Audrey Hepburn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 57:
Durante a súa mocidade Audrey sufriu a [[segunda guerra mundial]], primeiro en [[Bélxica]] e logo en [[Países Baixos|Holanda]], de onde era orixinaria a súa nai. Para evitar que as súas orixes inglesas a delatasen, a nai de Audrey chamábaa Edda Van Heemstra, como ela, e obrigouna a falar holandés. Audrey falaba perfectamente inglés, francés, holandés e italiano, defendíase co alemán e tamén un pouco en castelán. Estudou para ser bailarina, pero a guerra fixo estragos na súa constitución, así que, pese a seguir estudando e practicando, Audrey viuse na disxuntiva de elixir unha nova profesión, que foi a de actriz.
 
En 1944 Hepburn xa era unha boa bailarina e, durante esta época, bailaba secretamente. O diñeiro que recaudaba doábao á [[resistencia holandesa]]. Sobre esta época dixo máis adiante: «O mellor público que hei terterei; non facía nin un só son ao terminar a miña actuación».
 
Co desembarco das tropas aliadas en [[Normandía]] o [[Desembarco de Normandía|día D]] (6 de xuño), as cousas en Holanda empeoraron drásticamente. Durante o inverno de 1944 os alemáns confiscaron os alimentos e combustibles da poboación holandesa. Sen comida nin calor nos fogares, a xente morría de fame e frío nas rúas. Hepburn e moitos outros facían fariña a partir de [[tulipán]]s cos que podían cociñar galletas e tortas. A cidade holandesa de [[Arnhem]] foi devastada durante o bombardeo aliado, como parte da errada operación [[operación Market Garden|Market Garden]]. O seu tío e un primo da súa nai foron fusilados como membros da resistencia, o seu irmán Ian foi capturado e estivo nun campo de traballo. As carencias alimenticias fixéronse patentes e Audrey sufriu anemia e problemas respiratorios. En 1991 Audrey dixo: «Teño recordos. Recordo estar na [[Estación de ferrocarril|estación de tren]] vendo como se levaban aos xudeus, e recordo en particular a un neno cos seus pais, moi pálido, moi louro, usando un abrigo que lle quedaba moi grande, entrando no tren. Eu era unha nena observando a un neno».