Pazo do Picón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
Engadidos
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Descrición: Arranxiño
Liña 6:
O pazo atópase nunha contorna rural, aínda que apenas a un quilómetro da capital municipal, [[O Pedrouzo, Arca, O Pino|O Pedrouzo]], case ao final da rúa do Picón. O acceso ao conxunto paciego prodúcese a través dun bosque de [[cedro]]s e [[eucalipto]]s.
 
A meirande parte do pazo está construído con bos perpiaños de granito, tanto nas esquinas como nas aperturas (fiestras e portas), completándose os muros con mampostaría de [[lousa]] que está extensamente encalada. Ten forma de U aberta con prolongacións ao exterior, especialmente polo corpo duns 1.500 m² que se extendeestende ao norestenordés e que, co corpo principal do pazo, presentaría a tradicional forma de L e unha planta total duns 500 m². Porén, a estes espazos hai que engadirlles outros corpos de menores dimensións, orientados ao suroeste, que ocupan unha planta duns 570 m². A disposición de todas estas construcións dá como resultado a aparición de dous pequenos patios, un máis pechado que o outro. O patio do suroeste é máis amplo e pechado por edificacións por todos os lados, servindo orixinalmente como patio de carruaxes. O patio do norestenordés é máis pequeno e nel atopase o patín e solaina, dispón de decoración herbácea e limita co gran xardín exterior.
 
O portón arquitrabado da entrada está coroado cunha pequena cruz no seu lintel.