Diferenzas entre revisións de «Bernardo Barreiro»

engadido
m (→‎Notas: columnas)
(engadido)
 
{{Biografía}}
'''Bernardo Antonio Barreiro de Vázquez Varela'''<ref>Asinaba como ''Bernardo Barreiro de W'', unindo neste dobre uve os apelidos Vázquez Varela.</ref>, nado en [[Santiago de Compostela]] o [[21 de xaneiro]] de [[1850]]<ref name="RC1850-no55">Rexistro Civil de Santiago de Compostela para o ano 1850, nacementos (AHUS, AM-744, nº de orde 55). Ao nacemento recibiu o nome de Bernardo Antonio Barreiro Vázquez.</ref> e finado na [[A Coruña|Coruña]] o [[27 de novembro]] de [[1904]], foi un historiador, xornalista e poeta galego.
 
== Traxectoria ==
Fillo dun zapateiro chamado Bernardo Barreiro Borraxeiros, de familia compostelá, e de Florentina Vázquez Penedo, cuxos pais procedían de [[Nemenzo, Santiago de Compostela|Nemenzo]] e de [[Deixebre, Oroso|Deixebre]], foi o cuarto fillo do matrimonio, sendo bautizado na [[Igrexa de Santa María Salomé de Santiago de Compostela|igrexa de Salomé]], na rúa Nova<ref name="RC1850-no55"/>.
 
Foi arquiveiro da Deputación Provincial da Coruña (1881) e estudou os distintos arquivos galegos así como outros documentos relativos a Galicia conservados noutras bibliotecas, especialmente no [[Arquivo Xeral de Simancas|Arquivo de Simancas]]. Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces na Arxentina, onde redactou os estatutos do [[Centro Gallego de Buenos Aires]] e desempeñou o cargo de Presidente da Comisión de Instrución.
 
11.704

edicións