Rexurdimento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Galiza
Sen resumo de edición
Liña 26:
O Rexurdimento propiamente dito só chegaría coa publicación de ''[[Cantares gallegos]]'' de [[Rosalía de Castro]] en [[1863]], obra que marcou a madureza deste "renacemento" da [[cultura galega]]. Outros escritores destacados foron [[Curros Enríquez]] (''[[Aires da miña terra]]'', [[1880]]) e Eduardo Pondal (''[[Queixumes dos pinos]]'', [[1886]]), que proporcionaron ao galego a plenitude literaria que perdera desde algúns séculos atrás.
[[Ficheiro:A mis queridas sobrinas... Manolo.jpg|miniatura|[[Manuel Curros Enríquez]]]]
A presenza da [[lingua galega]] nos xornais contribúe ao prestixio da lingua. No ano [[1876]] edítase, promovido por [[Valentín Lamas Carvajal]], o considerado pioneiro dos xornais integramente en galego, [[O Tío Marcos da Portela]]. Este xornal, con marcado carácter anticaciquil, tivo un enorme éxito popular. Entre os anos [[1886]] e [[1888]] vaise consolidando o [[xornalismo]] en [[Galiza]], coa aparición de novas iniciativas monolingües: ''[[O Galiciano]]'', en [[Pontevedra]], ''[[A Monteira (periódico)|A Monteira]]'' en [[Lugo]] e ''[[As Burgas (periódico)|As Burgas]]'', en [[Ourense]].
 
== Notas ==