César Rosas Bermúdez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
m datiño
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Nos anos da República marchou a [[Vigo]] e empregouse nas factorías de Vulcano. Dirixente do Sindicato Metalúrxico e Secretario do Sindicato de Oficios Varios da [[CNT]] de Vigo. Representou á comarca viguesa no Congreso da CNT de Zaragoza. Foi detido en varias ocasións pola súa militancia cenetista. Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] participou na resistencia en Teis e Lavadores. Logo fuxiu cara os montes da Madroa. O 12 de abril de 1937 as autoridades franquistas organizaron unha batida en [[San Xoán do Monte, Vigo|San Xoán do Monte]] na súa procura e na dos seus compañeiros [[Antonio Iglesias González]] e [[Ernesto Rodríguez Vázquez]]. Os veciños que os protexían, Jose Niebla García e Ángela Iglesias Rebollar, foron detidos e logo asasinados nas inmediacións do Monte da Guía. O 19 de abril foron localizados por unha delación e asasinados tres compoñentes do seu grupo en San Xoán do Monte. Foi xulgado en Vigo por rebelión e declarado en rebeldía. Abríronlle expediente por responsabilidade civil en setembro de 1937.<ref>''El Pueblo Gallego'', 10-9-1937, p. 9.</ref> A finais de xaneiro de 1939 participou nun atraco a unha taberna de Cabral, onde foi recoñecido. O [[3 de abril]] de [[1939]] cando estaba refuxiado con [[Antonio Iglesias González]] na casa de Lucía Domínguez Eiroa no [[O Toural, Teis, Vigo|Toural]], foron acurralados pola garda civil e suicidáronse.
 
== Notas ==
Liña 13:
 
=== Ligazóns externas ===
* [https://cntvigo.org/rosas-bermudez-cesar/ Rosas Bermúdez, César (1903-1939)]
* [http://terraetempo.gal/media/documentos/TeT_163-170_Dossier_Eliseo_Dionisio.pdf A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado].
 
* {{Nomes Voces|4945}}
 
{{Control de autoridades}}