Karate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo lingua
Recuperando 11 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 31:
A influencia chinesa foi maior nun primeiro estadio de desenvolvemento, cambiando un paradigma primitivo dunha loita simple con agarramento e proxeccións, con máis énfase nos golpes traumáticos, e fíxose sentir nas técnicas dos estilos máis fluídos e pragmáticos da China meridional.<ref name="ref7">{{Cita libro|apelidos=Higaonna|nome=Morio|título=Traditional Karatedo Vol. 1 Fundamental Techniques|ano=1985|isbn =0-87040-595-0|páxina=17|lingua=inglés}}</ref> Despois, en razón do cambio do escenario xeopolítico, comezou o tempo de predominio das disciplinas de combate do Xapón e, nese período, o máis común era simplificar aínda máis os movementos de orixe do ''chuan fa'', facéndoos máis directos e renunciando a aquilo que non fose útil, como movementos acrobáticos ou que eran executados máis por razóns estéticas.<ref name="ref2"/>
 
O repertorio de técnicas do karate reúne principalmente golpes contundentes (''[[atemi waza]]''), como patadas, sopapos, xeonlladas etc., executados todos coas mans desarmadas. Porén, técnicas de proxección, inmobilización e bloqueos (''[[nage waza]]'', ''[[katame waza]]'', ''[[uke waza]]'') tamén poden ser ensinadas, con maior ou menor importancia dependendo de onde se practica e quen é o instrutor.<ref name="ref4">{{Cita web|lingua=inglés|url=http://www.wakefieldmeibukan.com/whatismeibukankarate.htm|título=What is Okinawa Goju Ryu Karate-Do? - Wakefield Traditional Karate Association|dataacceso=23 xaneiro 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130207061341/http://www.wakefieldmeibukan.com/whatismeibukankarate.htm|dataarquivo=07 de febreiro de 2013|urlmorta=siyes}}</ref>
 
''Grosso modo'', pódese afirmar que a evolución desta arte marcial foi conducida por grandes mestres, que a formaron e asentaron seus principios, rematando no karate moderno. O paradigma tradicional de ensino era da maneira xaponesa, con base nos ''[[kata]]'' (secuencia de técnicas, simulando loita con varias aplicacións prácticas). Mais o modelo que se fixou e rixe ata hoxe baséase en tres piares: ''[[kihon]]'' (técnicas básicas), ''[[kata (karate)|kata]]'' e ''[[kumite]]'' (enfrontamento en si, que pode ser simple simulacro ou darse de forma deportiva e competitiva ou máis próxima á realidade).<ref name="ref6">{{cita web|lingua=inglés|url=http://uechi-ryu.com/content/pdf/bubishi_article_by_stanic_milos.pdf|dataacceso=23 de novembro de 2014|formato=PDF|título=Okinawan Bubishi|autor=Stanić Miloš}}</ref>
Liña 58:
Entrementres, o dominio xaponés consolidouse cun duro golpe para o pobo okinawano cando, en [[1609]], o clan samurai de Satsuma, coa aprobación do emperador do Xapón, subxugou a rexión e engandiu ao imperio nipón o Reino de Lequias. Nesta invasión, os samurais encontraron pouca ou ningunha resistencia, porque, dadas as circunstancias, o rei local declarara que a vida era o máis importante tesouro e recomendou que a poboación das illas non protestase ou contestase a agresión estranxeira.
 
Trala invasión, Lequias aínda permanecera na situación de estado máis ou menos autónomo, pero, ao contrario do escenario anterior, baixo o control e a influencia do Xapón, que se tornaba paulatinamente preponderante, pois os samurais impuñan os seus propios pensamentos. Desta época, inclusive, data a introdución do estilo [[Jigen-ryu]], de [[kenjutsu]].<ref>{{Cita web|lingua=castelán|url=http://www.okinawakarate.com.ar/histkar.html|título=Historia Shorin Ryu|dataacceso=29 de marzo de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090321024604/http://www.okinawakarate.com.ar/histkar.html|dataarquivo=21 de marzo de 2009|urlmorta=siyes}}</ref>
 
=== Mans de Okinawa ===
Liña 67:
De forma distinta do que é o karate contemporáneo, o combate en ''mutō'' realízase con empurróns ao inicio e, despois, séguese con técnicas de derrubamento e luxación. Vencía aquel que derrubase ou sometese ao contrario. Era unha práctica cuxo principal obxectivo era o entretemento, mais que, segundo algúns autores e mestres, sería a semente do karate, que foi entón paulatinamente sendo moldeado e modificado so a influencia do boxeo chinés do Sur.<ref>{{Cita libro|lingua=portugués|título=Karate-do, meu modo de vida|autor=Funakoshi, Gichin|localización=São Paulo|editor=Pensamento-Cultrix|ano=1975|páxina=129}}</ref><ref>{{Cita libro|lingua=inglés|título=Ancient Okinawan Martial Arts. Koryu Uchinadi|autor=McCarthy, Patrick; McCarthy, Yuriko|localización=Massachusetts|editor=Tuttle|ano=1999|páxina=1}}</ref><ref>{{Cita libro|lingua=inglés|título=Tales of Okinawa's great masters|autor=Nagamine, Shōshin|localización=Massachusetts|editor=Tuttle|ano=2000|páxina=28|isbn=0804820899}}</ref>
 
Algúns argumentan que o embrión sería unha lei que o Rei Sho Hashi, non moito despois da unificación do reino, promulgou e que prohibiu a posesión de calquera arma por parte da poboación civil, [[katana gari]] ({{lang|ja|刀狩}}), co obxectivo de conter eventuais sentimentos de revolta. Este acontecemento é de feito importante, mais non pode dar total sustentación a esta idea, porque a caste guerreira mantivo os seus privilexios e costumes, ata para poder continuar desempeñando as súas funcións no reino e perante a sociedade en xeral. Nin mesmo a restrición ao uso de armas imposta polos samurais de Satsuma foi ampla ata o punto de coutar as prerrogativas dos guerreiros de Okinawa, exactamente polos mesmos motivos, de que os nobres deberían continuar en súas funcións propias.<ref>{{Cita web|lingua=alemán|url=http://www.familygym.ch/FamilyGym/Karate_Geschichte.html|título=Karate Geschichte|dataacceso=29 de marzo de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130524095720/http://www.familygym.ch/FamilyGym/Karate_Geschichte.html|dataarquivo=24 de maio de 2013|urlmorta=siyes}}</ref>
 
Sábese de certo que, a mediados do [[século XVII]], xa estaba estabelecida unha arte marcial en Okinawa sen armas, coñecida como "te" ou "ti" (en [[Lingua okinawana|uchinaguchi]]), adestrada polos nobres guerreiros, por causa das súas obrigas militares. A existencia desta arte marcial queda demostrada pola existencia, xa naquel período, de tres variantes máis ou menos semellantes mais diferenciadas, [[Naha-te]], [[Tomari-te]] e [[Shuri-te]], que se formaron respectivamente nas tres cidades que lles prestaron os nomes.<ref>{{cita libro|lingua=portugués|título=Ensinamento dos mestres|nome=Ricardo|apelidos=Serravalle Guimarães|editor=Clube de Autores|ano=2006}}</ref>
Liña 73:
Os nobres do Reino de Lequias ensinaban artes marciais que empregaban armas ou non, nun modelo moi próximo do xaponés que eventualmente xerou escolas familiares. Foi tamén resultado deste modelo o desenvolvemento do [[Ryukyu kobujutsu|kobudo]], que era a denominación dos estilos, mais que acabou por designar só as técnicas de combate con armas. Ocorre, porén, que orixinalmente no kobudo de Okinawa a parte de loita sen armas era nomeada ''toshu'' ({{lang|ja|徒手}}), ''toshukuken'' ({{lang|ja|徒手空挙}}) ou ''toshujutsu'' ({{lang|ja|徒手術}}).<ref>{{cita libro|lingua=castelán|título=Karate y Kobudo Okinawense|nome=Shigeo|apelidos=Nakazato|editor=Kier|ano=2005|páxina=31}}</ref>
 
O que moi probabelmente sucedeu como consecuencia da prohibición de levar de armas foi que os nobres de Okinawa perfeccionaron o combate con armas, adaptando outros obxectos, coma o eku (remo), a ''[[tonfa]]'' e o ''[[nunchaku]]'', que eran orixinalmente instrumentos de traballo, para manexo de muíño e debaga de grans e arroz. Nalgún momento do século XVII a loita desarmada pasou a ser chamada "Okinawa-te" ou "Uchinaadi" ({{lang|ja|沖縄手}}), que significa "man de Okinawa". Nesta época, xurdiu a figura de [[Matsu Higa]], nobre local, que alcanzou moita sona a causa das súas habilidades en loita, algunhas das cales serían aprendidas de loitadores chineses de [[wushu]]. Crese que Sensei Higa fose, dentro de seu estilo propio, o primeiro a estabelecer un conxunto formal de técnicas e chamalo ''ti''.<ref>{{Cita web|lingua=castelán|url=http://www.to-de.org/to-de.html|título=To-De|dataacceso=29 de marzo de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160303204327/http://www.to-de.org/to-de.html|dataarquivo=03 de marzo de 2016|urlmorta=siyes}}</ref><ref>{{Cita web|lingua=portugués|url=http://senseijadir.comze.com/index.php?option=com_content&view=article&id=69%3Ahistoria-do-karate&catid=40%3Akarate&showall=1|título=História do Karate|dataacceso=29 de marzo de 3014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141129043455/http://senseijadir.comze.com/index.php?option=com_content&view=article&id=69%3Ahistoria-do-karate&catid=40%3Akarate&showall=1|dataarquivo=29 de novembro de 2014|urlmorta=siyes}}</ref><ref>{{cita libro||lingua=alemán|título=Die Meister des Karate und Kobudo|nome=Thomas|apelidos=Heinze|editor=Books on Demand|ano=2009|páxina=63}}</ref>
 
Nun proceso cultural e evolutivo asemellado ao que sucedía no resto do Xapón, os mestres guerreiros construían as súas técnicas e os seus instrumentos de guerra adaptados ás súas necesidades. Coma os samurais formaron o [[jujitsu]], que era adecuado ás súas necesidades de loita desarmada e usando armadura, os ''peichin'' fixérono en Okinawa. Varios elementos entraron na composición daquilo que pasou a ser chamado ''Tode'' ou ''Todi'' ({{lang|ja|唐手}}, man chinesa), pois, nalgún momento do [[século XVIII]] ou entre os séculos XVII e XVIII, o que foi máis influente foron os estilos meridionais de [[chuan fa]]. En todo caso, pódese afirmar seguramente que no Reino de Lequias desenvolvíase un produto de formación eclética, polo que pode ser notado no establecemento dun código moral, moi próximo daqueles de orixe xaponesa, composto polos principios de compaixón, dedicación e perfeccionamento.<ref>{{Cita web|lingua=inglés|url=http://www.chilternkarate.co.uk/about-karate/history-of-karate/|título=History of Karate|editor=Chiltern Karate Association|dataacceso=29 de marzo de 2014}}</ref>
Liña 79:
Destacaron máis os estilos de [[Shuri]], por ser o estilo da capital do reino, e de [[Naha]], por ser cidade portuaria e máis importante sitio mercantil. Non obstante, aínda que tivese menor importancia no escenario da época, por ser principalmente unha cidade de traballadores, pescadores e labradores, [[Tomari]], debido exactamente as súas características, desenvolveu o estilo peculiar e moitas veces erradamente confundido co estilo de Shuri.
 
Na liñaxe do estilo [[Shuri-te]], caracterizado polas posturas naturais e por movementos de desprazamento e de golpes en liña recta, seguíronse a ''sensei'' Higa, máis ou menos nunha secuencia de instrutor e alumno, os mestres [[Peichin Takahara]], [[Kanga Sakukawa]] e [[Sokon Matsumura]]. Mestre Sakukawa, por suxestión de Peichin Takahara, foi aprender co chinés [[Kushanku]], mestre de ''[[wushu]]'' e, despois, directamente naquel país.<ref>{{Cita web|lingua=inglés|url=http://www.bushinkai.org.uk/page20.htm|título=Bushinkai - Karate History|dataacceso=29 de marzo de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140226112236/http://www.bushinkai.org.uk/page20.htm|dataarquivo=26 de febreiro de 2014|urlmorta=siyes}}</ref>
 
Mentres tanto, en Tomari, o estilo da urbe adquiría unha característica máis acrobática. Os principais representantes da rexión foron os mestres [[Karyu Uku]] e [[Kishin Teryua]], que deixarían a súa arte a [[Kosaku Matsumora]]. En [[Naha]], o ''Ti'' evolucionaba nunha dirección diversa, con movemento de extrema contracción, golpes de curto alcance e perfeccionamento do corpo para recibir golpes e técnicas de respiración (''[[ibuki]]'').<ref>{{Cita web|lingua=inglés|url=http://www.shuriway.co.uk/ryukyuhist.html|título=History of Okinawan Karate-Do|dataacceso=30 de marzo de 2014}}</ref>
Liña 96:
Dúas cousas dificultaban a aceptación e a difusión do ''tode'': primeiro o seu nome, que facía alusión á China, e segundo o seu modelo de adestramento, que fora feito para atender as necesidades dos guerreiros locais.
 
Itosu adoptou medidas para eliminar estes atrancos. Logo, el coidou de empregar o nome que era utilizado polas vellas escolas, os ''[[kobudo]]'', para designar as súas técnicas de loita sen armas. Desta maneira, non se escribía "Tode" ({{lang|ja|徒手}}) co logograma "to" ({{lang|ja|唐}}), cuxa acepción inmediata é á Dinastía Tang, senón co "to" ({{lang|ja|徒}}), "baleiro". Con isto, visábase diminuír as resistencias no resto do Xapón, porque calquera cousa conectada á China non era vista con bos ollos, por conta das tensións políticas que sempre existiron entre os dous países. Por outro lado, "tode" tamén era unha das denominacións do [[jujitsu]], o que implicaba maior aproximación entre os guerreiros de Okinawa e do Xapón, ambos chamados [[bushi]].<ref>{{cita web|url=http://www.koryu.com/library/mskoss8.html|lingua=inglés|dataacceso=30 de novembro de 2014|título=Jujutsu and Taijutsu: Some Background Information on Warrior Close Combat Systems|autor=Mike Skoss}}</ref><ref>{{cita web|lingua=inglés|título=Okinawa's Bushi: Karate Gentlemen|nome=Charles|apelidos=Goodin|url=http://seinenkai.com/art-bushi.html|dataacceso=30 de novembro de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150222163649/http://seinenkai.com/art-bushi.html|dataarquivo=22 de febreiro de 2015|urlmorta=siyes}}</ref>
 
Canto ao método de adestramento vixente á época, a práctica común era a repetición continuada dos ''kata'', ou sexa, o alumno debería repetir cada movemento das formas estabelecidas ata se tornaren movementos automáticos. O mestre xulgaba que este modelo non sería o máis adecuado, principalmente para os nenos. Entón, simplificou o adestramento a unidades fundamentais, os ''[[kihon]]'', que son as técnicas comprendidas en si mesmas, unha puñada, unha desviación, unha postura, e compilou unha serie de ''kata'' chamada ''[[Pinan]]'', con técnicas máis simples e que pasarían a formar a primeira serie de técnicas.
Liña 103:
Porén, a denominación '''karate''' ({{lang|ja|空手}} tornouse coñecida e popular por causa do mestre [[Hanashiro Chomo]], do estilo [[Shuri-te]], que nunha publicación titulada "Karate Kumite" usouna en lugar da escrita co [[kanji]] "{{lang|ja|唐}}" , que se refería máis á [[Dinastía Tang]] e a China.
 
A pesar dos esforzos feitos, o karate non era moi popular fóra de Okinawa. Non obstante, de modo fortuíto, houbo un acontecemento que axudou a tornar o karate coñecido fóra do Xapón. En [[1898]], [[Hawai]] foi anexado polos [[EE.UU.]] e, en [[1900]], habitantes de Okinawa mudáronse cara alí.<ref>{{Cita web|lingua=inglés|url=http://seinenkai.com/art-roots.html|título=The Roots of Okinawan Karate in Hawaii|dataacceso=30 de marzo de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130927210648/http://seinenkai.com/art-roots.html|dataarquivo=27 de setembro de 2013|urlmorta=siyes}}</ref>
 
O karate tornouse deporte oficial en [[1902]], que é o punto en que se perfecciona a transición de arte marcial a disciplina física, deixando ser visto só como medio de [[defensa persoal]].
Liña 151:
Unha última hipótese é a das entidades que usan o sufixo '''kan''' ({{lang|ja|館}}: edificio, casa), que poden ser un estilo ou unha simple liñaxe derivada. Moitas veces, orixínanse como tributos a mestres moi graduados e, algunhas veces, acaban transformándose en estilos propiamente ditos, como foi o caso do estilo Shotokan, que tamén é derivado do estilo Shorin.
 
No comezo do século XX, había en Okinawa xa unha variedade de estilos de karate, que xurdiron cando os discípulos dos últimos mestres ligados á caste dos peichin (Itosu, Matsumora, Higaonna etc.) comezaron a recibir alumnos independente das súas orixes. Isto foi efecto das mudanzas feitas polo mestre Itosu, que integrou o karate no sistema educativo de Okinawa. Había, aínda de informalmente, os ''dojo'' dos mestres Kenwa Mabuni, Chojun Miyagi, Gichin Funakoshi, entre outros.<ref>{{cita web|url=http://www.londonkarate.org.uk/history.html|lingua=inglés|dataacceso=4 de decembro de 2014|título=History of Karate|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141010042850/http://www.londonkarate.org.uk/history.html|dataarquivo=10 de outubro de 2014|urlmorta=siyes}}</ref>
 
Naquel momento, a despeito de haber distinguidas escolas, nas cales ensinaban os respectivos mestres segundo súa propia visión e obxectivos, non se podía dicir que non existía unidade do karate, pois os alumnos e os mestres frecuentaban ás veces as escolas uns dos outros. Esta situación mudou efectivamente a partir do fin da década de 1930, cando a [[Butoku-kai]] demandou que varias entidades que ensinaban karate se rexistraran, co propósito de obteren recoñecemento oficial do goberno do país.<ref>{{cita web|lingua=inglés|url=http://judoinfo.com/karateranks.htm|dataacceso=4 de decembro de 2014|título=How the masters got their ranks: the origins of karate ranks}}</ref>
Liña 187:
 
=== Sílabo ===
O conxunto de técnicas do karate abrangue todos os tipos de golpes, desde aqueles máis comúns e visados nas competicións, como xutes e puñazos, ata lanzamentos e inmobilizacións. De modo didáctico, hai dous grandes grupos: as técnicas duras, que son os golpes de impacto, e as técnicas suaves, que son o resto das técnicas, como desprazamento, desvíos, caídas etc. Ocorre, con todo, que só os estilos tradicionais aplican todo o contido, pois os modernos dan máis importancia aos golpes que poden ser usados en competicións. En teoría, calquera estilo de karate debería ensinar todo o contido.<ref>{{cita web|lingua=inglés|url=http://www.combat-sports-supplies.com/nage-waza-throws-and-takedown-techniques-xidc81634.html|título=Throwing and Takedown Techniques (Nage Waza)|dataacceso=23 de novembro de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141129063547/http://www.combat-sports-supplies.com/nage-waza-throws-and-takedown-techniques-xidc81634.html|dataarquivo=29 de novembro de 2014|urlmorta=siyes}}</ref>
 
=== Adestramento ===
Liña 210:
Nalgún momento, so influencia da cultura xaponesa, algúns pasaron a atribuír graos, nun sistema de tres niveis: inicial, intermedio e final. Eventualmente, algúns mestres tamén adoptaron o sistema de [[Menkyo]], máis ou menos parecido ao sistema de tres niveis, mais posuía un carácter máis formal.<ref>{{cita web|formato=PDF|url=http://www.minrec.org/wilson/pdfs/History%20of%20Belts%20and%20Ranks.pdf|dataacceso=1 de decembro de 2014|título=The History of Karate Belts and Ranks}}</ref>
 
Cando volveu da súa viaxe a [[Toquio]] e tralo contacto máis próximo con Jigoro Kano, o mestre Gichin Funakoshi levou á súa terra o modelo de rangos en uso no instituto Kodokan, o sistema [[Dan-i|Dankyuisei]], con cintos colorados, para indicar o grao de coñecemento do alumno. Este sistema foi adaptado do xogo de taboleiro [[Go]] polo mestre Kano. E Funakoshi adaptouno para o seu [[dojo]].<ref>{{cita web|formato=PDF|url=http://www.oskfpr.com/Documents/Una%20breve%20historia%20del%20Sistemas%20de%20Rango%20utilizados%20en%20la%20actualidad%20el%20Karate.pdf|título=Una breve historia del Sistemas de Rango utilizados en la actualidad en Karate|autor=Eric M. Garcia|dataacceso=1 de decembro de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160309105458/http://oskfpr.com/documents/una%20breve%20historia%20del%20sistemas%20de%20rango%20utilizados%20en%20la%20actualidad%20el%20karate.pdf|dataarquivo=09 de marzo de 2016|urlmorta=siyes}}</ref>
 
== Deporte ==