Pazo do Picón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Modificacións
Castelao (conversa | contribucións)
m Engadidos
Liña 6:
O pazo atópase nunha contorna rural, aínda que apenas a un quilómetro da capital municipal, [[O Pedrouzo, Arca, O Pino|O Pedrouzo]], case ao final da rúa do Picón. O acceso ao conxunto paciego prodúcese a través dun bosque de [[cedro]]s e [[eucalipto]]s.
 
A meirande parte do pazo está construído con bos perpiaños de granito, tanto nas esquinas como nas aperturas (fiestras e portas), completándose os muros con mampostaría de [[lousa]] que está extensamente encalada. Ten forma de U aberta con prolongacións ao exterior, especialmente polo corpo duns 1.500 m² que se estende ao nordés e que, co corpo principal do pazo, presentaría a tradicional forma de L e unha planta total duns 500 m². Porén, a estes espazos hai que engadirlles outros corpos de menores dimensións, orientados ao suroeste, que ocupan unha planta duns 570 m². A disposición de todas estas construcións dá como resultado a aparición de dous pequenos patios, un máis pechado que o outro. O patio do suroeste é máis amplo e está rodeado de distintas edificacións, servindo orixinalmente como patio de carruaxes. O patio do nordés é máis pequeno e nel atopase o patín e solaina, dispoñendo de decoración herbácea e limitando co gran xardín exterior. Por fin, separado uns metros no lado sueste, seguindo paralelamente o camiño de entrada, hai un pombal circular.
 
O portón arquitrabado da entrada está coroado cunha pequena cruz no seu lintel.
Liña 14:
No exterior é tamén de interese o seu xardín, orientado ao nordés do pazo, e que conta cunha extensión duns 6 mil m² con forma cadrada e uns 80 m por cada lado. Su seu lado suroeste, o máis próximo ao pazo, conta cun pequeno labirinto de buxo<ref name="SeparataN.11"/> de inspiración francesa.
 
Nas inmediacións to pazo atópase unha antiga vivenda en pedra chamada a '''Casa da Rúa''', lugar desde o que arranca cara ao nordés un paseo de [[cedro]]s que van rematar na carballeira de Santa Cristina. Ademais, no camiño privado que dá acceso ao pazo, a uns 125 m deste, atópase o chamado '''cruceiro do Pazo do Picón''', de probable orixe barroca. O seu fuste octogonal está apoiado sobre catro chanzos. Conta cun chapitel de [[orde composta]] rematado nunha cruz [[cilindro|cilíndrica]] que posúe as imaxes do Crucificado e da Virxe en cada lado.
 
O pazo encóntrase protexido como un dos elementos propios da Declaración como [[Patrimonio da Humanidade]] do [[Camiño de Santiago]] en [[1993]], aínda que está fóra do ámbito [[Ben de Interese Cultural|BIC]]<ref name="SeparataN.11">{{cita web |título=Delimitación do trazado e ámbito vinculado ao Camiño Francés ó seu paso por Galicia. Separata N. 11: O Pino |url=https://ficheiros-web.xunta.gal/patrimonio/DELIMITACION_CFRANCES/11_O_PINO/01_MEMORIA_O_PINO.pdf |páxina-web=xunta.gal |editor=Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, na [[Consellería de Cultura e Turismo]] da [[Xunta de Galicia]] |formato=PDF |páxina=6}}</ref>.