Josué País: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 21:
 
== Asasinato ==
O domingo 30 de xuño de [[1957]] o goberno de Batista auspiciou un mitin no Parque Céspedes de Santiago de Cuba. O seu principal organizador foi Rolando Masferrer. O Movemento 26 de Xullo planeou entón unha serie de accións, entre elas, segundo Agustín Navarrete (Tin): "a colocación de petardos en lugares próximos ao parque e a saída de comandos que dispararían ao aire para disolver aos reunidos. Un dos grupos armados que sairía a actuar ese día, iría comandado por Josué País".<ref name=":0">{{Cita web|url=http://www.bohemia.cubasi.cu/2007/06/13/historia/1-josue.html|páxina-web=|título=Todo coraje|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070813041447/http://bohemia.cubasi.cu/2007/06/13/historia/1-josue.html|data-acceso=4 de xaneiro de 2018|lingua=es|dataarquivo=13 de agosto de 2007|urlmorta=siyes}}</ref>
 
Por unha errónea interpretación, o grupo designado para colocar os outros artefactos non cumpriu a súa misión. Josué, desesperado, tratou de contactar telefonicamente con Tin, pero non puido e entón decidiu actuar. Nun auto incautado, Salvador Pascual púxose ao temón con Josué á beira e no asento de atrás, Floro Bistel xunto con Belkis, Gloria e Elsa Casañas. Na esquina de San Antonio e Carnicería obrigaron ás mulleres a abandonar o vehículo. "Tedes que baixar –díxolles Josué–, non temos parque suficiente e imos facer un percorrido por Martí soamente".<ref name=":0" />