Escudo de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
One2 (conversa | contribucións)
Liña 200:
 
[[Ficheiro:Península Ibérica no Erdapfel (original, 1492; fac-símile, 1908).jpg|miniatura|esquerda|Galicia no [[Erdapfel]], 1492.]]
A partir do século XIII non é raro que en Galicia ―e en León―{{Sfn|{{Versaleta|Sánchez Badiola}}|2010|p=149}} os cuarteis do escudo da xa predominante [[coroa de Castela]] aparezan intercambiados, dando preferencia ao león,<ref>{{Cita web |url=https://www.diariodeleon.es/articulo/revista/historia-apropiacion-indebida/20051106000000805721.html |título=Historia de una apropiación indebida |nome=Ricardo |apelidos={{Versaleta|Chao}} |data=6.11.2005 |páxina-web=Diario de León |lingua=es}}</ref> tal como se pode ver, por exemplo, no sartego situado no [[Panteón Real da catedral de Santiago|Panteón Real]] da catedral de Compostela e pertencente á raíña consorte [[Xoana de Castro]] (finada no ano [[1374]]), nunha das fachadas da mesma catedral,<ref>{{Cita web |url=https://www.celtiberia.net/es/multimedia/?id=2040 |data=6.10.2005 |título=Escudo de la Corona de Castilla en la Catedral de Santiago de Compostela |páxina-web=Celtiberia |lingua=es}}</ref> no tamén compostelán [[colexio de San Xerome]] ([[século XVII]]), no [[colexio da Nosa Señora da Antiga]] en [[Monforte de Lemos]]<ref>{{Cita web |url=https://www.flickr.com/photos/75710752@N04/8066808755/ |título=Monforte de Lemos (Lugo. N. Sra la Antigua. Escudo de la portada |nome=Santiago |apelidos={{Versaleta|Abella}} |data=26 de marzo de 2011 |páxina-web=Flickr}}</ref> ou na [[casa do concello de Lugo]] ([[século XVIII]]). Igualmente, esta disposición maniféstase na bandeira que acompaña a Galicia no [[globo terrestre]] máis antigo que se conserva, o [[Erdapfel]] de [[Martin Behaim]] ([[1492]]), así como nalgunhas das bandeiras que amosan as localidades galegas representadas nos debuxos do ''[[Livro das Fortalezas]]'' de [[Duarte de Armas]] ([[1509]]-[[1510]]), taltales como [[Tui]] e [[Randín, Randín, Calvos de Randín|Randín]].<ref>[[:Ficheiro:Livro das Fortalezas 102- Piconha.jpg|Randín e o castelo da Picoña no ''Livro das Fortalezas'' de Duarte de Armas (1509-1510).]]</ref><ref>[[:Ficheiro:Livro das Fortalezas 112- Valença.jpg|Tui e Valença no ''Livro das Fortalezas'' de Duarte de Armas (1509-1510).]]</ref>{{Refn|group="lower-alpha"|Tamén nos escudos cuartelados atribuídos ao rei de España ou coroa de Castela dalgúns mapas ou armoriais se deu preferencia ao león, como se pode ver no [[armorial de Zúric]] ou no [[Atlas Catalán]].{{Sfn|{{Versaleta|Sánchez Badiola}}|2010|pp=90, 121-122}}}}
 
Finalmente, cómpre salientar que as armas do león foron relacionadas con [[Raimundo de Borgoña]], conde de Galicia e pai de Afonso VII, en diferentes obras, talvez polo seu casamento con [[Urraca de León|Urraca]], primoxénita de [[Afonso VI de León|Afonso VI]], dar orixe á [[dinastía de Borgoña]]. Destaca pola súa antigüidade o ''Liber additamentorum'' de [[Mateo de París]], realizado contra [[1250]], onde o autor explica que o escudo cuartelado de Fernando III é «moderno mais non paterno» e que «seu pai ―Afonso VIII― portaba un escudo tal coma o conde Raimundo» (''moderni sed non patris, pater enim portavit scutum tale quale comes Provincie Reimundus''). Xa no século XVII, [[Jean-Jacques Chifflet]] no seu ''Vindiciae hispanicae'' atribúe a escolla da cor ''molochinum'' (malva<ref>{{Cita web |url=https://www.nihilscio.it/Manuali/Lingua%20latina/Verbi/Coniugazione_latino.asp?verbo=molochinus |título=Molochinus : molochinus - molochini - molochino - molochinum - molochinis - molochinos - molochina declinazione/coniugazione |páxina-web=NihilScio |lingua=it}}</ref>) ao conde borgoñón.{{Sfn|{{Versaleta|Sánchez Badiola}}|2010|pp=180, 195-196}}<ref>{{harvnb|{{Versaleta|Menéndez Pidal}}|2004|p=[https://books.google.es/books?id=cCLL5mbUA-wC&pg=PA48&vq=%22ram%C3%B3n%20de%20borgo%C3%B1a%22 48]}}</ref>
 
Tamén cómpre advertir que é habitual non ter en conta o león como armas do reino de Galicia por considerar que Galicia estaba integrada no reino de León,<ref>{{harvnb|{{Versaleta|Pardo de Guevara}}|2007|p=36}}. “…o reino de Galicia non dispuxo nin puido dispoñer naquela primeira etapa dunhas armas propias, pois non eran concibíbeis como tales, dada a súa integración previa na monarquía leonesa. Os seus reis eran, ante todo, reis de León”</ref> feito que é totalmente discutido por diferentes historiadores.{{Sfn|{{Versaleta|López Carreira}}|2008|p=}}<ref>{{Cita libro |nome=Xosé Antonio |apelidos={{Versaleta|López Teixeira}} |ligazón-autor=Xosé Antonio López Teixeira |outros=XIII premio de historia medieval de Galiza e Portugal 2013 |título=Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega |serie=Trivium |ano=2013 |editorial=[[Editorial Toxosoutos|Toxosoutos]] |isbn=978-84-15400-78-3 |en=Contraportada |cita=[…] Semellante perspectiva, nitidamente ideoloxizada, […] deliña asemade a indesexable consecuencia de negar a realidade dun reino de Galiza de seu, hexemónico no horizonte hispano até o catrocentos.}}</ref> Non se pode entender, por exemplo, o predominio da [[lingua galega]] en toda a extensión da coroa galego-leonesa, e mesmo alén dos seus límites, sen a preeminencia dun reino galego.{{Sfn|{{Versaleta|López Carreira}}|2008|pp=393-394}} De feito, no propio Poema de Almería outórgase a primacía ao reino de Galicia.<ref>{{Cita publicación periódica |nome=Juan |apelidos={{Versaleta|Gil}} |data=xuño de 2013 |título=El ''Poema de Almería'' y la tradición épica |revista=e-Spania |número=15 |lingua=es |issn=1951-6169 |doi=10.4000/e-spania.22253 |url=https://journals.openedition.org/e-spania/22253}}</ref><ref group="lower-alpha">Para máis información, véxase [[O reino de Galicia e a historiografía tradicional española]].</ref>
 
=== Orixe anglonormanda do cáliz (século XIII) ===