Submarino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 97:
 
En [[agosto]] de [[1914]], 10 dos 20 submarinos operativos [[U-Boot]] da flota alemá fixeron o seu primeiro cruceiro de guerra para localizar a flota británica. A capacidade dos ''U-Boot'' para servir como máquinas de guerra útiles residía en novas tácticas, no seu número e en tecnoloxías submarinas tales como o sistema de enerxía diésel-eléctrico que fora desenvolto en anos anteriores. Máis como barcos sumerxibles que como submarinos modernos, os ''U-Boot'' operaban primordialmente en superficie usando motores convencionais, usando as súas baterías para mergullarse ocasionalmente e realizar ataques. O seu casco tiña unha sección aproximadamente triangular, cunha [[Quilla (náutica)|quilla]] distintiva, para controlar a ondada, e unha proa distintiva. O [[5 de setembro]], o [[SM U-21|U-21]] afundio o cruceiro de exploración ''Pathfinder'', o primeiro buque afundido por un submarino en guerra desde a [[Guerra civil estadounidense|guerra de Secesión]]. Isto foi seguido polo afundimento doutros tres barcos de cruceiros británicos nun espazo de horas, o 22 de setembro, polo [[SM U-9|U-9]]. O [[20 de outubro]] o submarino U-17 detívose, buscou e afundiu o buque mercante británico ''Glitra'' en [[Stavenger]]. Este foi o primeiro afundimento dun barco mercante e marcou o inicio das incursións bélicas contra o [[comercio marítimo]]. En [[febreiro]] [[1915]], os alemáns proclamaron "[[zona de guerra]]" as augas circundantes de Gran Bretaña e [[Irlanda]], incluída a [[Canle do Norte]. Canle de Irlanda, na que, segundo anunciaron, afundirían sen previo aviso todos os comerciantes británicos que atoparan. Dado que as medidas antisubmarinas defensivas e ofensivas eran entón indistinguibles, máis de 500.000 toneladas de buques mercantes pararon no fondo do mar nos primeiros catro meses despois do aviso, ata [[xuño]].
 
Durante o últimos seis meses de [[1915]] os alemáns destruíron ao redor de 1.000.000 Tm en barcos e nos primeiros catro meses de [[1916]], outras 700.000 Tm. Así mesmo nese périodo, os alemáns afundiron tres barcos de vapor de pasaxeiros, o [[Lusitania]] (O [[7 de maio]] de [[1915]] con 1.198 mortos, 128 deles estadounidenses), o [[Arabio]] e o [[Sussex (barco)|Sussex]], nos que se perderon moitas vidas. Isto deu lugar a un longo intercambio de correspondencia diplomática entre Alemaña e Estados Unidos, como consecuencia do cal o [[Goberno alemán]] comprometeuse a suspender a actividade dos seus submarinos por un período de seis meses en todas as zonas menos na do [[mar Mediterráneo]]. En [[maio]] de [[1916]], os alemáns tiñan en servizo activo 58 submarinos, que aumentaron a 111 en [[febreiro]] de [[1917]] e 140 en outubro dese mesmo ano para descender a 121 en [[outubro]] de [[1918]]. En [[febreiro]] de [[1917]], os alemáns proclamaron unha nova «zona de guerra» e, sen excluír xa os neutrais, anunciaron que todas as embarcacións que se atopasen dentro da mesma serían afundidas sen previo aviso. Esta nova medida influíu decisivamente na entrada de Estados Unidos na guerra o mes de [[abril]].
 
=== Submarinos modernos ===