É relativamente [[hidrofóbico|hidrofóbica]] e de natureza [[aromaticidade|aromática]]. O grao de polimerización que ten na natureza é difícil de medir, xa que se fragmenta durante a súa extracción e a [[molécula]] consta de varios tipos de subestruturas que parecen repetirse dunha maneira caótica. Describíronse diferentes tipos de lignina dependendo do medio utilizado para o seu illamento.<ref>{{Cita web|url=http://www.lignin.org/01augdialogue.html|title=Lignin and its Properties: Glossary of Lignin Nomenclature|accessdate=2007-10-14|last=|first=|autor2=|year=2001|work=Dialogue/Newsletters Volume 9, Number 1|publisher=Lignin Institute|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20071009010219/http://www.lignin.org/01augdialogue.html|dataarquivo=09 de outubro de 2007|urlmorta=siyes}}</ref>
 
Hai tres monómeros de [[monolignol]], que están [[metoxi]]lados en distintos graos: o [[alcohol paracumarílico|alcohol ''p''-cumarílico]], [[alcohol coniferílico]], e [[alcohol sinapílico]]<ref>{{cita libro|autor= K. Freudenberg & A.C. Nash (eds)|ano=1968|título=Constitution and Biosynthesis of Lignin|location=Berlin|editor=Springer-Verlag}}</ref> (Figure 3). Estes lignois son incorporados á lignina en forma dos [[fenilpropanoide]]s ''p''-hidroxifenil (H), guaiacil (G), e siringal (S), respectivamente.<ref name=boerjan/> As [[ximnosperma]]s teñen unha lignina que consiste case enteiramente en guaiacil, con pequenas cantidades de ''p''-hidroxifenil. A das [[anxiospermas]] [[dicotiledónea]]s é xeralmente unha mestura de guaiacil e siringal (con pouco ''p''-hidroxifenil), e a das [[monocotiledónea]]s é unha mestura dos tres.<ref name=boerjan/> Todas as ligninas teñen pequenas cantidades de monolignois incompletos ou modificados, e abundan outros monómeros en plantas non leñosas.<ref>{{Cita publicación periódica|author=J. Ralph, ''et al.''|year=2001|title=Elucidation of new structures in lignins of CAD- and COMT-deficient plants by NMR|journal=Phytochem.| volume=57|issue=6 |pages=993–1003|doi=10.1016/S0031-9422(01)00109-1}}</ref>
Liña 51:
A degradación da lignina fana fungos e bacterias. A [[lignina peroxidase]] (ou "[[ligninase]]", con [[número EC]] 1.14.99) é unha [[hemoproteína]] do fungo ''[[Phanerochaete chrysosporium]] '' que presenta varias reaccións de degradación da lignina, todas dependentes do [[peróxido de hidróxeno]] para poder incorporar osíxeno molecular nos produtos de reacción. Hai tamén outros encimas microbianos que se cre están envolvidos na biodegradación da lignina, como a manganeso peroxidase, laccase, e celobiosa deshidroxenase.
 
Os compostos relacionados coa lignina poden ser posteriormente procesados polas bacterias. Por exemplo, a bacteria aeróbica [[gramnegativa]] do solo ''[[Sphingomonas paucimobilis]]'' pode degradar os compostos químicos bifenilo relacionados coa lignina.<ref>{{Cita web |url=http://aem.highwire.org/cgi/content/abstract/64/7/2520 |título=Cloning of a Sphingomonas paucimobilis SYK-6 Gene Encoding a Novel Oxygenase That Cleaves Lignin-Related Biphenyl and Characterization of the Enzyme. Xue Peng, Takashi Egashira, Kaoru Hanashiro, Eiji Masai, Seiji Nishikawa, Yoshihiro Katayama, Kazuhide Kimbara and Masao Fukuda, Appl Environ Microbiol, July 1998, p. 2520-2527, Vol. 64, No. 7 |data-acceso=16 de marzo de 2012 |urlarquivo=https://archive.is/20120709102907/http://aem.highwire.org/cgi/content/abstract/64/7/2520 |dataarquivo=09 de xullo de 2012 |urlmorta=siyes }}</ref>
 
== Pirólise ==
Liña 60:
A [[madeira]] moi lignificada ten unha gran duración e é unha boa materia prima para moitas aplicacións. É tamén un excelente combustible, xa que a lignina produce máis enerxía ao arder cá celulosa. A polpa de madeira de alto rendemento ou mecánica utilizada para facer papel de prensa contén a maioría da lignina presente inicialmente na madeira. Esta lignina é a responsable de que o papel de periódico se poña amarelo co tempo.<ref name="eero"/> A lignina debe ser retirada da polpa de madeira antes de producir a partir dela papel branqueado de alta calidade.
 
No proceso do sulfito para facer polpa de madeira, a lignina é eliminada da polpa como [[sulfonato]]s. Estes [[lignosulfonato]]s teñen varias aplicacións:<ref>{{Cita web|url=http://www.lignin.org/whatis.html|title=Uses of lignin from sulfite pulping|accessdate=2007-09-10|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20071009004745/http://www.lignin.org/whatis.html|dataarquivo=09 de outubro de 2007|urlmorta=siyes}}</ref>
 
* [[Dispersante]]s no [[cemento (construción)|cemento]] de alto rendemento, tratamento de augas e tinturas téxtiles.