Pazo do Picón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m redacción
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 4:
 
== Descrición ==
O pazo atópase nunha contorna rural, aínda que apenas a un quilómetro da capital municipal, [[O Pedrouzo, Arca, O Pino|O Pedrouzo]], case ao final da rúa do Picón. O acceso ao conxunto paciegopacego prodúcese a través dun bosque de [[cedro]]s e [[eucalipto]]s.
 
A meirande parte do pazo está construído con bos perpiaños de granito, tanto nas esquinas como nas aperturas (fiestras e portas), completándose os muros con mampostaría de [[lousa]] que está extensamente encalada. Ten forma de U aberta con prolongacións ao exterior, especialmente polo corpo duns 1.500 m² que se estende ao nordés e que, co corpo principal do pazo, presentaría a tradicional forma de L e unha planta total duns 500 m². Porén, a estes espazos hai que engadirlles outros corpos de menores dimensións, orientados ao suroeste, que ocupan unha planta duns 570 m². A disposición de todas estas construcións dá como resultado a aparición de dous pequenos patios, un máis pechado que o outro. O patio do suroeste é máis amplo e está rodeado de distintas edificacións, servindo orixinalmente como patio de carruaxes. O patio do nordés é máis pequeno e nel atopase o patín e solaina, dispoñendo de decoración herbácea e limitando co gran xardín exterior. Por fin, separado uns metros no lado sueste, seguindo paralelamente o camiño de entrada, hai un pombal circular.