Xuetas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 56:
Este período caracterízase pola redución do grupo por fuxida dos penitenciados da época anterior e pola adhesión incondicional ao [[catolicismo]] da maior parte dos que quedaron. Simultaneamente, comezáronse a estender os ''[[estatutos de limpeza de sangue]]'' nunha parte das organizacións gremiais e ordes relixiosas.<ref>Aínda así: ''Se en Castela, no século XVI os "estatutos de limpeza de sangue" son omnipresentes na vida social, en Mallorca son máis ben raros'' (Porqueres, ''L'endogamia...'' páx. 25).</ref> A pesar de todo, persistiu un pequeno grupo remanente do gran colectivo converso mallorquín, concentrado en torno a algunhas rúas, integrante de organizacións gremiais e mercantís específicas, cunha marcada e complexa endogamia e, cunha parte significativa dos seus membros, practicando clandestinamente o xudaísmo.<ref>Porqueres, ''L'endogàmia...'' en extenso, sobre a non unanimidade relixiosa pp. 91-106, sobre as prácticas criptoxudías: Braunstein, ''Els xuetes...'' pp. 165-188, Picazo, ''Els xuetes...'' pp. 13-56.</ref>
Nesta época, a Inquisición mallorquina deixou de actuar contra os xudaizantes, a pesar de ter indicios de prácticas prohibidas. As causas poderían ser: a participación da estrutura inquisitorial nas banderías internas mallorquinas, a aparición de novos fenómenos relixiosos como algunhas conversións ao [[Islamislam]] e ao [[protestantismo]], ou o control da moralidade do clero, pero sen dúbida tamén pola adopción de estratexias de protección máis eficaces por parte dos criptoxudeus, xa que os procesos inquisitoriais posteriores informan que a transmisión das prácticas relixiosas se producían no ámbito familiar cando o mozo chegaba á adolescencia e, moi frecuentemente no caso das mulleres, cando se sabía quen sería o seu marido e a súa opción relixiosa.<ref>Colom, ''La Inquisició...'' pp. 186-189.</ref>
Neste contexto, en [[1632]] o promotor e fiscal do tribunal mallorquino, [[Juan de Fontamar]], enviaba un informe á [[Consello da Suprema e Xeral Inquisición|Suprema Inquisición]] en que acusaba aos criptoxudeus mallorquinos de trinta e tres cargos, entre os cales había: a negativa a casaren con ''cristiáns vellos'' e o rexeitamento social dos que o facían; práctica do secretismo; imposición de nomes do [[Antigo Testamento]] aos fillos; identificación da tribo de orixe e a concertación de matrimonios en función deste feito; exclusión, no domicilio, da iconografía do [[Novo Testamento]] e a presenza da do Antigo; desprezo e [[insulto]]s aos cristiáns; exercicio de profesións relacionadas con pesos e medidas coa fin de enganar os cristiáns; obtención de cargos dentro da igrexa para despois burlarense con impunidade; aplicación dun sistema legal propio; realización de colectas para os seus pobres; financiamento dunha [[sinagoga]] en [[Roma]] onde terían un representante; realización de reunións clandestinas; seguimento de prácticas dietéticas xudías, incluídas as do sacrificio de animais e as dos xaxúns; observancia do [[Sabbat]]; evitación dos servizos relixiosos no momento da morte; e mesmo, a realización de [[Libelo de sangue contra os xudeus|sacrificios rituais humanos]]. Sorprendentemente a Inquisición non actuou naquel momento.<ref>O Informe de Fontamar, encóntrase copiado nun expediente inquisitorial de 1674, polo cal Braunstein (''Els xuetes...'' pp. 279-286) aceptou a data, cousa repetida habitualmente pola historiografía posterior, pero Fontamar foi promotor e fiscal inquisitorial en Mallorca entre 1632 e 1649 (Grande Enciclopedia de Mallorca, vol. 5, páx. 366). Porqueres considera que Mateu Colom e Lleonard Muntaner demostraron a súa elaboración o 1632 (Porqueres, L'endogamia..., páx. 40, nota 38).</ref> [[Ficheiro: Livorno_Sinagoga_XIX_century.JPG|miniatura|Sinagoga de [[Livorno]] (edificada no século XVII), cidade de referencia para os criptoxudeus mallorquinos.]]
Arredor de [[1640]], os descendentes de conversos inician un forte proceso de ascenso económico e de influencia comercial. Con anterioridade, e con algunha excepción, foran artesáns, tendeiros e distribuidores polo miúdo, pero a partir deste momento, e por causas pouco explicadas, algúns empezan destacar noutras actividades económicas: crean compañías mercantís complexas, participan do comercio exterior (chegando a controlar, nas vésperas dos procesos inquisitoriais, o 36% do total), dominan o mercado asegurador e a distribución minoristaretallista de produtos de importación. Por outra banda, as empresas e compañías son participadas, habitualmente, só por conversos e destinan parte dos seus beneficios a obras de caridade no seo da comunidade, a diferenza do resto da poboación que adoita facelo mediante obras pías á igrexa.<ref>Bibiloni, ''El comerç...'' e Pons ''Companyies...''.</ref>
A causa da intensa actividade económica exterior continúanse os contactos coas comunidades xudías internacionais, especialmente de [[Livorno]],<ref>{{Cita web|url= http://www.comunitaebraica.org/main.htm|title= Web da ''Comunità Ebraica dei Livorno''|format= Web asociativa|work= |publisher= |location= |page= |pages= |lingua= italiano e inglés|accessdate= 5-11-2009|postscript= |urlarquivo= https://archive.is/20120629060907/http://www.comunitaebraica.org/main.htm|dataarquivo= 29-06-2012|urlmorta= si}}</ref> [[Roma]], [[Marsella]] e [[Ámsterdan]], mediante os cales os conversos teñen acceso a literatura xudaica. Sábese que Rafel Valls, líder relixioso dos conversos mallorquinos, viaxou a [[Alexandría]] e [[Esmirna]] na época do falso [[mesías]] [[Shabtai Zevi]], aínda que se descoñece se mantivo algún contacto con el.<ref>Cortès, ''La nissaga...'' páx. 153.</ref>
Liña 234:
* ''La custodia'' [[Marià Aguiló Aguiló|AGUILÓ AGUILÓ, Marià]], 1956.
* ''Els emparedats'', [[Llorenç Moyà Gilabert|MOYÀ i GILABERT DE LA PORTELLA, Llorenç]], 1958.
* ''Primera memoria'', [[Ana María Matute|MATUTE, Ana MariaMaría]], 1960.
* ''El chueta'', [[Miquel Ferrà i Martorell|FERRA i MARTORELL, Miquel]], 1984.
* ''Contes del Call'', [[Miquel Ferrà i Martorell|FERRA i MARTORELL, Miquel]], 1984.
Liña 250:
==== Teatro ====
* ''Entremès d'un fadrí gran pissaverde'', anónimo, sigloséculo XVIII
* ''La cua del chueta'', [[Francesc d'Assís Ubach i Vinyeta|UBACH i VINYETA, Francesc d'Assis]], 1881.
* ''Dilluns de festa major'', [[Martí Mayol i Moragues|MAYOL MORAGUES, Martí]], 1955.