John Fante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 14:
En 1940 publicou a colección de relatos ''[[Dago Red]]'', de carácter autobiográfico sobre a súa infancia e adolescencia en Colorado. Este libro foi publicado de novo en 1985 xunto con outros relatos, co título de ''[[The Wine of Youth]]''. O último destes relatos é "Helen, Thy Beauty Is to Me", que ía ser o primeiro capítulo da novela inconclusa ''Litlle brown brothers'', que estaba a escribir en 1941 e que trataba sobre a vida dos obreiros [[Filipinas|filipinos]] dos Ánxeles.
 
Fante comezou entón a traballar como guionista en [[Hollywood]]. En 1952 publicou ''Full of Life'', que en 1956 foi levada ao cine con guión seu. Participou nos guións de ''[[Walk on the Wild Side (filme)|Walk on the Wild Side]]'' (protagonizada por [[Jane Fonda]] no seu primeiro papel acreditado e baseada nunha novela de [[Nelson Algren]]) e ''[[The Reluctant Saint]]'' (1962), así como do telefilme ''[[Something for a Lonely Man]]'' (1968)<ref name=johnfante>{{Cita web|title=Official John Fante website|url=http://johnfante.com/|accessdate=2011-06-22|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120508051321/http://johnfante.com/|dataarquivo=08 de maio de 2012|urlmorta=siyes}}</ref>. O propio Fante recoñeceu que estes guións para o cine non eran máis que un modo de gañarse as lentellas, polo que carecen de interese literario.
 
Durante unha etapa adoitou ausentarse de casa durante algúns días, mais en 1959 diagnosticáronlle unha [[diabetes]], polo que tivo que reducir o consumo de alcohol e comezar a levar unha vida máis tranquila. En 1977 amputáronlle uns dedos dos pés, e pouco máis tarde amputáronlle case toda a perna. Máis adiante quedou cego, tendo que ditarlle á súa muller Joyce a súa última novela, ''Dreams of Bunker Hill''.