Xosé Manuel Rey: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 9:
En [[2002]] entrou como concelleiro en [[Ferrol]] grazas a unha substitución. Ao ano seguinte celebráronse [[Eleccións Municipais 2003 en Galicia|eleccións municipais]], e saíu elixido concelleiro polo Partido Popular. O alcalde, o tamén popular [[Juan Juncal]], encargoulle as áreas de Facenda, Patrimonio, Emprego e Mocidade. En [[Eleccións Municipais 2003 en Galicia|2007]] saíu reelixido concelleiro, se ben a súa formación pasou á oposición, e en [[Eleccións Municipais 2011 en Galicia|2011]] converteuse no cabeza de lista dos populares. Nesa posición conseguiu vencer as eleccións, con 14.974 votos (43,74 %) e 13 concelleiros, o que lle deu a maioría absoluta por só un concelleiro.
 
Tamén é presidente do [[Partido Popular]] de Ferrol e vicesecretario xeral do [[Partido Popular de Galicia]] no equipo de [[Alberto Núñez Feijóo]]. En novembro de [[2011]] foi elixido presidente da [[Fegamp]]. En outubro de 2015 foi nomeado Conselleiro de Política Social<ref>[http://praza.gal/politica/10276/nunez-feijoo-destitue-a-rocio-mosquera-nunha-ampla-reestruturacion-do-seu-goberno/ Núñez Feijóo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno], artigo en ''[[Praza Pública]]'', 4 de outubro de 2015.</ref>.
 
{{Start box}}