José Canalejas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 16:
 
== Traxectoria ==
Era fillo de [[José Canalejas Casas]], un enxeñeiro e político barcelonés que viñera a Ferrol en 1854 para facerse cargo da Escola de Maquinistas da Armada<ref>{{Cita web |url=http://www.centrallibrera.com/Canalejas/Canalejas_archivos/CANALEJASVINCULOS_archivos/CanalejasAtenea.htm |título=Juan J. Burgoa ''O cento cincuenta aniversario do nacemento de José Canalejas'' |data-acceso=28 de decembro de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070923092008/http://www.centrallibrera.com/Canalejas/Canalejas_archivos/CANALEJASVINCULOS_archivos/CanalejasAtenea.htm |dataarquivo=23 de setembro de 2007 |urlmorta=siyes }}</ref>, dirixindo tamén o periódico ''[[El Eco Ferrolano]]''<ref>http://www.filosofia.org/ave/001/a285.htm José Canalejas Casas en Filosofía en español</ref> e da sevillana María del Amparo Méndez Romero. Instalado coa súa familia en Madrid en 1855 cursou os seus primeiros estudos no [[Colexio de Santoja]] e o bacharelato no [[Instituto de San Isidro]]. Neno prodixio, traduce ós dez anos do francés ó español unha pequena obra titulada ''Luis o el joven emigrado''. Con só once oficia de correspondente político de prensa baixo o pseudónimo de "El cantor de Mugardos".
 
Inclinado por igual polas leis e polas humanidades, cursou á vez Dereito e Filosofía e Letras, doutorándose nas dúas carreiras. En 1872 é contratado como axudante da cátedra de "Principios xerais da lingua e Literatura Española". Concursa dúas veces á cátedra de Literatura na [[Universidade Central de Madrid]] pero non a consegue. A primeira vez gáñaa [[Marcelino Menéndez Pelayo]], e a segunda [[Antonio Sánchez Moguel]].