Lakshmibai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 18:
Jhansi, so o goberno de Lakshmibai, permaneceu en paz entre agosto de 1857 e xaneiro de 1858 e malia os británicos anunciaren o envío inmediato de tropas o certo é non chegou continxente ningún, o que reforzou a posición na corte dos partidarios da independencia do dominio británico. Cando as forzas británicas chegaron finalmente a cidade en marzo atopárona ben defendida e o forte preparado para rexeitar calquera ataque. O comandante das forzas británicas, Hugh Rose, esixiu a capitulación e de facer caso omiso procedería á destrución do cidade<ref name="Edwardes"/>. Logo de deliberar cos seus asesores, a rani proclamou que loitaría pola independencia<ref name="Edwardes"/>. Os británicos principiaron o asedio a Jhansi o 23 de marzo de 1858 e ao día seguinte bombardearon a cidade, os defensores contraatacaron con fogo intenso, repararon os danos nas defensas e pedíronlle axuda a Tatya Tope, un dos líderes da revolta de 1857<ref name="Edwardes"/> e persoalmente, con Rao Sahib, comandou un exércido de 20 000 homes que se dirixiu á cidade mais os británicos venceron no enfrontamento entre as dúas forzas o 31 de marzo e o 2 de abril catro columnas británicas asaltaron as defensas en diferentes puntos e intentaron escalar os muros, baixo un fogo moi vivo. Outras dúas columnas conseguiran penetrar na cidade con ordes de se dirixir ao palacio, atoparon unha dura resistencia nas rúas e en cada estancia do propio palacio. A loita na rúa continuou todo o día seguinte, sen tregua nin clemencia ningunha<ref name="Edwardes"/>. A rani retirouse do palacio ao forte e logo de oír os seus asesores decidiu que a resistencia na cidade era infrutuosa e mellor había ser marchar para se unir ás forzas de Tatya Tope ou de Rao Sahib<ref name="Edwardes"/>.
[[Ficheiro:The place from where Rani Lakshmibai jumped.jpg|miniatura|Lugar onde, segundo a tradición, saltou a Rani de Jhansi para fuxir dos británicos.]]
A tradición afirma que Lakshmibai montou no seu cabalo Badal con Damodar Rao ás costas e saltou os muros da cidade; o que supuxo a morte do animal, quedando eles dous indemnes<ref>{{cite web|url=http://www.remarkableindia.com/jhansi.php|title=Jhansi|publisher=Remarkable India|accessdate=27 de outubro de 2012|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20121010073528/http://remarkableindia.com/jhansi.php|dataarquivo=10 de outubro de 2012|urlmorta=siyes}}</ref>. Sexa como for, a rani escapou co seu fillo pola noite, rodeada dunha garda armada<ref name="Jerosch">{{cita libro|título= Rani of Jhansi, Rebel against will|autor= Rainer Jerosch|editorial= Aakar Books|ano=2007|páxina= 206}}</ref>. En [[Kalpi]] uníronselle as forzas de Tatya Top<ref name="Edwardes"/> e ocuparon a cidade pero sufriron unha nova derrota a mans dos británicos e dirixíronse cara a [[Gwalior]], ocuparon a cidade sen oposición e proclamaron a Nana Sahed como ''peshwa'' dun renacido dominio maratha. As forzas de Rose tomaron a localidade veciña de Moar o 16 de xuño e avanzaron con éxito en dirección a Gwalior. Ao día seguinte en Kotah-ki-Serai, preto do forte da cidade, un escuadrón do 8º Rexemento de húsares irlandeses baixo as ordes do [[Clement Walker Heneage|capitán Heneage]] loitou contra unha gran forza india dirixida por Lakshmibai, que pretendía abandonar a zona, o que resultou no masacre de 5000 soldados indios<ref>{{cita libro|autor= Gold, Claudia|ano= 2015|título=Women Who Ruled: History's 50 Most Remarkable Women|páxina=253}}</ref>. Segundo un testemuño británico contemporáneo, foi nesta acción onde a rani quedou ferida de morte<ref>{{cite web|author=Allen Copsey |url=http://www.copsey-family.org/~allenc/lakshmibai/smith-gwalior.html |title=Brigadier M W Smith Jun 25th 1858 to Gen. Hugh Rose |publisher=Copsey-family.org}}</ref>.
[[Ficheiro:Laxmibai's statue in Solapur.JPG|miniatura|Estatua ecuestre de Lakshmibai en Solapur]]
== Legado ==