Club Balonmán Cangas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 96:
O ascenso de categoría atrasouse ata a tempada 2008-09, na que logo de conseguir finalizar a liga regular na 5ª posición clasificouse para a fase de ascenso que se disputou en [[Pamplona]] e na que tamén xogaron o [[Sociedad Cultural Deportivo Recreativa Anaitasuna|Helvetia Anaitasuna]] (organizador), [[Club Balonmano Pozoblanco|Prasa Pozoblanco]] e [[AD Ciudad de Guadalajara|Realitas BM Guadalajara]], mentres que o [[Toledo BM|Lábaro Toledo Balonmano]] conseguira o ascenso de xeito automatíco ao proclamarse campión.<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2009/05/17/pagina-54/4531275/pdf.html |título=Fase de ascenso en Pamplona |xornal=Mundo Deportivo |data=17 de maio de 2009 |dataacceso=5 de febreiro de 2020 |lingua=es}}</ref> Ao finalizar a fase de ascenso o conxunto galego conseguiu regresar á máxima competición do balonmán español logo de superar o Realitas BM Guadalajara na final 25-21.<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2009/05/25/pagina-33/4536635/pdf.html |título=El Cangas asciende |xornal=Mundo Deportivo |data=25 de maio de 2009 |dataacceso=5 de febreiro de 2020 |lingua=es}}</ref>
 
Con todo, a nova etapa na Liga ASOBAL durou só unha tempada,<ref name="historia"/> tras quedar na última posición cun pobre rexistro de tres vitorias, un empate e vinte e seis derrotas para un total de sete puntos, once menos que o Lábaro Toledo, que conseguiu a permanencia logo de finalizar na 14ª posición. Deste xeito o equipo de Curro Lucena consumaba o segundo descenso da Liga Asobal do club cangués.<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2010/05/16/pagina-37/5620273/pdf.html |título=El Arrate cae derrotado en Torrevieja con un apretado final |xornal=Mundo Deportivo |data=16 de maio de 2010 |dataacceso=5 de febreiro de 2020 |lingua=es}}</ref>{{Harvnp|Cangas|2011|p=104}} Ese mesmo ano a base do club fixo historia ao conseguir o equipo Explotaciones Mineras del Morrazo o ascenso á [[Primeira División Nacional de Balonmán|Primeira División Nacional]] na fase de ascenso celebrada en [[Xixón]].{{Harvnp|Cangas|2011|p=109}}
 
Na campañatempada 2010-11, baixo a dirección de [[2011Víctor García Pillo]], o Frigoríficos do Morrazo finalizou na quinta posición na clasificación da División de Honra B, o que lle concedeu unha praza para disputar en [[Huesca]] a fase de ascenso para tentar regresar un ano despois á máxima categoría do balonmán español xunto co [[Octavio Pilotes Posada]], que conseguira o ascenso como campión da división de prata. A fase de ascenso contou coa presenza tamén do [[BM Huesca|Obearagón BM Huesca]], o [[Sociedad Cultural Deportivo Recreativa Anaitasuna|Helvetia Anaitasuna]] de [[Pamplona]] e a [[Pontevedra|pontevedresa]] [[Sociedade Deportiva Teucro]]. O conxunto do Morrazo enfrontouse nas semifinais ao equipo anfitrión, contra os que caeu derrotado na prórroga por 37-34.{{Harvnp|Cangas|2011|p=106}}<ref>{{Cita novas |url=https://www.marca.com/2011/05/28/balonmano/1306608598.html |título=El Obearagón Huesca y el Anaitasuna disputarán la final |xornal=[[2012Marca (xornal)|12Marca]] |data=28 de maio de 2011 |dataacceso=1 de agosto de 2020 |lingua=es}}</ref>
Na campaña 2011-12 conseguirían rematar terceiros na clasificación regular, o que lles deu acceso a xogar as eliminatorias polo ascenso, as cales non estiveron exentas de polémica, xa que un día antes da que se disputara a derradeira xornada de liga o Comité Español de Disciplina Deportiva decidiu que se lle devolveran os tres puntos que o Comité de Competición lle quitara ao equipo cangués por aliñamento indebido.<ref>{{Cita novas |url=https://www.marca.com/2012/05/26/balonmano/1338001709.html |título=Una fase de ascenso marcada por la polémica |nome=Jorge |apelidos=Dargel |xornal=[[Marca (xornal)|Marca]] |data=26 de maio de 2012 |dataacceso=21 de maio de 2020 |lingua=es}}</ref> Na fase de ascenso disputada en Cangas, os do Morrazo enfrontáronse na primeira rolda ao [[Agrupación Balonmano Gijón Jovellanos|Gijón Jovellanos]], ao que derrotaron por un axustado 21-20 nun partido que o cadro cangués puido ter sentenciado ao acumular unha vantaxe de catro goles no minuto 50.<ref>{{Cita novas |url=https://www.rtpa.es/noticias-deportes:El-Jovellanos-se-queda-sin-el-sueno-de-Asobal_111338058086.html |título=El Jovellanos se queda sin el sueño de Asobal |xornal=[[Radiotelevisión del Principado de Asturias|RTPA]].es |data=26 de maio de 2012 |dataacceso=21 de maio de 2020 |lingua=es}}</ref> Na final enfrontouse ao [[Club Balonmano Villa de Aranda|BM Villa de Aranda]], vencendo novamente (27-25) nun partido no que case sempre levou a dianteira e no que chegou a dominar cunha vantaxe de sete goles. Deste xeito o club cangués regresaba á máxima categoría do balonmán español, acompañando ao [[ARS Palma del Río|ARS Palma Naranja]] [[Provincia de Córdoba|cordobés]], que ascendera de xeito directo tras finalizar segundo a División de Honra Prata.<ref name="correo">{{Cita novas |url=https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/cangas-vuelve-asobal-OHCG748305 |título=El Cangas vuelve a la Asobal |xornal=[[El Correo Gallego]] |data=27 de maio de 2012 |dataacceso=21 de maio de 2020 |lingua=es}}</ref>{{refn|group=lower-alpha|O primeiro clasificado foi o filial do [[Fútbol Club Barcelona (balonmán)|FC Barcelona]],<ref name="correo"/> que non podía ascender ao ser o filial dun equipo da Liga Asobal.}}
 
==== Nova etapa na Liga ASOBAL ====