Diferenzas entre revisións de «Tartaruga de coiro»

m
Arranxiños
m (Arranxiños)
}}
 
A '''tartaruga de coiro''' ou '''tartaruga mariña de coiro'''<ref name="CondeTeira">Conde Teira, M. A. (1996): [http://academia.gal/documents/10157/23708/Cadernos_13.pdf "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos"] en ''Cadernos de Lingua, 13'', páx. 84. Real Academia Galega.</ref> ('''''Dermochelys coriacea''''') é unha especie de [[Quelonioideos|tartaruga mariña]], única [[especie (bioloxía)|especie]] do [[xénero (bioloxía)|xénero]] '''''Dermochelys''''', que á súa vez é o único xénero actual da [[familia (bioloxía)|familia]] [[Dermochelyidae]]. Son as únicas tartarugas mariñas que non pertencen á familia [[Cheloniidae]].<ref name="ITIS">{{ITIS |name = Dermochelys coriacea |id = 173843 }}</ref>
 
É a maior de todas as [[Testudines|tartarugas]], xa que alcanzan unha lonxitude de 2,3 m, e o cuarto réptil máis pesado, cun peso de máis de 600&nbsp;kg, só superado por tres crocodilos. Un individuo macho chegou a pesar 916&nbsp;kg, aínda que as tartarugas deste tamaño son raras. Vive en todos os mares tropicais e subtropicais. Tamén se pode ver en augas europeas e galegas (ver [[Lista de réptiles de Galicia]]), e mesmo ás veces no norte de Europa.
 
Esta especie ten moitas características únicas que a distinguen doutras tartarugas mariñas. A súa [[coiraza (tartarugas)|coiraza]] ou ''cuncha'' non está formada de placas córneas duras como as outras tartarugas mariñas, senón que está cuberta por unha pel especial con pequenos [[osteodermo]]s. A súa taxa metabólica é aproximadamente 3 veces maior do esperado nun [[Réptiles|réptil]] do seu tamaño, o que, unido aos intercambiadores de calor contracorrente que posúe e ao seu gran tamaño, permítelle manter unha temperatura corporal de ata 18&nbsp;°C por riba da temperatura da auga circundante. Algúns científicos mesmo opinan que a tartaruga de coiro ten algunha capacidade para xerar a súa propia calor corporal, como faría un [[mamífero]], malia que os [[réptil]]es son abimais [[ectotermo]]s ou de "sangue frío", polo que dependen da temperatura externa para regular a súa propia. Porén, tamén pode considerarse a esta especie como [[xigantotermia|xigantoterma]].
 
Esta especie fai viaxes de miles de quilómetros. Abandona cada ano as augas tropicais para ir moi ao norte a augas frías seguindo a [[corrente do Golfo]]. Pode somerxerse longo tempo grazas á utilización de oxíxeno acumulado nalgúns dos seus tecidos. Tamén se pode mergullar a gran profundidade e nada moi rápido.
104.759

edicións