Diferenzas entre revisións de «Cegueira»

m
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
m (→‎O neno deficiente visual: ligazón a bebé)
A situación de illamento na que quedan mergullados os nenos con déficit sensorial e, de forma especial, os nenos cegos, provoca unha maior percepción das sensacións internas e perceptivas, en detrimento dos datos que lle aporta o mundo externo. Esta modificación do equilibrio dinámico modifica as fronteiras do eu e altera o sentimento de identidade persoal modificando o equilibrio entre os grandes campos referentes. Un déficit sensorial pode alterar os procesos de desenvolvemento psíquico e social, polo feito de producirse unha alteración nas formas de comunicación e diálogo entre a criatura e o seu medio.
 
A maior cantidade de información chega ao ser humano a través do sentido da vista, directa ou indirectamente. É dicir, que cando un [[bebé]] nace privado da visión non pode acceder á estimulación luminosa, nin tampouco á que lle proporciona o coñecemento do espazo inmediato (manipulación, percepción de distancias, recoñecemento de formas e diferentes tamaños...). Así, pois, o bebé cego non estimulado recibirá moita menos información que o bebé vidente, e as súas experiencias serán moito menos variadas. Ademais, terá dificultades para explorar a súa contorna, para aprender a través da imitación e para establecer relacións cos obxectos e as outras persoas (entender que o mundo chega máis aló do seu propio corpo).
 
Os educadores que comprobaron que os nenos cegos seguen un desenvolvemento paralelo ao dos nenos videntes, parten dunhas ideas básicas para afrontar a educación dos nenos deficientes visuais desde os primeiros meses de vida:
104.751

edicións