Roque Pesqueira Crespo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha y quitando fotografía repetida
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Estudou o bacharelato en [[Ourense]] e despois retornou a [[Ponteareas]]. Entre [[1886]] e 1888, residiu en [[Madrid]]. Regresou a Galicia e licenciouse en Medicina. Cando tiña sobre trinta anos aprobou as oposicións de rexistrador da propiedade e foi rexistrador de [[Xinzo de Limia]], [[Vilamartín de Valdeorras]], [[Ponteareas]] (1912), [[Valls]] (1925), [[Terrasa]] (1928) e [[Tortosa]]. Posteriormente residiu en [[Barcelona]]. Publicou poemas en ''[[O Tio Marcos d'a Portela]]'', ''[[Galicia Moderna]]'', ''[[O Antroido]]'', ''[[Galicia. Revista Regional]]'', ''[[A Fuliada]]'', ''[[Café con Gotas]]'', ''[[Galicia Humorística]]'', ''[[Álbum Literario]]'', ''[[Galicia Recreativa]]'', ''[[A Monteira (periódico)|A Monteira]]'', ''[[El Independiente]]'', ''[[El Regional]]'', ''[[Revista Gallega]]'', ''[[Gaceta de Galicia]]'' e ''[[El Eco de Galicia (Buenos Aires)|El Eco de Galicia]]''. Escribiu nove relatos: "ir por lan e...", "Males da emigración", "Os fillos do pescador", "A orella do demo", "No moiño", "idilio", "Hay que tempos", "Amores bulrados" e "Marcelo". Tamén redactou artigos, tanto en galego como en castelán, nos que defendía e exaltaba a lingua galega.
 
En [[2001]] o [[Centro Ramón Piñeiro]] editou un volume cos seus escritos titulado ''Relatos e outras prosas''.