Club Balonmán Cangas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
→‎Xogadores destacados: Finalizo sección.
Liña 140:
=== Xogadores destacados ===
[[Ficheiro:Venio Losert 05.jpg|miniatura|O porteiro croata [[Venio Losert]] vestiu unha tempada a camisola do Balonmán Cangas na tempada debut do equipo galego en competición europea.]]
En 1977 chegou o primeiro xogador estranxeiro ao club morracense. Tratábase do [[Iugoslavia|iugoslavo]] Bozidar.{{Harvnp|Cangas|2011|p=40}} Outro xogador [[Balcáns|balcánico]] destacado do club é [[Alen Muratović]], o xogador [[Montenegro|montenegrino]] despuntou en Cangas, axudando ao equipo a clasificarse por primeira vez para unha competición europea (a [[Copa EHF]]), posteriormente defendeu as cores do [[BM Valladolid]] e do [[SG Flensburg-Handewitt]] [[Alemaña|alemán]], tras catro anos lonxe das pistas e instalado en Cangas, Muratović volveu ao balonmán en activo.<ref name="estrellas"/>
 
Entre os xogadores máis destacados pola súa traxectoria internacional que vestiron a camisola do Balonmán Cangas cómpre salientar ao porteiro internacional [[Selección de balonmán de Croacia|croata]] [[Venio Losert]], quen xogou tan só a tempada 2005-06 co equipo galego e que se proclamou campión do mundo nunha ocasión e campión olímpico en dúas ocasións, tengo colleitado tamén un bronce olímpico e tres subcampionatos do mudo.<ref>{{Cita web |url=http://www.eurohandball.com/ec/cl/men/2014-15/player/500096/Venio+Losert |título=Venio Losert |editorial=eurohandball.com |dataacceso=12 de outubro de 2019 |lingua=en }}{{Ligazón morta|data=xullo de 2020 }}</ref><ref>{{Cita web |url=https://www.sports-reference.com/olympics/athletes/lo/venio-losert-1.html |título=Venio Losert |editorial=sports-reference.com |dataacceso=12 de outubro de 2019 |lingua=en |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20121020035644/http://www.sports-reference.com/olympics/athletes/lo/venio-losert-1.html |dataarquivo=20 de outubro de 2012 |urlmorta=si }}</ref><ref name="estrellas">{{Cita web |url=http://www.balonmancangas.com/historia/jugadores.php |título=Grandes estrellas que jugaron en Cangas |editorial=Club Balonmán Cangas |dataacceso=12 de outubro de 2019 |lingua=es |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20191011233441/http://www.balonmancangas.com/historia/jugadores.php |dataarquivo=11 de outubro de 2019 |urlmorta=si }}</ref> Tamén salientar ao porteiro [[Selección de balonmán de Dinamarca|dinamarqués]] [[Kasper Hvidt]], que chegou ao club con 18 anos e que coa súa selección gañou unha medalla de bronce mundial, así como dous bronces e un ouro europeos.<ref name="estrellas"/> Outro porteiro destacado que defendeu a portaría do Cangas foi o francés [[Bruno Martini]], que xogou no cadro cangués na tempada 1998-99, logo de proclamarse campión do mundo coa súa [[Selección de balonmán de Francia|selección nacional]] en 1995, logro que repetiría en 2011.<ref name="estrellas"/>
 
Dous destacados xogadores españois pasaron tamén polo equipo do Morrazo: [[Rubén Garabaya]] e [[Antonio Ugalde]]. Garabaya chegou a Cangas en 1999 e disputou dúas tempadas no equipo, o pivote [[Avilés|avilesino]] xogaría posteriormente no BM Valladolid, [[Fútbol Club Barcelona (balonmán)|FC Barcelona]] e [[Club Balonmano Ciudad de Logroño|Naturhouse La Rioja]], e coa [[Selección de balonmán de España|selección española]] proclamouse campión do mundo en 2005 e sumo un bronce, así como unha prata europea. Ugalde xogou no equipo do Morrazo en dúas etapas, entre 2003 e 2005 e entre 2009 e 2011, o extremo esquerdo e primeira liña catalán conseguiu un subcampionato de Europa e un bronce nos [[Xogos Olímpicos de 2000]] celebrados en [[Sidney]], [[Australia]].<ref name="estrellas"/>
 
Outros xogadores destacados pola súa longa traxectoria no cadro cangués son Fernando Eijo, que xogou 11 tempadas no equipo antes da súa retirada do balonmán; o campión do mundo júnior con España Tomás Fontán, que disputou 14 tempadas ata que en 2011 retirouse por problemas físicos;<ref name="estrellas"/> [[Suso Soliño]], o extremo dereito nado en Cangas prolongou no verán de 2019 a súa vinculación ao club, converténdose a tempada 2019-20 na súa 26ª tempada no club.<ref>{{Cita web |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100205181949/http://www.balonmancangas.com/plantiilla0910/plantilla/susosolino.html |título=Jesús Soliño García |editorial=Club Balonmán Cangas |dataacceso=1 de agosto de 2020 |lingua=es |url=http://www.balonmancangas.com/plantiilla0910/plantilla/susosolino.html |dataarquivo=15 de setembro de 2009}}</ref><ref>{{Cita web |url=https://asobal.es/equipos_jugador.estadisticas.php?id=15&id_jugador=9346 |título=Jesús Soliño García |editorial=Liga ASOBAL |dataacceso=1 de agosto de 2020 |lingua=es}}</ref> Un xogador que deixou unha fonda pegada no club foi o [[Vigo|vigués]] [[José Manuel Martínez Enseñat]], quen chegou a Cangas cando comezaba a febre polo balonmán e retirouse prematuramente en 1992 a causa dun [[cancro de pulmón]] que poría fin á súa vida en 2001.<ref>{{Cita web |url=http://www.balonmancangas.com/noticias.php?id=58 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20191011233512/http://www.balonmancangas.com/noticias.php?id=58 |título=15 años sin José Manuel Martínez Enseñat |editorial=Club Balonmán Cangas |dataacceso=1 de agosto de 2020 |lingua=es}}</ref>
 
== Palmarés ==