Diferenzas entre revisións de «Tartaruga mariña común»

m
Coiraza (tartarugas)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
m (Coiraza (tartarugas))
A '''tartaruga mariña común'''<ref name="CondeTeira">Conde Teira, M. A. (1996): [http://academia.gal/documents/10157/23708/Cadernos_13.pdf "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos"] en ''Cadernos de Lingua, 13'', páx. 84. Real Academia Galega.</ref> ('''''Caretta caretta''''') é unha especie de [[tartaruga mariña]] pertencente á [[familia (bioloxía)|familia]] [[Cheloniidae]]. Habita no océano [[Océano Atlántico|Atlántico]], [[Océano Pacífico|Pacífico]] e [[Océano Índico|Índico]], e no [[mar Mediterráneo|Mediterráneo]]. Tamén se pode ver polas costas galegas (ver [[Lista de réptiles de Galicia]]). Actualmente é a única especie do xénero '''''Caretta'''''. Pasa a maior parte da súa vida en hábitats mariños e estuarios, e a femia só sobe brevemente á praia para desovar. Ten unha baixa taxa de reprodución; as femias fan como media catro postas de ovos e logo pasan por un período de quiescencia no cal non poñen ovos durante dous ou tres anos. Chega á madureza sexual entre os 17 e os 33 anos e ten unha lonxevidade de 47 a 67 anos.<ref name=History>{{cita web|apelido=History|nome=Life|título=Loggerhead Sea Turtles, Caretta caretta|url=http://marinebio.org/species.asp?id=163|editorial=MarineBio}}</ref>
 
As tartarugas adultas miden como media uns 90&nbsp;cm de longo e teñen un peso medio de 135&nbsp;kg, aínda que tamén se rexistraron exemplares máis grandes cunha lonxitude de ata 213&nbsp;cm e un peso de ata 545&nbsp;kg. A cor da pel varía desde amarelo a marrón, e a [[coiraza (tartarugas)|coiraza]] (''cuncha'') é tipicamente marrón–avermellada. A diferenza máis clara entre machos e femias adultos é que os machos teñen colas máis grosas e [[plastrónCoiraza (tartarugas)|plastróns]]s máis curtos que as femias. Non hai [[dimorfismo sexual]] entre femias e machos xuvenís.
 
É unha especie [[omnívoro|omnívora]], que se alimenta principalmente de [[invertebrado]]s que viven no leito mariño. As súas mandíbulas son grandes e poderosas e serven como unha ferramenta eficaz para desfacer as presas. As tartarugas neonatas teñen numerosos depredadores e os ovos son especialmente vulnerables a depredadores e organismos terrestres. Unha vez que alcanzan a idade adulta, o seu gran tamaño fai que os seus depredadores se limiten basicamente aos [[tiburón]]s.
104.749

edicións