Club Balonmán Cangas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
→‎Xogadores destacados: Finalizo sección.
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 146:
Dous destacados xogadores españois pasaron tamén polo equipo do Morrazo: [[Rubén Garabaya]] e [[Antonio Ugalde]]. Garabaya chegou a Cangas en 1999 e disputou dúas tempadas no equipo, o pivote [[Avilés|avilesino]] xogaría posteriormente no BM Valladolid, [[Fútbol Club Barcelona (balonmán)|FC Barcelona]] e [[Club Balonmano Ciudad de Logroño|Naturhouse La Rioja]], e coa [[Selección de balonmán de España|selección española]] proclamouse campión do mundo en 2005 e sumo un bronce, así como unha prata europea. Ugalde xogou no equipo do Morrazo en dúas etapas, entre 2003 e 2005 e entre 2009 e 2011, o extremo esquerdo e primeira liña catalán conseguiu un subcampionato de Europa e un bronce nos [[Xogos Olímpicos de 2000]] celebrados en [[Sidney]], [[Australia]].<ref name="estrellas"/>
 
Outros xogadores destacados pola súa longa traxectoria no cadro cangués son Fernando Eijo, que xogou 11 tempadas no equipo antes da súa retirada do balonmán; o campión do mundo júnior con España Tomás Fontán, que disputou 14 tempadas ata que en 2011 retirouse por problemas físicos;<ref name="estrellas"/> [[Suso Soliño]], o extremo dereito nado en Cangas prolongou no verán de 2019 a súa vinculación ao club, converténdose a tempada 2019-20 na súa 26ª tempada no club.<ref>{{Cita web |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100205181949/http://www.balonmancangas.com/plantiilla0910/plantilla/susosolino.html |título=Jesús Soliño García |editorial=Club Balonmán Cangas |dataacceso=1 de agosto de 2020 |lingua=es |url=http://www.balonmancangas.com/plantiilla0910/plantilla/susosolino.html |dataarquivo=15 de setembro de 2009}}</ref><ref>{{Cita web |url=https://asobal.es/equipos_jugador.estadisticas.php?id=15&id_jugador=9346 |título=Jesús Soliño García |editorial=Liga ASOBAL |dataacceso=1 de agosto de 2020 |lingua=es}}</ref> Un xogador que deixou unha fonda pegada no club foi o [[Vigo|vigués]] [[José Manuel Martínez Enseñat]], quen chegou a Cangas cando comezaba a febre polo balonmán e retirouse prematuramente en 1992 a causa dun [[cancro de pulmón]] que poría fin á súa vida en 2001.<ref>{{Cita web |url=http://www.balonmancangas.com/noticias.php?id=58 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20191011233512/http://www.balonmancangas.com/noticias.php?id=58 |título=15 años sin José Manuel Martínez Enseñat |editorial=Club Balonmán Cangas |dataacceso=1 de agosto de 2020 |dataarquivo=11 de outobro de 2019 |lingua=es}}</ref>
 
== Palmarés ==