Josef Suk (compositor): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 21:
 
== Traxectoria ==
Josef Suk naceu na pequena localidade checa de [[Křečovice]], na rexión de [[Bohemia Central]] ([[República Checa]]). Seu pai, tamén chamado Josef Suk, era director de coro e o iniciou na música co [[piano]], [[violín]] e o [[órgano (música)|órgano]]. Entre [[1885]] e [[1892]] estudou no [[Conservatorio de Praga]], sendo alumno de [[Antonín Dvořák]] e [[Antonín Bennewitz]], compoñendo xa en [[1888]] a súa primeira misa, a ''Krecovická mase''. En 1892 recibiu o seu diploma no Conservatorio presentando o seu ''Cuarteto con piano Op. 1'' como traballo da súa tese, porén, Suk decidiu permanecer un ano máis na institución para estudar con Dvořák (quen o considerou o seu mellor alumno). En [[1898]] casou con Otilde Dvořáková ([[1878]]–[[1905]]), filla de Dvořák, coñecida afectivamente como Otilka.<ref>{{Cita web |url=http://www.antonin-dvorak.cz/data.htm |título=Antonín Dvořák - data |data-acceso=05 de outubro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090303103053/http://www.antonin-dvorak.cz/data.htm |dataarquivo=03 de marzo de 2009 |urlmorta=siyes }}</ref> Creou o Cuarteto Checo con tres dos seus alumnos — Suk tocou o papel de segundo violín con eles boa parte da súa vida —.
 
En [[1901]] naceu do seu matrimonio con Otilde o seu único fillo, Josef(1901 – 1951).<ref>Černušák (1965), p. 641</ref> Catro anos despois morrería a súa muller e nunca máis casaría. O notable violinista [[Josef Suk (violinista)|Josef Suk]] ([[1929]]-[[2011]]) foi o seu neto.