Roberto Oya Alonso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Biografía}} '''Roberto Oya Alonso''', coñecido como '''Cachopas''', nado en Vigo cara 1902 e finado na mesma cidade o 22 de decembro de 1941, foi un obreiro e guer..."
 
Xas (conversa | contribucións)
m completo info e referencias
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Metalúrxico de [[Lavadores, Vigo|Lavadores]]. Foi detido en xullo de 1933 con [[Bernardo Álvarez Troncoso]], [[Manuel Piñeiro Comesaña]], [[Antonio Grilo Moreira]] e [[Manuel Cobas Vidal]], acusados de colocar unha bomba no domicilio de Antonio Abalde Comesaña, en [[Santo André de Comesaña, Vigo|Santo André de Comesaña]].<ref>''El Pueblo Gallego'', 23-7-1933, p. 12.</ref> Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] fuxiu ao monte. Reclamado por requisitoria en xuño de 1937 xunto con [[Álvaro Ballesteros Estévez]], [[Guillermo Santos Caride]], [[Abraham Loriente Sánchez]], [[Fermín Pais Alonso]] e outros veciños de Lavadores fuxidos,<ref>''El Pueblo Gallego'', 18-6-1937, p. 2.</ref> foi declarado en rebeldía. Liderou un grupo de fuxidos que comezou a actuar en agosto de 1936 por [[Bembrive, Vigo|Bembrive]], [[Candeán, Vigo|Candeán]], na contorna viguesa, no Condado. A garda civil atribúelles o asalto ás casas reitorais de [[Sárdoma, Vigo|Sárdoma]] (o 25 de xullo de 1936), Candeán e Bembrive e outras vivendas daquela zona. Foi detido en 1939. Xulgado en Vigo por rebelión militar foi condenado a pena de morte. Foi executado no castelo do Castro de Vigo, ás 8 horas do 22 de decembro de 1941.<ref>''El Correo Gallego'', 30-12-1941, p. 6.</ref> En decembro de 1941 abríronlle expediente de responsabiliadades políticas.<ref>''El Pueblo Gallego'', 16-12-1941, p. 6.</ref>
 
== Notas ==