Terpeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 29:
* '''[[Diterpeno]]s'''. Terpenos de 20 carbonos (equivalen a 2 monoterpenos ou 4 isoprenos). Entre eles inclúese o [[cafestol]], o [[fitol]], que forma a cadea [[hidrófobo|hidrófoba]] da [[clorofila]], as hormonas [[xiberelina]]s, os ácidos das [[resina]]s das [[conífera]]s e dos [[legume]]s, as fitoalexinas, e unha serie de metabolitos farmacoloxicamente importantes, incluíndo o [[taxol]], un axente [[cancro|anticanceríxeno]] atopado no [[teixo]], e a [[forskolina]], un composto usado para tratar o [[glaucoma]]. Algunhas xiberelinas teñen 19 átomos de carbono polo que non son consideradas diterpenos porque perderon un átomo de carbono durante unha reacción de escisión. derivan de diterpenos o [[retinol]] e o [[retinal]].
* '''[[Triterpeno]]s'''. Terpenos de 30 carbonos (equivalen a 3 monoterpenos ou 6 isoprenos). Son xeralmente compostos formados pola unión cabeza-cabeza de dúas cadeas de 15 carbonos, pero cada unha delas formada por unidades de isopreno unidas cabeza-cola. Nesta gran clase de moléculas poderiamos incluír os [[brassinoesteroide]]s, compoñentes da membrana que son [[fitosterol|fitosterois]], algunhas fitoalexinas, varias toxinas e repelentes de herbívoros, e compoñentes das ceras da superficie das plantas, como o [[ácido oleanólico]] das [[uva]]s. O triterpeno [[escualeno]] é precursor dos [[esteroide]]s.
* '''[[Tetraterpeno]]s'''. Terpenos de 40 carbonos (equivalen a 4 monoterpenos ou 8 unidades de isopreno). Os máis abundantes son os pigmentos [[carotenoide]]s (carotenos[[caroteno]]s e xantofilas[[xantofila]]s) accesorios na absorción de luz na fotosíntese.
* '''Politerpenos'''. Conteñen máis de 8 unidades de isopreno. Entre eles están transportadores de electróns como a [[plastoquinona]] e a [[ubiquinona]], e outros como o [[dolicol]]), ou o [[caucho]] do látex de certas plantas, que pode ter miles de unidades de isopreno con enlaces [[isómero cis|cis]]. A [[gutapercha]] é outro politerpeno con enlaces [[isómero trans|trans]], o que a fai moito menos elástica ca o caucho.