Sestao River Club: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
O Sestao River Club é un novo club con pouco máis de 10 anos de historia, con todo recolle o legado do histórico [[Sestao Sport Club]], desaparecido no verán de [[1996]] por problemas económicos.
 
Tras a disolución do club sestaotarra fundouse un novo club na localidade de [[Sestao]] con vocación de continuar a tradición do ''vello Sestao''. Os mesmos cores, o mesmo terreo de xogo, un escudo practicamente igual e a mesma inchada, unicamente cambiou de forma lixeira o nome do club xa que o ''novo Sestao'' denominouse '''Sestao River Club''' no canto de Sport Club, institucionalizando no nome do novo club, o alcume de ''River'' que posuía o ''vello Sestao''. Este alcume vénlle ao Sestao por que na tempada 1954-55 lograr o primeiro ascenso a [[Segunda división española|Segunda]], e ese ano arrasoarrasou nona seusúa categoría, e casualmente veu a [[Europa]] o [[River Plate]] da [[Arxentina]],que fixo unha xira arrasando e por iso se lle empezo a chamar ao Sestao "River".
 
Tras comezar a súa andaina nas categorías inferiores do fútbol rexional biscaíño e obter tres ascensos consecutivos, o Sestao alcanzou a [[Terceira división española|Terceira División]] en [[1999]]. Cinco anos mantívose nesta categoría, sempre na parte alta da táboa, ata obter o seu primeiro ascenso á [[Segunda división B española|Segunda División B]] en [[2004]]. Perdeu a categoría na tempada do seu debut, pero en [[2006]] volveu lograr o ascenso a [[Segunda división B española|Segunda B]]. Actualmente milita nesta categoría.