Club Balonmán Cangas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 6 fontes e etiquetando 3 como mortas.) #IABot (v2.0.1
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 73:
A tempada 1993-94 comezou coa inauguración do Pavillón Municipal do Gatañal o 18 de setembro, pavillón onde xoga dende ese ano os seus partidos como local.<ref name=historia/>{{Harvnp|Cangas|2011|p=68}} Esa tempada finaliza a liga na segunda posición por detrás do [[Club Balonmano Ademar León|Ademar León]], o que lle permitiu disputar a fase de ascenso á máxima categoría do balonmán español, a [[Liga ASOBAL]], que se disputou en dous grupos, un en [[Pamplona]] e o outro en [[Granada]]. O Cangas quedou encadrado no grupo de Pamplona, mais o equipo non puido conseguir o ascenso logo de perder fronte a Ademar León e Toledo no Pavillón Anaitasuna da capital [[Navarra|navarra]], ao que se achegaron máis de 200 persoas para animar ao equipo cangués.{{Harvnp|Cangas|2011|p=69-70}}
 
==== PrimeiroPrimeira ascensoetapa ána Liga ASOBAL ====
[[Ficheiro:Suso Soliño.JPG|miniatura|[[Suso Soliño]] en [[2013]]. O xogador cangués debutou co equipo en [[1994]] e mantíñase en activo no mesmo durante a tempada 2019-20.]]
Na tempada 1994-95, o equipo reforzouse coas fichaxes de Oleg Prekrostov (porteiro), Zico Petricevic, Rafa Dasilva, Abel González (que se convertería no máximo goleador da tempada) e Adolfo Martínez. Logo de finalizar a liga regular na terceira posición por detrás de [[BM Barakaldo|Barakaldo]] e [[SDC San Antonio (balonmán)|San Antonio]] cun rexistro de 22 vitorias, 1 empate e 7 derrotas, o equipo consegue clasificarse de novo para unha fase de ascenso á Liga ASOBAL, que debía disputar a dobre partido fronte a Ademar León. No primeiro partido, disputado en terras galegas, os do Morrazo impuxéronse por 26-22 aos leoneses, e no partido de volta aproveitaron a renda de catro goles, caendo por 20-17 en [[León, España|León]] nun pavillón no que se congregaron máis de 2&nbsp;000 persoas que se desprazaron en 18 autobuses e coches particulares dende Galicia. Deste xeito o Balonmán Cangas acadaba por primeira vez o ascenso á [[Liga ASOBAL]].{{Harvnp|Cangas|2011|p=71-74}}<ref>{{Cita web |url=http://www.hispaligas.net/Balonmano/94-95%20Division%20de%20Honor%20B.html |título=División de Honor 'B' 1994/95 |editorial=hispaligas.net |dataacceso=10 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref> Ao seu regreso en Cangas, o equipo foi recibido por máis de 6&nbsp;000 persoas que se congregaron baixo a choiva para ver o saúdo do equipo dende o balcón da casa do concello.{{Harvnp|Cangas|2011|p=78-79}} Dende ese ano o equipo permaneceu 11 tempadas na máxima categoría,<ref name="historia"/>
Liña 89:
Alejandro López dirixiu tamén ao equipo na [[Liga ASOBAL 2001/02|tempada 2001-02]],{{Harvnp|Cangas|2011|p=90}} na que o número de participantes ampliouse ata os 16. O Cangas comezou a Liga ASOBAL enfrontándose ao [[Portland San Antonio]] en [[Pamplona]], caendo por 27-20.<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2001/09/23/pagina-47/1482216/pdf.html |título=El Barça gana sin brillo al Barakaldo en el Palau |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=23 de setembro de 2001 |dataacceso=11 de outubro de 2019 |lingua=es}}</ref> O equipo finalizou a tempada novamente na 13ª posición, conseguindo deste xeito a permanencia cun rexistro de 9 vitorias, 2 empates e 19 derrotas para un total de 20 puntos.<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2002/05/12/pagina-39/491419/pdf.html |título=Despedida agridulce |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=12 de maio de 2002 |dataacceso=12 de outubro de 2019 |lingua=es}}</ref> Os mesmos puntos conseguiron os do Morrazo na [[Liga ASOBAL 2002/03|tempada seguinte]], cun rexistro de 6 vitorias, 8 empates e 16 derrotas, mellorando a súa posición na táboa final da Liga ASOBAL, ao accader a 12ª posición por diante do histórico [[Club Deportivo Bidasoa]] de [[Irún]].<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2003/05/26/pagina-43/535415/pdf.html |título=Ademar acaba 3º y con plaza europea |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=26 de maio de 2003 |dataacceso=12 de outubro de 2019 |lingua=es}}</ref>
 
Ata o seu descenso á [[División de Honra Prata de balonmán|División de Honra Prata]] na tempada [[2005]]-[[2006|06]], o que significou o primeiro descenso de categoría na historia do club, no ano que se estreou na segunda competición europea en importancia, a [[Copa EHF]], logo de ser finalizado a tempada anterior na 8ª posición da liga,<ref name="historia"/> logo de que Ademar León fora invitado pola [[EHF]] a disputar a [[EHF Copa de Europa|Liga de Campións]].<ref name="marca"/> Os do Morrazo enfrontáronse na terceira ronda da competición ao [[Viborg HK]] [[Dinamarca|dinamarqués]], fronte ao que caeu por un marcador total de 59 a 49.<ref>{{Cita web |url=http://www.eurohandball.com/ec/ehfc/men/2005-06/round/3/Round+3 |título=2005/06 Men's EHF Cup ROUND 3 |editorial=[[EHF]] |dataacceso=8 de setembro de 2019 |lingua=en }}{{Ligazón morta|data=xullo de 2020 }}</ref> O debut europeo do Cangas tivo lugar no [[Viborg Stadionhal]] o 5 de novembro de 2005 nun mal momento para o equipo, que en liga acumulaba sete vitorias e tan só unha vitoria.<ref>{{Cita novas |url=https://www.farodevigo.es/deportes/2441/frigorificos-debuta-europa-viborg/28325.html |título=El Frigoríficos debuta en Europa ante el Viborg |nome=César |apelidos=Collarte |xornal=[[Faro de Vigo]] |data=5 de novembro de 2005 |dataacceso=8 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref> No seu primeiro partido en competición europea os cangueses caeron por 32-20,<ref>{{Cita novas |url=https://www.elperiodicodearagon.com/noticias/deportes/alcobendas-estrena-asobal_212909.html |título=El Alcobendas se estrena en la Asobal |xornal=El Periódico de Aragón |data=6 de novembro de 2005 |dataacceso=9 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref> a desvantaxe de 12 goles fíxose insalvable para os cangueses, que caeron eliminados malia a vitoria en Cangas por 29 goles a 27 no que foi o primeiro partido dunha competición europea celebrado na localidade e no que 2&nbsp;500 persoas déronse cita no Gatañal.<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2005/11/14/pagina-47/733060/pdf.html |título=El Frigoríficos Morrazo se despide pese a ganar |xornal=[[Mundo Deportivo]] |data=14 de novembro de 2005 |dataacceso=10 de setembro de 2019 |lingua=es}}</ref>
 
==== Descensos á División de Honra Prata ====