Historia de México: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
mudo imaxe sen orixe por outra de Commons
Liña 1:
{{Sen referencias|data=abril de 2014}}
[[Ficheiro:Teotihuacan-02-Blick von Mondpyramide auf Totenweg-1980-gje.jpg|miniatura|dereita|[[Teotihiacán]], 1980.]]
 
A '''Historia de México''' non fai so referencia os acontecementos ocorridos dende a consolidación de [[México]] como tal senón que pese a que o [[Estado]] mexicano é algo relativamente recente podemos referirnos á historia acontecida nos seus territorios actuais e ós feitos que axudaron a consolidar a [[nación]] mexicana.
 
== México precolombiano ==
=== Prehistoria ===
Os primeiros testemuños de presenza humana no actual territorio de México datan de hai aproximadamente 20.000 anos<ref>Alicia Hernández Chávez ''México. Breve historia contemporánea''. Fondo de Cultura Contemporánea, 2000, páxina 18</ref>; nesta época pequenos grupos de cazadores comezaron a poboar lentamente o [[continente]]. Tense a crenza de que xa sabían utilizar o [[lume]] e xa fabricaban algunhas [[ferramenta]]s sinxelas de pedra, coas que curtían roupas de peles e facían obxectos de madeira e óso. Eran [[nómade]]s e cabía a posibilidade de que se organizaran en familias tanto para a cacería, como para algún outro fin. A estimación fíxose oportuna por mor de que a Terra vivía a súa derradeira glaciación, chamada “Wisconsiniana”, que se iniciou aproximadamente desde hai 70.000 anos até os 18.000 anos. Quizais entre os 22.000 e os 14.000 anos tivo lugar o inicio dunha etapa na que a recolección era máis importante que a cacería. Tamén se cre que a organización social que prevalecía era a familia nuclear, ou de grupos pequenos con relacións moi débiles. Seguía a fabricación de instrumentos de pedra grandes, toscos, elaborados por percusión directa ou indirecta.
 
Os testemuños máis antigos que se coñecen até hoxe do ser humano de Mesoamérica son os que proporcionan as escavacións de '''[[Tlapacoia]]''' (situada a uns 25&nbsp;km ao sueste da cidade de México), que demostran que xa había habitantes alí hai aproximadamente 21.000 anos. O primeiro asentamento de interese foi o da civilización [[olmeca]], que nace na rexión costeira do Golfo de México, ao redor do ano 18.000 e esténdese nos actuais estados de [[Veracruz]] e [[Tabasco]]. Estímase que sobre o 7.000 a súa poboación puido chegar aos 350.000 habitantes, cunha forma propia de organización social e política, pero sobre todo, cun grande avance cultural, técnico e artístico. As exploracións revelaron tres sitios de grande importancia, até este momento: [[A Venta - La Venta (México)|A Venta]], [[San Lourenzo]] e [[Tres Zapotes]]. A Venta, por exemplo, xa senta as bases do trazado de cidades do altiplano, como serían [[Teotihuacán]] ou [[Tenochtitlán]]. Outro capítulo que axudou a asentar o trazado foi a extinción dos grandes mamíferos, o cambio do clima de frío ao máis cálido, coa aridez en determinadas rexións, e a elevación xeral do nivel dos mares. A economía desta etapa baseábase na caza de animais pequenos, como [[coello]]s e [[veado]]s, aínda que a [[recolección]] continuou cunha maior variedade de [[produto]]s: [[aguacate]], [[millo]], [[cabaza]] e numerosos froitos de [[cactácea]]s. A unidade social fundamental seguía sendo a familia nuclear, aínda que esta xa comezaba a agruparse en bandas formando quizais o primeiro pobo (Tehuacán, Puebla). Nesta etapa evolucionou a técnica de tallar a pedra, coa aparición de puntas de proxectil de pedra de forma foliácea e as acanaladas, que permitían fixar con precisión a punta ao mastro. Entre os anos 7.000 o 5.000 o home comezou a cultivar. As zonas por aquelas parecían localizadas nos vales das lagoas de México para os cazadores de [[mamut]]s, que á vez se dedicaban á pesca e recolección de produtos do campo; e os abrigos rochosos do estado de Tamaulipas nos que xa era máis común o cultivo; no especial de millo que comeza a sela dieta do poboadores. O inicio da [[agricultura]] é un fenómeno que sufriu unha longa e complexa evolución, caracterizada pola domesticación das [[gramínea]]s e outras plantas comestibles, e a creación de aldeas permanentes, en México. Ao final comezouse a cultivar o algodón, co que se fabricaban teas de calidade superior ás que ata entón se obtiñan coas fibras do maguey e do liño. Ademais da domesticación de animais, entre os que se atopaba o itzcuintli, un can comestible. [[Ficheiro:Teotihuacan1972A.jpg|miniatura|dereita|200 px|[[Teotihiacán]], vista aérea feita desde unha avioneta no ano [[1972]]; pódese apercibir a maioría do complexo cultural dunha cidade que perduraría durante moitos séculos.]]
 
=== Mesoamérica ===
Ao redor do ano 2.500 viuse unha etapa formativa que se caracterizou pola integración da superárea cultural de [[Mesoamérica]]. Os diversos grupos que a formaron ([[civilización maia|maias]], [[teotihuacano]]s, [[zapoteca]]s etc.) exerceron unha influencia mutua entre si. Porén, aínda había zonas nas que se daría a coñecida fase "Purrón", á cal pertencen os restos de [[cerámica]] antigos de México. As pezas que se atoparon son de formas simples, que imitan cuncas de pedra ou cestos, as cales serían datadas polos arredores dos 1.700 anos. A rexión costeira é unha área plana, sen rochas, e apenas cun macizo montañoso, os Tuxtlas. Non obstante, as obras que maior pasmo causaron á posteridade foron realizadas en xigantescos [[monólito]]s. Os artistas [[olmeca]]s crearon cabezas colosais, altares, estelas e moitas outras pezas que afortunadamente se conservan e nos dan unha idea do tipo físico, desenvolvemento e crenzas do pobo olmeca. Estas obras artísticas, entre outras peculiaridades de importancia que foron adoptadas, móstrannos por primeira vez un concepto básico no pensamento mesoamericano: a asociación dun home con dous animais, como son a serpe e o xaguar, sobre a que volveremos un pouco máis adiante.